Doríforo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 21: Liña 21:
[[Categoría:Escultura da Grecia antiga]]
[[Categoría:Escultura da Grecia antiga]]
[[Categoría:Obras escultóricas]]
[[Categoría:Obras escultóricas]]
[[Categoría:Esculturas da arte grega clásica]]

Revisión como estaba o 1 de abril de 2017 ás 14:55

A copia do Doríforo de Policleto no museo de Nápoles.

O Doríforo é unha estatua, orixinalmente de bronce, atribuída ao escultor grego Policleto. Unha copia romana de mármore de 2.12 metros atópase no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles, Italia

Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase esta obra como o arquetipo de canon perfecto, polo seu estudio matemático das proporcións ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza, a cal se dividía en tres parte iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man etc.

O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren volume. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois Policleto acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o contraposto, que lle dá efecto de profundidade. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.

O realismo na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Non obstante, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.

O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior escultura moderna, xa a partir do Século XV.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas