Bagdad: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 107: Liña 107:
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Historia e xeografía)]]
[[Categoría:Capitais árabes da cultura]]
[[Categoría:Capitais árabes da cultura]]
[[Categoría:Capitais dos países árabes]]

Revisión como estaba o 11 de abril de 2017 ás 10:21

Coordenadas: 33°19′30″N 44°25′34″L / 33.325, 44.426 Modelo:Cidade Bagdad[1] (en árabe: بغداد‎, "Baġdād") é a capital de Iraq, e a segunda cidade do mundo árabe en poboación total, despois do Cairo. Sitúase ás marxes do río Tigris, no centro do país.

Foi fundada en 762 polo califa al-Mansur, nun local onde existiu unha vila persa. Tornouse unha cidade rica e esplendorosa, ata que foi destruída en 1268 polo Imperio Mongol. En 1638 tornouse parte do Imperio Otomán, e foi ocupada polos británicos en 1917. En 1920 tornouse capital do reino do Iraq.

Orixe etimolóxica do nome

Aínda que non se discute a súa orixe persa, hai varias teorías en cuanto á súa etimoloxía. A máis aceptada entre elas é que o nome procede do persa Medio, e está composto de Bag "deus" + dād "doado", traducíndose como "doado por Deus" ou "o agasallo de Deus", no persa moderno Baɣdād. Outra proposta é que o nome proveña do persa Medio Bāgh-dād "O xardín Doado". O nome é pre-islámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores, que non teñen ningunha importancia política ou comercial, polo que é, na práctica, unha fundación en tempos do Califato Abasí. Mansur chama á cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ó paraíso. Este foi o nome oficial nas moedas, pesos e outras cosas.

Xeografía e clima

Diagrama do clima de Bagdad.

A cidade está situada nunha vasta chaira divida polo río Tigris. Este divide a Bagdad en dous, a metade leste, coñecida tamén como "Rusafa", e a metade oeste, a "Karkh". O terreo onde se sitúa a propia cidade é chan e de baixa altura, produto dun aluvión orixinal debido ás longas e periódicas inundacións provocadas polo río.

Bagdad posúe un clima moi caloroso e árido (BWh, segundo a táboa de Köppen), sendo unha das cidades máis calorosas do mundo.[2] Durante o período estival, de xuño a agosto, a temperatura media é de 34,8 °C, acompañada de sol constante. A chuvia é practicamente descoñecida na zona nesa estación. Durante o día, os termómetros poden dispararse ata os 50 °C á sombra e pola noite baixar ata os 25 °C. A humidade é tamén moi baixa debido á distancia que separa a cidade do Golfo Pérsico, o que axuda a que se formen frecuentemente tormentas de po que se orixinan no deserto.

Durante o inverno, de decembro a febreiro, as temperaturas suavízanse notablemente. As máximas varían entre os 25 e 26 °C e as mínimas habitualmente nos -6 °C, aínda que non é estraño en Bagdad experimentar temperaturas en inverno por baixo dos -10 °C. A presenza do Tigris, atenúa o efecto do clima continental.

A chuvia anual limítase ó período que vai de novembro a marzo, sendo de media uns 140 milímetros con rexistros máximos de 215 e mínimos de 0 mm. O 11 de xaneiro de 2008 produciuse unha estampa insólita en Bagdad, xa que a cidade amenceu cuberta dunha fina capa de xeo, a primeira en 100 anos.[3]

Historia

Fotografía de satélite de Bagdad.

Bagdad fundouse no século VIII e é a capital de Iraq dende 1920, cando aínda era un reino.

Precedentes

A rexión de Mesopotamia, onde os ríos Éufrates e Tigris se aproximan ata apenas trinta quilómetros, foi de sempre o lugar dalgún centro urbano de importancia. Así Babilonia, dende o terceiro milenio antes da nosa era, e Dur Kurigalzu no segundo. Nos tempos de Nabucodonosor, no século VI a.C., seica houbo un asentamento acondicionado para o comercio fluvial, significativo pero modesto, xa co nome de Bagdad, mencionado no Talmud [4]) no lugar da actual cidade. Ás aforas, xa na época helenística, localizábase Seleucia e a súa continuación Ctesifonte, capital sasánida, ámbalas dúas entre as maiores do mundo nos seis primeiros séculos da nosa era.[5]

Fundación da nova capital

Situación de Bagdad nas rutas rexionais.

O segundo califa abásida, Al-Mansur, decidindo o lugar para a fundación dunha nova capital do novo califato acabado de constituír do islam oriental, elixiu a beira oeste do Tigris, augas arriba de Ctesifonte, que xa fora conquistada polos árabes no 637, e que ao cabo ficou deserta ao trasladarse a súa poboación á nova capital.

O 31 de xullo do 762 foi así fundada, de acordo con coidados cálculos astrolóxicos, a cidade de Bagdad co nome de Medinat al-Salam (Cidade da Paz). A súa planta circular de máis de dous quilómetros de diámetro tiña precedentes na Persia sasánidas. Posuía unha dobre banda perimetral de aloxamentos dividida en cuadrantes xunto á muralla, a cal tiña catro grandes portas orientadas segundo o mundo musulmán e non polos eixos cardinais. O espazo central era un gran baleiro arredor do pazo califal, a mesquita e os cuarteis [6].

Esplendor e ruína

Case decontado, e por dous séculos, converteuse na meirande cidade do mundo, acadando, posiblemente por primeira vez na historia, o millón de habitantes. Xa no tempo do califa Harun al-Raschid (786-809) era unha metrópole cosmopolita (árabes, persas, xudeus, indios), centro do saber e as artes (álxebra e poesía; unha gran biblioteca, a Casa da Sabedoría). Foi, en definitiva, a urbe das "Mil e unha noites".

Moi pronto a cidade circular viuse sobrepasada con primeiras extensións cara ao norte (barrio Kadhimiyya arredor do santuario homónimo, 799), e cara ao sur e á ribeira do Tigris (barrio Karkh, rúa Haifa). Unha rede de canais irrigaba a urbe e comunicábaa a través do río co interior do imperio e os mares no porto de Basora. Xunto coas rutas terrestres entre Persia e o Mediterráneo, Bagdad era o centro do comercio entre oriente e occidente [7]. Porén, contra a metade do século IX os primeiros síntomas de debilidade do califato fixéronse notar. Xa a partir do 813 o pazo califal non volveu ser usado coma consecuencia das destrucións habidas en asedios e loitas fratricidas entre os fillos de Harun al-Raschid. No 836 a corte trasladouse a Samarra. Inda que de volta en 892, xa o fixo a beira leste do Tigris onde, dende o 862-866, o califa Al-Musta'in tiña construído unha primeira muralla semicircular que protexía os distritos orientais, completada no oeste con outro semicírculo. A fundacional cidade circular foi progresivamente abandonada á ruína[8].

Tamén arruinada aquela muralla co tempo, foi o califa Al-Mustazhir (1094-1118) quen erixiu, así mesmo no leste máis ao sur, unha nova muralla rectangular que asemade contiña unha cidadela con palacios, edificios de goberno, relixiosos, de ensinanza, biblioteca e parques. Todo ese conxunto vai ser o núcleo da Bagdad moderna.

A invasión mongol do ano 1258 levaría á cidade á case total destrución co masacre da maioría da poboación, inutilizando para sempre o sistema de canais e diques de irrigación. Significou o fin do califato abásida e o da súa capital coma metrópole medieval.[9] Cando comezaba unha certa recuperación, Timur saqueouna novamente en 1401. Durante os seguintes cinco séculos Bagdad sería só a capital provincial de diferentes poderes rexionais, e do Imperio Otomán a partir de 1534 [10].

Época contemporánea

Planta de Bagdad no ano 2003.

No último terzo do século XIX Bagdad acadou a súa modernización: as murallas medievais foron derrubadas, o concello foi constituído, erguéronse escolas, hospitais e demais infraestruturas e servizos. En 1920 volveu ser capital, desta vez do recentemente instaurado reino de Iraq.

