Literatura en lingua inglesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 91: Liña 91:


== Literatura inglesa medieval ==
== Literatura inglesa medieval ==

Durante este período de [[tempo]] ten lugar en [[Inglaterra]] un importante acontecemento que cambiará a traxectoria do pobo [[inglés]]: [[William I]] o Conquistador, procedente de [[Francia]], convértese no novo [[rei]] de Inglaterra a partir do [[século XI]]. William invadíu Inglaterra dende [[Normandía]], levando á súa [[armada]] á [[victoria]] na [[Batalla de Hastings]] en [[1066]]. A conquista normanda de Inglaterra trae como consecuencia un punto e a parte na evolución da [[lingua]] do [[país]], un parón na produción literaria do inglés e un período de desprestixio social e decadencia deste [[idioma]]. Ocasionou unha situación de [[diglosia]] na [[sociedade]] inglesa da época que contribuíu á separación das clases sociais: mentras o [[rei]] e a [[nobreza]] falaban [[francés]], os membros da [[Igrexa]] empregaban [[latín]] e a xente pertencente aos estamentos máis baixos da sociedade falaban "a vernácula" (inglés).
A diglosia foi o factor que provocou o progresivo proceso de [[crioulización]] que o inglés sufríu co francés e en menor medida co latín dende a [[Idade Media]]. A palabras de orixe [[xermánico]] propias do anglosaxón orixinal como o adxectivo ''"kingly"'' (monárquico) ou o verbo ''"to ask"'' (preguntar) foron incorporados sinónimos franceses como ''"royal"'' e ''"to question"'' ou latinos como ''"monarchical"'' e ''"to interrogate"'' respectivamente.

Durante a alta [[Idade Media]] houbo escasa produción literaria en inglés debido á súa negativa situación sociolingüística. Só a partir do [[século XIII]] é cando hai unha progresiva recuperación literaria do inglés que sería o preludio do xurdimento do [[nacionalismo inglés]] a partir do [[século XIV]].

=== Prosa ===

The Domesday Book

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2007 ás 22:01

O termo literatura inglesa refírese á literatura escrita en lingua inglesa, incluíndo a literatura composta en inglés por escritores non necesariamente nacidos en Inglaterra; Joseph Conrad era polaco, Robert Burns era escocés, James Joyce era irlandés, Dylan Thomas era galés, Edgar Allan Poe era estadounidense, Salman Rushdie é indio, V.S. Naipaul é trinitense. Noutras palabras, a literatura inglesa é tan diversa como as variedades e dialectos do inglés falado por todo o mundo.

Dende un punto de vista académico, o termo a miúdo fai referenza a departamentos, materias e programas vencellados a estudos de inglés nos sistemas educacionais secundarios e terciarios.

Literatura anglosaxoa

Os primeiros traballos en inglés datan do século V d.C e foron escritos nos diferentes dialectos anglosaxóns: os dialectos anglos de Mercia e Nortumbria e os dialectos saxóns de Wessex e Kent, actualmente coñecidos como Old English (inglés antigo). A tradición oral era o método de transmisión literaria nas sociedades anglosaxoas, cumprindo unha importante función a figura do "scope" ou poeta que, cultivados no coñecemento da historia e a lei, viaxaban dunha tribo a outra transmitindo cancións, lendas, poemas e outro tipo de informacións. A súa función social máis importante era a de perpetuaren valores heroicos como a lealtade, a forza ou a coraxe a través das súas composicións literarias.

Principalmente foron cultivados catro xéneros: a poesía épica, a poesía elexíaca, a poesía gnómica (máximas e adiviñanzas) e en menor medida a prosa por mor de ser o latín a lingua oficial da igrexa. Os catro xéneros forman parte do rico corpus da literatura anglosaxoa que se agrupa en catro manuscritos principais:

Os primeiros textos escritos en inglés antigo encontrámolos non en manuscritos senón gravados na pedra. Trátanse de pequenas inscripcións, empregando o alfabeto rúnico, sen intencións literarias. O alfabeto latino foi introducido polos primeiros misioneiros cristiáns chegados de Roma e canda el o cultivo literario do inglés. Coa chegada dos primeiros cristiáns e trala súa aceptación por parte dos líderes anglo-saxóns comezan a ser construídos por toda Inglaterra igrexas e mosteiros (século VII). Neles, estes primeiros cristiáns serán os encargados de perpetuaren en manuscritos a rica literatura oral anglo-saxona, na meirande parte das veces incorporando aos textos simboloxía cristiá e alusións ao cristianismo coa fin de predicaren a súa doutrina.

Dentro da poesía épica destaca o poema coñecido, que non titulado, como Beowulf. Trátase do primeiro poema épico escrito nun dialecto anglo por volta do século VI ou VII nalgunha corte cristiá ou mosteiro de Mercia ou Nortumbria. A autoría do texto é anónima. Só se especula coa posibilidade de que o autor fose probablemente un cristián debido ás numerosas alusións relixiosas que se atopan no texto. O tema principal está centrado na figura de Beowulf, clásico heroe xermánico, que derrota dous inimigos mortais: Grendel e a súa nai. Beowulf é finalmente derrotado por un dragón e o poema remata traxicamente. O texto está escrito dende un punto de vista documental. Esta composición poética recolle simbolicamente a batalla entre os anglosaxóns e os viquingos no ano 991. Beowulf representa o pobo anglosaxón loitando honorablemente ata o derradeiro momento.

Exemplo dun fragmento de texto tirado do poema "Beowulf":

Him þa ellenrof andswarode,

wlanc Wedera leod word aefter spraec,
heard under helme: 'We synt Higelaces
beodgeneatas; Beowulf is min nama.
Wille Ic asecgan sunu Healfdenes,
maerum þeodne, min aerende,
aldre þinum, gif he us geunnan wile
þaet we hine swa godne gretan moton.'

Wulfgar maþelode -þaet waes Wendla leod;

waes his modsefa manegum gecyðed,
wig ond wisdom: 'Ic þaes wine Deniga,
frean Scildinga, frinan wille,
beaga bryttan, swa þu bena eart,
þeoden maerne, ymb þinne sið,
ond þe þa andsware aedre gecyðan
ðe me se goda agifan þenceð.'

"Beowulf", dende a liña 340 á liña 355

A poesía épica e elexíaca anglosaxoa constitúese formalmente a través da liña anglosaxoa e o verso aliterativo. A liña anglosaxoa consiste na división da liña en dúas metades separadas por unha cesura ou pausa e o verso aliterativo consiste na repetición de sons consoánticos nas sílabas semanticamente máis importantes da liña. Esta estrutura dálle unidade a cada liña, dálle ritmo ao poema e faino máis sinxelo de lembrar, tendo en conta que esta literatura se transmitía de maneira oral. A meirande parte dos textos son anónimos e, malia a súa temperá produción, a literatura anglosaxoa presenta unha ampla riqueza estilística. Destacan entre estes recursos os "kenningar" (sing. "kenning") consistentes en locucións poéticas compostas que substitúen o nome usual dunha persoa ou dun obxecto.

Exemplo dun kenning no poema elexíaco "The Wanderer" (O Errante)

Orixinal anglosaxón:

Swa cwaeð eardstapa, earfeþa gemyndig,
wraþra waelsleathta, winemaega hryre:

Tradución para galego:

Así falou o errante, mente chea de sufrimentos,
das crueis batallas, as mortes dos familiares:

Liñas 5 e 6 de "The Wanderer"

A unión da palabra "eard / earth" (terra) con "stapa / stepper" (o que pasea) forma un kenning que alude ao título do poema.

Canda á poesía épica é a poesía elexíaca o outro xénero literario máis cultivado durante o período anglosaxón. A poesía elexíaca anglosaxoa expón a filosofía fatalista da súa civilización. O ton dos poemas acada un nivel altamente melancólico resaltando sentimentos como a soidade, o abandono, a inseguridade, o exilio e o sufrimento. O patrón tende a ser sempre o mesmo: a voz lírica lamenta a desaparición dun glorioso pasado e adopta unha postura de resignación. Resultan poemas moi persoais nos que se afonda nos sentimentos dos personaxes.

