Confederación muisca: Diferenzas entre revisións
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Escudo_pueblo_muisca.JPG" que foi borrado en Commons por Cookie. Motivo: Copyright violation, see c:Commons:Licensing - Author:Andrés Salcedo Rojas probably... |
|||
Liña 20: | Liña 20: | ||
|imaxe_bandeira = |
|imaxe_bandeira = |
||
|bandeira = |
|bandeira = |
||
|imaxe_escudo = |
|imaxe_escudo = |
||
|símbolo = |
|símbolo = |
||
|imaxe_mapa = Mapa del Territorio Muisca.svg |
|imaxe_mapa = Mapa del Territorio Muisca.svg |
Revisión como estaba o 3 de abril de 2017 ás 17:23
Modelo:País desaparecido A Confederación muisca foi o tipo de organización político-administrativa que agrupou ós muiscas no territorio central da actual República de Colombia antes da invasión española. As catro unidades político-territoriais confederadas foron: o Zipazgo de Bacatá, o Zacazgo de Hunza, o territorio sagrado de Iraca e o territorio sagrado de Tundama, ademais dun grupo de territorios autónomos.
A Confederación xurdiu cara o 1450 e subsistiu até aproximadamente o 1541, ó consolidarse a conquista española das nacións chibchas no territorio central colombiano. Abranguía dende o río Chicamocha, polo norte, até o páramo de Sumapaz, polo sur, e dende Vélez, Facatativá e Zipacón, polo oeste, até a Cordilleira Oriental, veciña coas chairas de Meta e o Casanare, polo leste.[1]
Poboación
Descoñécese en gran medida o número de habitantes que conformaban a Confederación Muisca, por mor de non existir censos confiables. Algo semellante ocorre en todo o continente. Existen tres correntes principais sobre a poboación muisca prehispánica:
- Corrente baixista: De acordo cos cálculos de Rosemblat, a poboación muisca era de 300 000 a 500 000.[2] Actualmente estes cálculos son moi criticados, aínda que no seu tempo foron aceptados.
- Corrente moderada: Esta corrente foi produto das investigacións de historiadores colombianos que consideraron a anterior demasiado baixa. Segundo estes, os muiscas eran de 800 000 a 1 200 000 persoas,[3] pero coa invasión española reduciuse a 650 000.
- Corrente alcista: A máis recente hipótese, apoiada por varios expertos, estima en 2[3] a 3 millóns,[4] aínda que coa invasión española se tería reducido a 1,5 millóns.[5]
Xerarquía social
Os muiscas estimaban moito a pureza do sangue, polo que as familias nobres procuraban non mesturarse xamais cos plebeos, e menos aínda cos pobos das terras quentes, ós que consideraban bárbaros e inferiores.[6] No seo de todas as familias muiscas se aplicaba o sistema de sucesión matrilineal, e o zipa só nomeaba novos uzaques cando non había ningún herdeiro natural, en cuxo caso nomeaba a un xeneral dos güechas.[7]
No muysccubun hai un amplo vocabulario para designar os rangos de xerarquía, organizada, en termos xerais, da seguinte maneira:
- Zipa ou Zaque: Gobernante absoluto do Zipazgo ou do Zacazgo.
- Psihipqua: Príncipe de sangue (herdeiro do trono).
- Uzaque: Nobre de sangue pura con poder feudatario e poder militar.
- Zibyntyba: Capitán maior, gobernante dunha parcialidade territorial intermedia coñecida como Zybyn.
- Tybarague: Capitán menor, gobernante dunha parcialidade territorial menor coñecida como Uta.
- Chyquy: Sacerdote muisca.
- Pabahue: Amo e señor.
- Uaia: Ama e señora.
- Paba: Literalmente: "pai", pero tamén designaba a alguén con autoridade sobre outras persoas.
- Hue: Señor, ou xefe.
- Güecha: Guerreiro.
- Cupqua: Vasalo.
- Ubata: Servo comisionado para algunha misión especial.
- Tyuquyne: Mensaxeiro.
- Chuta: Criado.
- Bospquaoa: Criado do servizo doméstico.
Gobernantes muiscas
- Artigo principal: Gobernantes muiscas.
- Zipas de Bacatá:
Zipa | Anos de reinado |
---|---|
Meicuchuca | c. 1450-1470 |
Saguamanchica | 1470-1490 |
Nemequene | 1490-1514 |
Tisquesusa | 1514-1538 |
Zaquesazipa | 1538-1539 |
- Zaques de Hunza:
Zaque | Anos de reinado |
---|---|
Hunzahúa | - |
Michuá | Hasta 1490 |
Quemuenchatocha | 1490-1537 |
Aquiminzaque | 1537-1541 |
Notas
- ↑ Uricoechea, Ezequiel. Gramática de la lengua muisca. Introdución. París, 1871.
- ↑ Muiscas: representaciones, cartografías y etnopolíticas de la memoria P.75-77
- ↑ 3,0 3,1 Colombia: país fragmentado, sociedad dividida: su historia P.43
- ↑ Televisión
- ↑ Cálculo de Tovar Pinzón sobre a poboación indíxena en 1560, que estima en 1.500.000 indíxenas. véaxse Melo: Historia (P. 63-69) e en Estado actual de los estudios de la demografía histórica de Colombia (P.65-140).
- ↑ Restrepo, Vicente. Los chibchas antes de la conquista española. (Bogotá, Imprenta de la Luz, 1895) Capítulo VIII
- ↑ Uricoechea, Ezequiel. Gramática, vocabulario, catecismo y devocionario de la lengua chibcha. (París, Maison Neuve, 1871) Introdcción, p. XXVIII
- ↑ [1] Banco da República de Colombia. Museo do Ouro. Detalles da Balsa Muisca.
Véxase tamén
Bibliografía
- Enciclopedia de Colombia. (Editorial Océano. Tomo 2. Barcelona, España 2002).
- Enciclopedia Colombia a su Alcance. (Espasa Siglo XXI. Tomo 1 Bogotá, Colombia 2003).
- Historia de Colombia. Tomo 1 (Zamora Editores, Bogotá, Colombia 2003).
- Gran Enciclopedia de Colombia Temática. (Tomos 1 e 11 Círculo de Lectores, Bogotá, Colombia 1994).
- Fundación Misión Colombia: HISTORIA DE BOGOTÁ, Conquista y Colonia. (Tomo 1 Salvat-Villegas editores, Bogotá, Colombia 1989).