A partir dos anos setenta, cos ingresos do petróleo, Bagdad experimentou unha forte expansión ata se converter nunha metrópole. Especialmente problemáticas foron a guerra con Irán e as dúas campañas posteriores en que se converteu en obxectivo do exército estadounidense.

Goberno

Palacio Presidencial de Bagdad.

A cidade de Bagdad ten 89 barrios oficiais dentro de 9 distritos. Estas subdivisións da cidade serviron como centros administrativos para o repartimento dos servizos municipais pero ata 2003 non tiñan unha función política específica. A comezos de abril de 2003, os Estados Unidos controlaron a Autoridade Provisional da Coalición (CPA) dando comezo á creación de novas funcións para eles. O proceso inicialmente enfocouse na elección dos consellos dos barrios nos propios barrios oficiais, elixidos polos caucus locais. O CPA convocou unha serie de reunións en cada barrio para explicar o goberno local, describir o proceso de elección de caucus e fomentar a participación do pobo. Cada proceso nos barrios finaliza cunha reunión local onde os candidatos para os consellos locais fan propaganda e campaña electoral. Cada consello dos barrios elixe ós representantes entre os seus membros para servir nun dos consellos dos nove distritos da cidade. O número de representantes dos barrios nun consello de distrito está baseado na poboación de cada barrio. O seguinte paso consiste en que cada un dos consellos dos nove distritos nomee ós seus representantes electos, para formar o Concello de Bagdad con 37 membros.

Edificio do Goberno.

Emprégase o mesmo proceso para nomear ós concelleiros representativos para as demais comunidades na Provincia de Bagdad, fóra da propia cidade. Alí, elíxense os consellos locais de 20 barrios (Nahia) e eses consellos elixen representantes entre os seus membros para actuar nos seis consellos de distrito (Qada). Do mesmo xeito que dentro da cidade, os consellos de distrito elixen representantes entre os seus membros para nomear os 35 membros do Consello Rexional de Bagdad.

O paso final no establecemento do sistema de goberno local para a Provincia de Bagdad é a elección do Consello Provincial de Bagdad. Os representantes do Consello Provincial son elixidos en proporción ó nivel de poboación dos distritos que representan. Os 41 membros do Consello Provincial obtiveron o cargo en febreiro de 2004 e serviron ata as eleccións nacionais celebradas en xaneiro de 2005, cando foi elixido o novo Consello Provincial.

Os nove distritos administrativos son:

Notas

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Bagdad (Iraq) 
  2. http://wwis.aemet.es/154/c01464.htm
  3. Afp.google.com, First snow for 100 years falls on Baghdad
  4. www.hebrewhistory.info
  5. www.lib.utexas.edu
  6. Esquema de Bagdad á súa fundación.
  7. www.jesusneverexisted.com
  8. Esquema da planta da cidade.
  9. www.muslimheritage.com
  10. www.hebrewhistory.info
  11. Corporal Pruden, Todd. "Soldier Helps to Form Democracy in Baghdad", American Forces Press Service, U.S. Department of Defense, 12-12-2003.
  12. "Zafaraniya Residents Get Water Project Update", DefendAmerica, U.S. Department of Defense, 1-7-2005.
  13. Frank, Thomas. "Basics of democracy in Iraq include frustration", USA Today, 26-3-2006.
  14. "Army Engineering Battalion Helps Community Help Itself", DefendAmerica, U.S. Department of Defense, 18-3-2004.
  15. LaFranchi, Howard. "Democracy from Scratch", The Christian Science Monitor, 5-12-2003.
  16. Specialist Dangel, Jason. "Leaders Highlight Successes of Baghdad Operation", DefendAmerica, U.S. Department of Defense, 19-12-2006.
  17. Specialist Del Rosario, Dereck; "Iraq Army takes over four Iraq districts" PDF (3.36 MiB), The Frontline, American Forces Press Service, 13-10-2005.
    Major Goemaere, Russ. "Iraq Police thwart homicide bombers" PDF (3.36 MiB), The Frontline, American Forces Press Service, 13-10-2005.
  18. Specialist Miller, Andy. "Iron Horse Brigade aids Iraqi boy’s recovery", NBC 6, 30-7-2004.

Véxase tamén