Miranda de Ebro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: sv:Miranda de Ebro
Sen resumo de edición
Liña 43: Liña 43:
{{commons|Miranda de Ebro}}
{{commons|Miranda de Ebro}}


[[Category:Cidades de España]]
[[Category:Concellos de Castela e León]]
[[Category:Concellos de Castela e León]]
[[Category:Lista de concellos de Burgos|Miranda de Ebro]]
[[Category:Lista de concellos de Burgos|Miranda de Ebro]]

Revisión como estaba o 26 de xullo de 2007 ás 16:18

Escudo de Miranda de Ebro
Escudo de Miranda de Ebro

Miranda de Ebro é un concello e unha cidade da provincia de Burgos, pertencente á Comarca do Ebro en Castela e León, España. Sitúase no Norleste da provincia, moi próxima ás lindes con Álava e A Rioxa. Ten unha extensión de 101,39 km² e unha poboación de 38.276 habitantes (INE 2006).

É a segunda localidade máis poboada da provincia tras a capital, goza de notábel carácter industrial, sendo un importante nó de comunicacións, nomeadamente ferroviario. Nun radio de tan só 80 km de Miranda atopamos as cidades de Bilbao, Burgos, Logroño e Vitoria.

Xeografía

Miranda de Ebro encóntrase sita na submeseta castelá norte, a 471 m de altitude sobre o nivel do mar, e con as coordenadas seguintes: latitude: 42º 41' 6" N, lonxitude: 2º 55' 60" W. A chaira onde se asenta a cidade está cercada por unha serie de alturas que pertencen aos Montes Obarenes, con saída no Oeste a través do Paso de Pancorbo; o paso de Conchas de Haro ao Sureste en direcció á Rioxa; e o defiladeiro de La Puebla de Arganzón no Norleste en dirección para o País Vasco.

Economía

Miranda destaca polo seu sector secundario. A revolución industrial comezou a súa expansión con a chegada do ferrocarril en 1862. Durante a primeira metade do século XX asentáronse na cidade unha industria zucreira (1925) e anos máis tarde FEFASA (1948), dedicada a producción de fibra artificial, e posteriormente a papeleira ENCE. A mediados do século proliferaron as industrias químicas como Montefibre, ELF-Atochen, Rests, etc.

En 1981 creouse o parque industrial. Na zona de influencia mirandesa instaláronse compañías agro-alimentarias, aeronáuticas, metalúrxicas, etc.. Tamén industrias da enerxía como a central nuclear de Santa Maria de Garoña.

Lugares de interese

Edificacións civís

  • Pazo do Concello: O edificio actual érguese na Praza de España desde 1778. É obra neoclásica de Francisco Alejo de Aranguren, sob revisión de Ventura Rodríguez.
  • Casas Nobres: Varios pazos urbanos salientan no casco vello de Miranda. Destacan a Casa de las Cadenas, construída no século XVI. Nela hospedáranse Napoleón e Fernando VII, que en 1828 mandou colocar unhas cadeas como lembranza da súa estadía. Outro edificio saliente é a Casa dos Urbina, tamén do século XVI, con destaque para os seus cubos defensivos. Albergou a Filipe IV, de paso para Franza, e Margarida de Saboia, vicerraiña de Portugal, que faleceu en 1655 neste edificio.
  • Estación de Ferrocarril: Construída no 1862 polo arquitecto inglés Charles Vignoles, sendo unha das estacións máis antigas do Norte de España. Nela conflúen as liñas Madrid-Irún e Castejón-Bilbao.
  • Teatro Apolo: Singular edificio construído en 1920, polo arquitecto rioxano Fermín Álamo. Destaca a decoración historicista como mostran os bustos erixidos nas xanelas e a ornamentación vexetal.
  • Ruínas do castelo: Tan só se conservan algunhas murallas. Foi construído no século XIV polo conde Don Tello, manténdose en uso ata as Guerras Carlistas. A comezos do século XX foi derrocado.
  • A Picota: Esculpido en 1569 polo mestre local maese Miguel de Aguirre, trátase do "rollo" ou "pelouriño" da antiga vila, símbolo do seu poder xudiciario.

Edificacións relixiosas

  • Igrexa do Espírito Santo: Antes coñecido como de "San Nicolás". É en orixe un templo de natureza románica, xa mencionado no Foral de Miranda de 1099. A portada e a ábside son do século XIII e a súa pequena nave gótica do século XVI. Durante a guerra civil sufríu importantes danos, pasando a denominarse do Espírito Santo logo da súa restauración.
  • Igrexa de Santa María: Construída no XV, con estilo entre renacentista e gótico tardío. No seu interior descansa o corpo momificado do Chantre.
  • Igrexa dos Sagrados Corazóns: Sita no antigo Convento de San Francisco, o templo foi construido no século XVI. Destaca a súa espectacular espadaina de estilo barroco, erguida en 1693.

Fillos ilustres

  1. Íñigo López de Mendoza y Zúñiga (1498-1537): cardeal;
  2. Pedro López de Gámiz (1528-1588): escultor;
  3. Íñigo de Velandia Arce y Arellano (s. XVII): vicerrei de Navarra
  4. Francisco Cantera Burgos (1901-1978): humanista, hebraísta e historiador