Difteria: Diferenzas entre revisións
engado control de autoridades |
m Arranxiño |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
| nome = Difteria |
| nome = Difteria |
||
| imaxe = Dirty white pseudomembrane classically seen in diphtheria 2013-07-06 11-07.jpg |
| imaxe = Dirty white pseudomembrane classically seen in diphtheria 2013-07-06 11-07.jpg |
||
| pé = Aspecto dunha boca diftérica, onde pode observarse a pseudomembrana adherente, densa e branco-cincentan na orofarinxe e |
| pé = Aspecto dunha boca diftérica, onde pode observarse a pseudomembrana adherente, densa e branco-cincentan na orofarinxe e piares amigdalinos. |
||
| ICD10 = |
| ICD10 = |
||
| ICD9 = |
| ICD9 = |
Revisión como estaba o 6 de abril de 2017 ás 12:00
Difteria | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Aspecto dunha boca diftérica, onde pode observarse a pseudomembrana adherente, densa e branco-cincentan na orofarinxe e piares amigdalinos. | |
DiseasesDB | 3122 |
MedlinePlus | 001608 |
MeSH | D004165 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A difteria (do grego διφθέρα [diphthera], coiro) é unha doenza infecciosa que afecta á pel e á nasofarinxe, producida pola bacteria Corynebacterium diphtheriae, tamén coñecido coma bacilo de Klebs-Löffler por seren os apelidos dos descubridores do axente[1]. Algunhas cepas deste microorganismo son quen de produciren toxinas, que poden afectar a órganos coma o corazón, producindo miocardite, ou ao sistema nervioso, producindo polineuropatía. Porén, o máis habitual adoita ser a forma respiratoria da infección, caracterizada pola aparición de falsas membranas ou pseudomembradas, que se adhiren á mucosa respiratoria e á farinxe.
A difteria é unha enfermidade mortal entre o 5% e 10% das veces. En rapaces de menos de cinco anos e en adultos de máis de 40 anos, o índice de mortalidade pode chegar a alcanzar o 20%. Porén, é improbable a aparición dalgún caso de difteria na poboación occidental, aparecendo casos unicamente en países africanos, onde non teñen acceso á vacina DTPa.
Etioloxía
A causa da difteria é o bacilo grampositivo Corynebacterium diphtheriae. Trátase dun axente inmóbil, non encapsulado, que ten un aspecto de pau ou bastón, e adoitan agruparse en formacións coñecidas coma letras chinesas. Dentro desta especie existen diferentes cepas, algunhas de elas con alto poder toxixénico, isto é, capacidade de fabricar toxinas con acción nociva.
Epidemioloxía
A difteria pódese transmitir a outros individuos ben por contacto directo por esbirros, gorxa, pel, ollos ou calquera outro tipo de secreción das persoas infectadas.
O período de incubación da doenza é de aproximadamente 5 días, aínda que os síntomas poden comezar máis tarde. Porén, dende que existe vacina contra a difteria, a cal está presente no calendario vacinal galego do Servizo Galego de Saúde, é extremadamente pouco habitual atopar casos de difteria alén da inmigración.
Síntomas
Diagnóstico
Tratamento
Notas
- ↑ Edwin Klebs e Friedrich Löffler foron os científicos que describiron por vez primeira a bacteria Corynebacterium diphtheriae
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|