Linguas quechuas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25: Liña 25:

A identificación das linguas que conforman esta familia foi [[Controversia|controvertida]] por mor de que non todas estas variedades son mutuamente intelixíbeis. Dende mediados do [[século XVII]], estendeuse o [[mito]] de que o quechua é un só idioma, onde o quechua falado no Cuzco (naquel entón, o quechua clásico) sería a lingua por excelencia e as demais variedades, meras corrupcións desta. A evidencia lingüística contemporánea contradí frontalmente esta crenza, pois o quechua clásico non é a orixe de todas as variedades da familia quechua senón que existen outras variedades moito máis antigas ca esta.

== Notas ==
{{Listaref}}

{{InterWiki|code=qu|lingua=quechua}}
{{InterWiki|code=qu|lingua=quechua}}

Revisión como estaba o 8 de abril de 2017 ás 10:34

Quechua
Qhichwa simi, Runa simi
Falado en: Andes centrais:
Perú
Bolivia
Colombia
Ecuador
Chile
Arxentina
Total de falantes: 8 900 000 (2007)
Familia: Quechumara
 Quechua
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: qu
ISO 639-2: que, qwe
ISO 639-3: que
Mapa
Status

O quechua,[1] tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoquechua, que se falou nun territorio dos Andes próximo da costa do Perú. Ten o rango de lingua oficial en Perú, Ecuador e Bolivia; conta tamén cuns centos de falantes en Colombia e na Arxentina. En total hai dez millóns de falantes.

Características

Dentro da gran diversidade das súas variantes, o quechua caracterízase por comprender linguas moi regularmente aglutinantes cunha orde gramatical variábel. O seu gran número de sufixos muda tanto o significado das palabras por completo como os matices do significado. Algunhas características gramaticais notábeis inclúen a conxugación bipersoal (os verbos concordan co suxeito e o obxecto), evidencialidade (indicación da fonte e a veracidade do coñecemento expresado), unha partícula de tópico e sufixos que indican quen se beneficia dunha acción e da actitude do falante ao respecto, aínda que algunhas linguas e variedades poden carecer dalgunhas destas características.

A identificación das linguas que conforman esta familia foi controvertida por mor de que non todas estas variedades son mutuamente intelixíbeis. Dende mediados do século XVII, estendeuse o mito de que o quechua é un só idioma, onde o quechua falado no Cuzco (naquel entón, o quechua clásico) sería a lingua por excelencia e as demais variedades, meras corrupcións desta. A evidencia lingüística contemporánea contradí frontalmente esta crenza, pois o quechua clásico non é a orixe de todas as variedades da familia quechua senón que existen outras variedades moito máis antigas ca esta.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quechua.