Física de partículas: Diferenzas entre revisións
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
|||
Liña 85: | Liña 85: | ||
{{Campos da Física}} |
{{Campos da Física}} |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Física nuclear e de partículas| ]] |
[[Categoría:Física nuclear e de partículas| ]] |
Revisión como estaba o 5 de abril de 2017 ás 06:36
A física de partículas ou física de altas enerxías é a parte da física que estuda os compoñentes elementais da materia e as interaccións entre eles.[1]
Divisións e agrupacións
As partículas fundamentais subdivídense en bosons (partículas de spin enteiro coma por exemplo 0, 1, 2...) e fermións (partículas de spin semienteiro coma por exemplo 1/2 ou 3/2). As forzas fundamentais da natureza son transmitidas polos bosóns.
Considéranse catro tipos de forzas ou interaccións fundamentais:
- Electromagnética: transmitida por fotóns afecta tódalas partículas con carga eléctrica.
- Nuclear feble: transmitida polos bosóns vectoriais W± e Z0 é a responsable, por exemplo, da desintegración b.
- Nuclear forte: transmitida polos gluóns é a que fai que os quarks se unan para formar mesóns e barións (nucleóns). Só afecta aos hadróns.
- Gravitación: transmitida polo gravitón (partícula teórica, non descuberta aínda). Ao nivel de partículas fundamentais esta forza é de pouca importancia e difícil de incluír nas teorías.
Algunhas teorías fundamentais predín a existencia doutros bosóns máis pesados coma o bosón de Higgs (ás veces varios) que dotaría de masa ás partículas fundamentais.
Os compoñentes básicos da materia son fermións, incluíndo protón, neutrón, e electrón. Destes, só o electrón é realmente elemental. Os outros dous están compostos de partículas máis pequenas (quarks) unidos pola interacción forte. Os fermións elementais existen en catro variedades básicas, e cada unha delas clasifícase en tres xeracións con diversas masas:
Tipo de fermión |
Nome | Símbolo | Carga electromagnética |
Carga feble* | Carga forte (color) |
Masa |
---|---|---|---|---|---|---|
Leptón | Electrón | e- | -1 | -1/2 | 0 | 0,511 MeV/c² |
Múon | m- | -1 | -1/2 | 0 | 105,6 MeV/c² | |
Tauón | t- | -1 | -1/2 | 0 | 1,784 GeV/c² | |
Neutrino electrón | ne | 0 | +1/2 | 0 | < 50 eV/c² | |
Neutrino muónico | nm | 0 | +1/2 | 0 | < 0,5 MeV/c² | |
Neutrino tauón | nt | 0 | +1/2 | 0 | < 70 MeV/c² | |
Quark |
up (Arriba) | u | +2/3 | +1/2 | R/G/B | ~5 MeV/c² |
charm (encanto) | c | +2/3 | +1/2 | R/G/B | ~1.5 GeV/c² | |
top (cume) | t | +2/3 | +1/2 | R/G/B | >30 GeV/c² | |
down (abaixo) | d | -1/3 | -1/2 | R/G/B | ~10 MeV/c² | |
strange (estraño) | s | -1/3 | -1/2 | R/G/B | ~100 MeV/c² | |
bottom (fondo) | b | -1/3 | -1/2 | R/G/B | ~4,7 GeV/c² |
As partículas agrúpanse en xeracións. Existen tres xeracións. A primeira está composta polo electrón, o seu neutrino e os quarks up e down. A materia ordinaria está composta por partículas desta primeira xeración. As partículas doutras xeracións desintégranse en partículas das xeracións inferiores.
Os leptóns existen ceibes. Con todo, os quarks só existen en grupos sen cor debido a que os gluóns teñen unha carga de cor. Estes grupos están formados por dous (mesóns) ou tres (barións) quarks. O protón e o neutrón son algúns dos barións existentes. O pión é un dos mesóns máis importantes.
Notas
- ↑ "Campos y Partículas" (en castelán). 2000. Consultado o 14-09-2012.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Física de partículas |
Ligazóns externas
- Páxina do Instituto do Sar sobre o Gran colisor de hadróns
- Glosario do Instituto do Sar sobre o Gran colisor de hadróns
- Información sobre as propiedades das distintas partículas elementais (en inglés)
Partículas fundamentais en Física (lista, táboa) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fermións | Bosóns de Gauge | ||||||||
Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | |||||
Arriba | Encantado | Cume | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | |||
Abaixo | Estraño | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs | |||
Outras clases, partículas compostas e outras | |||||||||
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón | |||||||||
Termos relacionados | |||||||||
antimateria - partícula subatómica |