Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Arcebispos: Arranxos varios
Liña 35: Liña 35:


# [[Diego Xelmírez]] (1120–1140).
# [[Diego Xelmírez]] (1120–1140).
# Pedro Helías (1143-1149).<ref>Á morte de Xelmírez, por influencia real, foi nomeado arcebispo o bispo de Salamanca, don Berenguel. Aínda que se trasladou a Santiago e gobernou a diocese case dous anos, non foi confirmado o seu nomeamento polo [[papa]]. Non pode ser considerado arcebispo [[De iure|''de iure'']], mais si [[De facto|''de facto'']].</ref>
# Pedro Helías (1143-1149).<ref>Á morte de Xelmírez, por influencia real, foi nomeado arcebispo o bispo de Salamanca, don Berenguel. Aínda que se trasladou a Santiago e gobernou a diocese case dous anos, non foi confirmado o seu nomeamento polo [[papa]]. Non pode ser considerado arcebispo ''[[de iure]]'', mais si ''[[de facto]]''.</ref>
# Bernardo I (1151–1152).
# Bernardo I (1151–1152).
# Paio Camundo (1153–1167).
# Paio Camundo (1153–1167).

Revisión como estaba o 5 de abril de 2017 ás 06:45

Modelo:Diocese

Pazo arcebispal.

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Historia

Elevouse a arquidiocese en 1120, é continuadora da diocese de Iria, estabelecida no Primeiro Concilio de Braga no ano 569, que, logo do descubrimento do sartego de Santiago o maior entre 820 e 830, tiña como residencia do bispo a cidade de Compostela, aínda que oficialmente non se trasladou a sé ata o ano 1095.

Durante a Idade Media o arcebispo de Santiago de Compostela, por privilexio concedido pola monarquía, exercía xurisdición señorial sobre a Terra de Santiago.

A abreviatura SAMI, de "Santa, Apostólica e Metropolitana Igrexa", aplícase tradicionalmente á sé da arquidiocese de Santiago de Compostela. O uso de SAMI é habitual en textos antigos (sobre todo na historiografía galega do século XIX, coma por exemplo por Antonio López Ferreiro ou Ángel Amor Ruibal) pero úsase coma abreviación tamén hoxe en día.

Dependencias

A arquidiocese cobre unha superficie de 8.546 km² e segundo datos de 2004 vivían nela 1 287 118 persoas, deles 1 132 664 católicos (o 88 % da poboación) e dela dependen 1.069 parroquias. Na diocese hai 627 sacerdotes diocesanos e 141 sacerdotes relixiosos, 1.017 relixiosas e 278 relixiosos. Da arquidiocese dependen catro dioceses sufragáneas: Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. O actual titular é Julián Barrio.

Arcebispos

Diego Xelmírez no Tombo do Mosteiro de Toxos Outos
Julián Barrio, actual arcebispo.
  1. Diego Xelmírez (1120–1140).
  2. Pedro Helías (1143-1149).[1]
  3. Bernardo I (1151–1152).
  4. Paio Camundo (1153–1167).
  5. Martín Martínez (1156–1167).
  6. Pedro Gundestéiz (1168–1173).
  7. Pedro Suárez de Deza (1173–1206).
  8. Pedro Muniz (1207–1224).
  9. Bernardo II (1224–1237).
  10. Xoán Arias (1238–1266).
  11. Egas Fafez, Bispo de Coimbra, promovido a Santiago en 1267, faleceu en Montpellier, sen tomar posesión.
  12. Gonzalo Gómez (1273–1281?).
  13. Rodrigo González (1286–1304).
  14. Rodrigo de Padrón (1307?–1316).
  15. Berenguel de Landoira (1317–1330).
  16. Xoán II (Xoán Fernández de Lima) (1331–1338).
  17. Martín Fernández (1339–1343).
  18. Pedro V (1344–1351).
  19. Gómez Manrique (1351–1362).
  20. Suero Gómez de Toledo (1362–1366).
  21. Alonso Sánchez de Moscoso (1367–1367).
  22. Rodrigo de Moscoso (1368–1382)
  23. Xoán III (Xoán García Manrique) (1383–1388).
  24. Lope de Mendoza (1399–1445).
  25. Álvaro Núnez de Isorna (1445–1449).
  26. Rodrigo de Luna (1451–1460).
  27. Alonso I de Fonseca (1460–1464).
  28. Alonso II de Fonseca (1464–1506).
  29. Alonso III de Fonseca[2] (1506–1524).
  30. Xoán Tabera (1524–1534). Cardeal da Igrexa romana.
  31. Pedro Gómez Sarmiento (1534–1541). Cardeal da Igrexa romana.
  32. Gaspar de Abalos. (1542–1545). Cardeal da Igrexa romana.
  33. Pedro Manuel (1546–1550).
  34. Xoán IV (Xoán Alvarez de Toledo) (1550–1557). Cardeal da Igrexa romana.
  35. Frei Afonso de Castro, OFM (1558), morto antes de tomar posesión.
  36. Gaspar de Zúñiga y Avellaneda (1559–1569).
  37. Cristóbal Fernández de Valtodano (1570–1572).
  38. Francisco Blanco Salcedo (1574–1581).
  39. Juan de Yermo y Hermosa (1582–1583).
  40. Alonso Velázquez (1583–1587).
  41. Xoán V (Juan de Sanclemente) (1587–1602).
  42. Maximiliano de Austria (1603–1614).
  43. Xoán VI (Juan Beltrán de Guevara) (1615–1622).
  44. Luis Fernández de Córdoba (1622–1624).
  45. Agustín Antolínez, O.S.A. (1624–1626).
  46. José González Villalobos, O.P. (1627–1630).
  47. Agustín Spínola (1630–1645). Cardeal da Igrexa romana.
  48. Fernando de Andrade y Sotomayor (1645–1655).
  49. Pedro Carrillo y Acuña (1665–1667).
  50. Ambrosio Spínola y Guzmán (1668–1669).
  51. Andrés Girón (1670–1681).
  52. Francisco Seijas y Losada (1681–1684).
  53. Antonio de Monroy, O.P. (1685–1715).
  54. Luis Salcedo y Azcona (1716–1722).
  55. Miguel Herrero y Esgueva (1723–1727).
  56. José de Yermo y Santibánez (1728–1737).
  57. Manuel Isidro Orozco (1738–1745).
  58. Cayetano Gil Taboada (1745–1751).
  59. Bartolomé de Raxoi (1751–1772)
  60. Francisco Alejandro Bocanegra (1773–1782).
  61. Sebastián Malvar Pinto, OFM (1783–1795).
  62. Felipe Antonio Fernández Vallejo (1797–1800).
  63. Rafael de Múzquiz y Aldunate (1801–1821).
  64. Juan García Benito, Bispo de Tui e electo de Santiago, renunciou ao seu nomeamento sen chegar a tomar posesión.
  65. Simón Antonio de Rentería y Reyes. (Do 16 de setembro ao 4 de outubro de 1824)
  66. Frei Rafael de Vélez, OFM Cap. (Nacido Manuel Anguita Téllez) (1825–1850).
  67. Miguel García Cuesta (1851–1873). Cardeal da Igrexa romana.
  68. Miguel Payá y Rico (1875–1886). Cardeal da Igrexa romana.
  69. Victoriano Guisasola Rodríguez (1886–1888).
  70. José Martín de Herrera y de la Iglesia (1889–1922). Cardeal da Igrexa romana.
  71. Manuel Lago González (1924–1925).
    Manuel Lago González.
  72. Julián de Diego García de Alcolea (1925–1927).
  73. Zacarías Martínez Núñez, O.S.A. (1928–1933).
  74. Tomás Muniz Pablos (1935–1948)
  75. Fernando Quiroga Palacios (1949–1971). Cardeal da Igrexa romana.
  76. Carmelo Ballester Nieto (1971–1973). Bispo de Vitoria e preconizado arcebispo de Santiago, faleceu antes de tomar posesión.
  77. Ángel Suquía (1973–1983).
  78. Antonio María Rouco Varela (1984–1994).
  79. Julián Barrio Barrio (1996–presente). Actualmente no cargo.

Notas

  1. Á morte de Xelmírez, por influencia real, foi nomeado arcebispo o bispo de Salamanca, don Berenguel. Aínda que se trasladou a Santiago e gobernou a diocese case dous anos, non foi confirmado o seu nomeamento polo papa. Non pode ser considerado arcebispo de iure, mais si de facto.
  2. Fillo do anterior, elixido co apoio de Fernando o Católico conseguiu que fose aprobado o seu nomeamento polo papa Xulio II. Entre ambos mandatos estableceuse un mandato de transición na figura do arcebispo Pedro Luis de Borja (sobriño do papa Borxia Alexandre VI) entre o 28 de agosto e o 23 de outubro de 1507, co fin de salvar a prohibición de que un fillo sucedera o pai nunha cadeira episcopal. O arcebispado non o inclúe na súa lista.

Véxase tamén

Ligazóns externas