María Madalena: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
as veces > ás veces
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Pietro Perugino 047.jpg|miniatura|''María Magdalena'' de Perugino, c. 1500.]]
[[Ficheiro:Pietro Perugino 047.jpg|miniatura|''María Magdalena'' de Perugino, c. 1500.]]


'''María Madalena'''<ref name="FERRO">{{Versaleta|Ferro}} 1992, p. 343-344.</ref><ref name="FEIXO">{{Versaleta|Feixó}} 2003, p. 369 e 371.</ref> (ás veces escrito '''María Magdalena'''<ref name="FEIXO"/><ref name="">{{Cita libro |url=https://www.asociacion-touda.org/product/nomes-galegos-de-hoxe-e-de-onte-antroponimos-galegos-e-galaicos/ |título=Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos |páxina=135 |edición=1ª |data=Setembro de 2012 |editorial=Asociación Cultural Fillos de Gallicia }}</ref> e mesmo '''María Madanela'''<ref name="FERRO"/>) foi segundo os [[evanxeos sinópticos]], o [[Evanxeo de Xoán]] e varios [[evanxeos apócrifos]], entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de [[Xesús]].
'''María Madalena'''<ref name="FERRO">{{Versaleta|Ferro}} 1992, p. 343-344.</ref><ref name="FEIXO">{{Versaleta|Feixó}} 2003, p. 369 e 371.</ref> (ás veces escrito '''María Magdalena'''<ref name="FEIXO"/><ref>{{Cita libro |url=https://www.asociacion-touda.org/product/nomes-galegos-de-hoxe-e-de-onte-antroponimos-galegos-e-galaicos/ |título=Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos |páxina=135 |edición=1ª |data=Setembro de 2012 |editorial=Asociación Cultural Fillos de Gallicia }}</ref> e mesmo '''María Madanela'''<ref name="FERRO"/>) foi segundo os [[evanxeos sinópticos]], o [[Evanxeo de Xoán]] e varios [[evanxeos apócrifos]], entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de [[Xesús]].


== Discípula ==
== Discípula ==

Revisión como estaba o 5 de abril de 2017 ás 07:07

María Magdalena de Perugino, c. 1500.

María Madalena[1][2] (ás veces escrito María Magdalena[2][3] e mesmo María Madanela[1]) foi segundo os evanxeos sinópticos, o Evanxeo de Xoán e varios evanxeos apócrifos, entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de Xesús.

Discípula

As fontes afirman que Xesús de Nazaret expulsara dela sete demos (Mc 16,9). Tras a curación, foi unha das discípulas itinerantes que seguiron a Xesús por Galilea e Xudea, na súa predicación da boa noticia (evangelion) da chegada do Reino de Deus. Está en todas as relacións de mulleres seguidoras de Xesús. Isto ten chamado a atención dos esexetas e historiadores, que salientan a singularidade para a época dun grupo de mulleres que seguían a un rabí itinerante. Aparece tamén no momento da crucifixión, ao pé da cruz, cando Xesús foi abandonado de todos.

Chama a atención o seu papel destacado na descuberta do sepulcro baleiro e na primeira aparición de Xesús resucitado, dado o nulo valor do testemuño dunha muller na sociedade daquel tempo. De feito os discípulos tomárono inicialmente como un delirio (Lc 24, 11). Isto foi utilizado nos primeiros séculos do cristianismo polos detractores da fe na resurrección. O filósofo platónico Celso (século II) no seu discurso verdadeiro contra os cristiáns descualifica unha fe que se basea no testemuño dunha muller histérica.

Todos estes factores fan que os especialistas entendan que é unha das figuras da primeira tradición cristiá cuxa historicidade semella mellor acreditada (criterio de dificultade e criterio de testemuño múltiple).

Identificación

Non está nada claro que sexa a prostituta dos evanxeos sinópticos que unxe a Xesús ante o escándalo dos fariseos, aínda que o sentir popular así a identificou. Existe tamén unha identificación non probada coa muller adúltera do Evanxeo de Xoán á que Xesús salva de morrer lapidada polos seus acusadores. Non falta quen defenda a plausibilidade destas teses debido á procedencia: Magdala, un lugar próximo ao lago de Xenesaret (Tiberíades) que era unha localidade fabril, destino maioritariamente masculino e, xa que logo, posible foco de prostitución. Ser muller de Magdala non debía se boa carta de presentación. De feito, unha das acusacións máis frecuentes a Xesús é a súa proximidade aos pecadores públicos (Mt 9,11). Pero isto non deixa de ser unha mera hipótese.

Apócrifos

No evanxeo apócrifo que leva o seu nome aparece discutindo con Pedro. No Evanxeo de Filipe, de contido gnóstico e escrito en lingua copta, dise que Xesús a amaba máis que todos os discípulos e que a miúdo a bicaba na boca, algo que estimulou a fantasía nalgúns autores contemporáneos. Tamén neste evanxeo rivaliza con Pedro.

Consideración

As igrexas católica, ortodoxa, e as orientais siriaca, copta, armenia e etíope tivérona sempre en gran consideración. A piedade popular e a tradición eclesiástica considérana apóstolo dos apóstolos (Apostolorum Apostola), por ser a primeira portadora da noticia central da fe cristiá: a resurrección de Xesús.

Na historia da arte aparece como icona da pecadora arrepentida.

Notas

  1. 1,0 1,1 Ferro 1992, p. 343-344.
  2. 2,0 2,1 Feixó 2003, p. 369 e 371.
  3. Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos (1ª ed.). Asociación Cultural Fillos de Gallicia. Setembro de 2012. p. 135. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos