Guerra civil catalá: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Desenvolvemento da guerra: Luís XI de Francia
Liña 45: Liña 45:
Henrique IV acepta o ofrecemento ante a división da nobreza. As tropas casteláns dirixidas por Xoán de Beamonte obrigan a erguer o asedio de [[Barcelona]] pero Juan II emprega as división da nobreza castelán que rematará forzando a Henrique, polo [[Tratado de Baiona]] e con [[Luís XI de Francia|Luís XI]] de árbitro, ao renunciar ao Principado e, en compensación, entregaráselle a cidade de [[Estella]]. Xoán II renuncia as rendas que lle correspondían en [[Castela]]
Henrique IV acepta o ofrecemento ante a división da nobreza. As tropas casteláns dirixidas por Xoán de Beamonte obrigan a erguer o asedio de [[Barcelona]] pero Juan II emprega as división da nobreza castelán que rematará forzando a Henrique, polo [[Tratado de Baiona]] e con [[Luís XI de Francia|Luís XI]] de árbitro, ao renunciar ao Principado e, en compensación, entregaráselle a cidade de [[Estella]]. Xoán II renuncia as rendas que lle correspondían en [[Castela]]


En [[1464]], tras o fracaso co monarca castelán, ofrécese a coroa a [[Pedro de Portugal]], neto de [[Xaime II de Urxel]] que, dadas as súas limitacións, alíase co [[duque de Borgoña]], inimigo de Lois XI.
En [[1464]], tras o fracaso co monarca castelán, ofrécese a coroa a [[Pedro de Portugal]], neto de [[Xaime II de Urxel]] que, dadas as súas limitacións, alíase co [[duque de Borgoña]], inimigo de Luís XI.


Aragoneses, valencianos e mallorquinos, mentres tanto, prestan o seu apoio a Xoán II, ademais dos da Busca e os remensas, e algúns nobres e clérigos. Bernat Saportella, deputado do Principado de [[Cataluña]] ponse xunto ao rei co que a Deputación lle permitirá a legalización da súa situación.
Aragoneses, valencianos e mallorquinos, mentres tanto, prestan o seu apoio a Xoán II, ademais dos da Busca e os remensas, e algúns nobres e clérigos. Bernat Saportella, deputado do Principado de [[Cataluña]] ponse xunto ao rei co que a Deputación lle permitirá a legalización da súa situación.

Revisión como estaba o 11 de abril de 2017 ás 13:47

A guerra civil catalá (1462-1472) é o enfrontamento armado entre Xoán II de Aragón e as institucións catalás (Deputación do Xeral e Consello de Ciento) por ter o control político. A morte de Carlos de Viana -protexido de Cataluña e enfrontando co seu pai Xoán II- será a escusa para formalizar o inicio dunha contenda que, de feito, víñase agardando dende o seu predecesor Afonso o Magnánimo.

Con todo, a guerra é o resultado dunha controversia política entre a monarquía e a oligarquía; entre o estilo absolutista e o dos pactos. Tamén está sobre o taboleiro a capacidade política da Generalitat para asumir a soberanía e gobernar. Ao comezo das hostilidade, toda a sociedade vese obrigada a optar por unha das bandas en función dos seus intereses e ideoloxías.

Contexto social

«Proclamació del príncep de Viana»
(ou Entrada del Príncep de Viana a Barcelona)
de Ramon Tusquets i Maignon, 1885.

Empeza o século XV no medio dunha profunda crise que afecta toda Europa Occidental, e especialmente Cataluña. As causas foron diversas: crise de subsistencia do pobo; crise demográfica debido a grandes epidemias, que afectou gravemente ao campo; crise financeira, co endebedamento excesivo das institucións públicas; redución do volume e de ganancias do comercio internacional.

En Cataluña destaca especialmente a crise social agraria, coa aparición do movemento remensa, que reivindica a supresión dos malos usos. No aspecto político, a concepción autoritaria da monarquía bate, por un lado, coa crecente forza das institucións e os poderes económicos e, polo outro, coa contorna rural, con fortes tensións coa nobreza e esta cos seus servos.