Entre os poemas elexíacos anglosaxóns cabe destacar os seguintes que se encontran no Libro de Éxeter:

  • 1º "The Wanderer" (O errante). Trátase dun poema de soidade, exilio e sufrimento no que atopamos a figura dun home solitario que perdeu a protección do seu Lord. O poema remata cun parágrafo onde se expón unha filosofía de vida cristiá que dá solución aos problemas do protagonista. Probablemente este derradeiro parágrafo do poema foi introducido polo escritor anónimo cristián e non estaría presente na versión oral orixinal do poema.
  • 2º "The Seafarer" (O mariñeiro). Consiste nun monólogo que relata os sentimentos dun vello guerreiro e mariñeiro anglosaxón. A voz lírica expón dun xeito moi dramático os seus sufrimentos no mar e contrástaos cos praceres da vida na terra. Este monumento literario á lingua inglesa é o máis evocador dos poemas curtos escritos en inglés antigo.
  • 3º "The Deor's Lament" (O lamento de Deor). A voz lírica comeza nomeando varios heroes de orixes xermánicas e relata os seus problemas e o seu sufrimento. Logo desta introdución comeza a relatar a súa propia historia. Deor era un exitoso poeta que foi remprazado polo outro e lamenta a perda desta posición social privilexiada.

Exemplo de poema elexíaco anglosaxón "The Seafarer":

Maeg Ic be me syfum soðgied wrecam,

siþas secgan, hu Ic geswincdagum
earfoðhwile oft þrowade. Brite breostceare gebiden haebbe, gecunnad in ceole cearselda fela, atol yþa gewealc, þaer mec oft bigeat nearo nihtwaco aet nacan stefnan þonne he be clifum cnossað.

Calde geþrungen

waeron mine fet, forste gebunden caldum clommum, þaer þa ceare seofedun hat ymb heortan. Hungor innan slat merewerges mod. þaet se mon ne wat þe him on foldan faergrost limpeð:

Liñas 1 a 13 de "The Seafarer".

Finalmente, con respecto á prosa, en inglés antigo non se escribíu moita por mor de ser o latín a lingua oficial da igrexa. Cabe facer mención á Crónica Anglosaxoa (Anglo-Saxon Chronicle) escrita polo rey Alfred the Great (o Grande) e o seu círculo de eruditos. Este códice consiste nun arquivo anual dos acontecementos históricos e culturais máis importantes de Inglaterra dende a antigüidade ata o seus propios días. Data do século IX e, analizando o dialecto empregado para a narración, pénsase que foi escrito en Wessex.

Literatura inglesa medieval

Durante este período de tempo ten lugar en Inglaterra un importante acontecemento que cambiará a traxectoria do pobo inglés: William I o Conquistador, procedente de Francia, convértese no novo rei de Inglaterra a partir do século XI. William invadíu Inglaterra dende Normandía, levando á súa armada á victoria na Batalla de Hastings en 1066. A conquista normanda de Inglaterra trae como consecuencia un punto e a parte na evolución da lingua do país, un parón na produción literaria do inglés e un período de desprestixio social e decadencia deste idioma. Ocasionou unha situación de diglosia na sociedade inglesa da época que contribuíu á separación das clases sociais: mentras o rei e a nobreza falaban francés, os membros da Igrexa empregaban latín e a xente pertencente aos estamentos máis baixos da sociedade falaban "a vernácula" (inglés). A diglosia foi o factor que provocou o progresivo proceso de crioulización que o inglés sufríu co francés e en menor medida co latín dende a Idade Media. A palabras de orixe xermánico propias do anglosaxón orixinal como o adxectivo "kingly" (monárquico) ou o verbo "to ask" (preguntar) foron incorporados sinónimos franceses como "royal" e "to question" ou latinos como "monarchical" e "to interrogate" respectivamente.

Durante a alta Idade Media houbo escasa produción literaria en inglés debido á súa negativa situación sociolingüística. Só a partir do século XIII é cando hai unha progresiva recuperación literaria do inglés que sería o preludio do xurdimento do nacionalismo inglés a partir do século XIV.

Prosa

The Domesday Book