O ambiente no campo: a revolta dos remensas

Artigo principal: Guerra dos Remensas.

As continuas reivindicacións dos labregos contra a opresión dos señores foi recollida tímida, pero interesadamente, polo rei Afonso o Magnánimo na primeira metade do século XV, posto que quería ter máis control sobre a nobreza, aliñada cos poderes institucionais de Cataluña. O seu sucesor, Xoán II, herdou este clima de revolta no campo que lle resultará beneficioso no seu enfrontamento co poder político catalán. A guerra dos remensas iniciada no 1462, coincide en datas coa guerra civil catalá e sitúa á Deputación do Xeneral con dous frontes abertos: loita contra o campo e loita contra o rei. Os remensas acontecen, de inmediato, uns aliados da causa do rei.

O ambiente en Barcelona: a Biga e a Busca

Artigo principal: A Biga e a Busca.

A crise económica mediterránea cara a 1425 leva a intervención pola vía de medidas proteccionistas, pero para aplicalas fai falta vencer a resistencia da oligarquía urbana (Ciutadans honrats; en galego, 'cidadáns honrados').

As protestas e motíns sucédense, o que da lugar a unha serie de cambios e reformas (1436). Os comerciantes e menestrais (persoas que facían algún traballo mecánico) propoñen unha serie de medidas: desvalorización monetaria, prohibición de importación de produtos, mellora da produción téxtil, impostos a estranxeiros. Os cidadáns honrados propoñen medidas máis limitadas: traballos públicos para amainalo paro etc.

A intransixencia de estes últimos e a súa resistencia ao cambio precipitaron a crise económica e dividiron aos barceloneses, a partir de 1450, en dous grupos claramente diferenciados, a Biga e a Busca:

  • A Biga: integrada pola maioría dos cidadáns honrados e algúns comerciantes, actúa e vive como un grupo nobiliario,, ten terras, castelos e dereitos señoriais e vive dos arrendamentos. Oponse a calquera tipo de alteración monetaria.
  • A Busca: o partido dos menestrais e comerciante que aspiran a controlar o goberno municipal para facer cumprir os privilexios, liberdade e costumes de Barcelona. Queren a desvalorización monetaria e medidas proteccionistas.

Entre a Biga e a Busca, Afonso o Magnánimo manterá unha postura ambigua, posto que por un lado precisa diñeiro e aceptaraos tanto de uns como dos outros, e tamén aspira, como os outros reis do século XV, a impor a súa autoridade nas Cortes e sobre a nobreza.

Unha vez iniciada a guerra, os da Busca -maioritarios no Consello de Barcelona- tomaron partido por Xoán II. Isto enfrontounos coa Generalitat que en 1463 xulgou e condenou a morte por conspiración aos conselleiros Pere Destorret e Francesc Pallarès, xunto con Bernat Turró, Martí Solzina e Joan Mitjavila, membros do partido da Busca.

O enfrontamento entre Xoán II e o príncipe de Viana

Da unión de Xoán II e a súa primeira dona, Branca I de Navarra, naceu Carlos de Viana, primeiro príncipe de Viana, que segundo as capitulacións matrimoniais de 1419 herdaría o reino de Navarra á morte da súa nai. Pero no 1441 ao falecer Branca I, Xoán II usurpou o trono navarro. O resultado creou a guerra civil de Navarra entre 1451 e 1455, na que combateron os agramonteses, partidarios do rei Xoan, e os beamonteses, partidarios de Carlos. Xoán II derrota definitivamente a Carlos na batalla de Aibar en 1452.

O clima emocional xerou polo encarceramento de Carlos, ordenada por seu pai o 1460, fixo pasar á ofensiva ás clases privilexiadas do Principado.

As Cortes de Lleida daquel mesmo ano elixen un Consello do Principado que esixiu ao rei a inmediata liberación do seu fillo. Esta enérxica actitude, unida ao levantamento dos beamonteses navarros e á mobilización castelá á fronteira de Aragón, obrigaron ao rei a ceder, liberando a Carlos e aceptando as capitulación de Vilafranca del Penedès (1461), onde se recollían as reivindicacións políticas da oligarquía catalá, entre outras, a prohibición ao rei de entrar en Cataluña sen permiso da Generalitat.

Pero a repentina morte do príncipe de Viana ás tres semanas da súa liberación alterou a aparente pacificación. Os da Busca e os labregos tentaron recuperar posicións, provocando un levantamento campesiño no 1462 e co apoio do rei de Francia, Xoán II penetrou no principado sen permiso do Consello. A resposta dos cataláns consistiu en organizar un exército para sufocar o levantamento labrego e destituír ao monarca en xuño de 1462

Desenvolvemento da guerra

A guerra internacionalizouse posto que Xoán II buscou o apoio de Luís XI de Francia (polo cal lle dá entre outras cousas en garantía o Rosellón e a Cerdaña) e Gastó de Foix (promesa de herdar Navarra). O Consello do Principado, pola súa parte, procurará apoios interiores e a desarticulación das forzas opositoras: o partido da Busca e os remensas. Ao non obter os resultados desexados, o Consello empeza a ofrecer o Principado a candidatos que, 50 anos tras Caspe, poidan ter dereito a gobernar Cataluña.

No 1462, propúxose nomear conde de Barcelona ao rei Henrique IV de Castela se respectaba toda a particularidade catalá e a Concordia de Vilafranca, ademais ao rei castelán, aparte dos seus dereitos ao trono, podía contar coa axuda dos beamonteses navarros inimigos de Xoán II e do conde de Foix. Eles apoian a Branca, irmá de Carlos de Viana e ex-muller de Henrique IV de Castela.

Henrique IV acepta o ofrecemento ante a división da nobreza. As tropas casteláns dirixidas por Xoán de Beamonte obrigan a erguer o asedio de Barcelona pero Juan II emprega as división da nobreza castelán que rematará forzando a Henrique, polo Tratado de Baiona e con Luís XI de árbitro, ao renunciar ao Principado e, en compensación, entregaráselle a cidade de Estella. Xoán II renuncia as rendas que lle correspondían en Castela

En 1464, tras o fracaso co monarca castelán, ofrécese a coroa a Pedro de Portugal, neto de Xaime II de Urxel que, dadas as súas limitacións, alíase co duque de Borgoña, inimigo de Luís XI.

Aragoneses, valencianos e mallorquinos, mentres tanto, prestan o seu apoio a Xoán II, ademais dos da Busca e os remensas, e algúns nobres e clérigos. Bernat Saportella, deputado do Principado de Cataluña ponse xunto ao rei co que a Deputación lle permitirá a legalización da súa situación.

Daquela época destaca a batalla de Calaf, o 28 de febreiro de 1465 coa vitoria do rei Xoán co apoio do conde de Praderas sobre a tropa de Pedro de Portugal. Tamén as tropas do rei Pedro tiveron algún éxito, como o apoio recibido por mar dende Portugal cando Barcelona estaba cercada en xullo de 1465.

No 1466, expira Pedro, e ofréceselle a coroa a Renato I de Anjou, neto de Xoán I de Aragón e antigo inimigo de Afonso o magnánimo, o cal modificará o sistema de alianzas internacionais. Renato I envía como lugartenente a seu fillo, Xoán II de Lorena, que conseguiu éxitos militares até a súa morte (16 de decembro de 1470).

Finalmente Xoán II busca a alianza en Castela a través do matrimonio do seu fillo Ferran II e, de entre un seguido de candidatas, consegue que case coa súa curmá, a nena Isabel.

A finais de 1471, con boa parte de Cataluña recuperada polo exército real, escomenza un sitio en Barcelona que durará até o 8 de outubro de 1472. Sen apoios exteriores, que os cataláns deben renderse á realidade: Barcelona entrégase tras unha amnistía xeral.

A Capitulación de Pedralbes

A Capitulación de Pedralbes é firmada o 24 de outubro de 1472. É o final dunha guerra que remata sen vencedores nin vencidos. Xoán II unicamente pide que se anule a Capitulación de Vilafranca. As medidas de clemencia e unha preferencia á Deputación rebelde ante a monárquica, permitindo seguir no cargo a deputados que serían opositores, trouxeron algunha división pero pacificou o país.

Urxía traballar para solucionar os graves problemas económicos posto que Cataluña estaba arruinada trala guerra. As Cortes de 1473 abordan o tema da recuperación que non se solucionará.

Xoán II que morreu en 1479, deixando sen solución os principais problemas que o seu fillo Fernando II tentaría solucionar:

  • En primeiro lugar ocupando o Rosellón e a Cerdaña.
  • O programa económico adoptado era, en parte, o dos da Busca dende 1450.
  • Decídese tamén a reforma dos organismos dirixentes de Cataluña: a Deputación e o Consello.
  • O problema remensa foi o que tomou máis tempo en solucionarse.

Durante a guerra dos remensas, o seu líder, Francesc de Verntallat foi nomeado vizconde de Hostoles, pero a política sobre os malos usos continuou sendo ambigua, o cal deu lugar a novas revoltas, como a de 1475, incluso se manifestará en medidas antirremesas (Cortes de 1480). Esta política ambigua de Ferran II provocou que os nobres recuperaran dereitos perdidos e entón prodúcese a segunda guerra remensa (1484) dirixida por Pere Joan Sala que consegue unha revolta de grandes proporcións.

Ferran, finalmente, toma un compromiso que se plasmará na Sentencia Arbitral de Guadalupe (1486) onde os malos usos son redimidos mediante o pago de sesenta soldos por casa e os campesiños conseguirán unha serie de liberdades. Con este diñeiro, os señores foron indemnizados e ao monarca pagóuselle unha multa de cincuenta mil libras. Os señores continuaron tendo dereitos sobre os campesiños cultivadores pero non da forma humillante como até aquel momento.

Consecuencias para Cataluña

A Generalitat sufriu un forte desprestixio ao acabar a guerra, non tan só por ser do bando dos perdedores, senón que concentrou as críticas de tódolos sectores: os do pacto, acusábana de ter mantido as revoltas agrarias, do repregamento dos mercados cara a outras latitudes; as clases baixas empobrecidas pola guerra, acusaban as medidas fiscais necesarias para recuperar a facenda. Economicamente, a Generalitat estaba exhausta e non puido devolver os préstamos que lle concedera o Consello de Ciento e tamén particulares.

Ademais da precaria situación económica deixada pola guerra, fai considerar tamén que a expansión do Imperio Otomán pola Península Balcánica, Palestina e o norte de África limitou as rutas dende occidente até os peiraos comerciais de Oriente, contribuíndo á decadencia do comercio mediterráneo.

Ademais, a Mediterránea perdera dimensión como mercado. O desenrolo das cidades e portos do norte de Europa configuraba unha área comercial atlántica que sumada ás navegacións en América, a finais do século, e para a India bordeando África, deixaron nun segundo lugar ao comercio mediterráneo.

Cataluña, cunha estrutura social magoada, cun Estado que non podía competir con outras potencias europeas e coa potenciación de Castela pola conquista e o comercio en América, foi a consecuencia dunha situación estratéxica desventurada.

A partir do século XVI Barcelona non continuará sendo unha cidade grande e importante no novo marco político e comercial, nin a potencia decisoria do período medieval.

Véxase tamén

Bibliografía

  • RIERA MEILS, Antoni, 1359–1518, volume primeiro de Història de la Generalitat de Catalunya i els seus presidents, Enciclopèdia Catalana, S.A. (editorial), Barcelona, 2004, ISBN 84-412-0884-0.