Meiga: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 15: | Liña 15: | ||
Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes: |
Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes: |
||
* ''[[Meiga chuchona|Meigas-chuchonas]]'': son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, |
* ''[[Meiga chuchona|Meigas-chuchonas]]'': son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chúchanlles o sangue aos nenos e róubanlles os untos para seren empregados na confección de pomadas. |
||
* ''Asumcordas'' ou bruxas da rúa: espreitan á xente e vixían quen entra e sae da casa. |
* ''Asumcordas'' ou bruxas da rúa: espreitan á xente e vixían quen entra e sae da casa. |
||
* ''Marimanta'': é a meiga do saco, rouba raparigos e fainos desaparecer. |
* ''Marimanta'': é a meiga do saco, rouba raparigos e fainos desaparecer. |
||
* ''Feiticeira'': vive preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza |
* ''Feiticeira'': vive preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza os mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan. |
||
* ''Lavandeira'': esta meiga sorprende |
* ''Lavandeira'': esta meiga sorprende o camiñante pola noite mentres lava a roupa, invitando a este a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois pola contra estará exposta a serias desgrazas. O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue, a consecuencia, segundo se di, dun mal parto. Dise que a lavandeira non pertence ao reino dos vivos e o xeito de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle ningunha palabra. |
||
* ''Lobismuller'': ten que nacer en Noiteboa ou Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia na que tódolos fillos son mulleres. |
* ''Lobismuller'': ten que nacer en Noiteboa ou Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia na que tódolos fillos son mulleres. |
||
* ''Vedoira'': é esvelta e agradable no trato. Posúen facultades divinatorias, e son expertas en contactar co alén para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda pena no [[Purgatorio]]. |
* ''Vedoira'': é esvelta e agradable no trato. Posúen facultades divinatorias, e son expertas en contactar co alén para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda pena no [[Purgatorio]]. |
Revisión como estaba o 31 de marzo de 2017 ás 09:38
Segundo a tradición popular, unha meiga é a muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de menciñeira. Entre as súas cualidades figuran a capacidade para facer feitizos e meigallos, males de ollo e adiviñación.
Etimoloxía
Existen varias teses sobre a súa etimoloxía. A máis común deriva o termo actual do latín medica. Para outros autores o termo é homónimo de maga, que procedería do persa antigo maguš -sabio- por mediación do grego μάγος e finalmente do latín magus, do que sería o seu feminino, ou da mesma raíz persa maguš vía latín (mag-ister), mestre, polo que as meigas serían as posuidoras e transmisoras da sabedoría popular, feito polo que serían perseguidas na época cristiá cando a Igrexa loitaba por monopolizar o coñecemento.
Tradición
A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular, e diferénciase da bruxa en que esta actúa sempre con maldade, podendo tratar e mesmo pactar co demo. A figura da bruxa correspóndese en gran medida co arquetipo clásico da bruxa vestida de negro, con sombreiro cónico e a súa vasoira, mentres que a figura da meiga achégase moito máis a unha muller de aldea, con certa idade, mais con maior heteroxeneidade no demais.
A meiga rivaliza en popularidade coa propia Santa Compaña, e achégase bastante á figura da curandeira dos druídas. Expresión típica pola que se recoñece a cultura galega en gran parte de España é aquela de eu non creo nas meigas, mais habelas hainas.
Tipos de meigas
Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes:
- Meigas-chuchonas: son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chúchanlles o sangue aos nenos e róubanlles os untos para seren empregados na confección de pomadas.
- Asumcordas ou bruxas da rúa: espreitan á xente e vixían quen entra e sae da casa.
- Marimanta: é a meiga do saco, rouba raparigos e fainos desaparecer.
- Feiticeira: vive preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza os mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan.
- Lavandeira: esta meiga sorprende o camiñante pola noite mentres lava a roupa, invitando a este a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois pola contra estará exposta a serias desgrazas. O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue, a consecuencia, segundo se di, dun mal parto. Dise que a lavandeira non pertence ao reino dos vivos e o xeito de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle ningunha palabra.
- Lobismuller: ten que nacer en Noiteboa ou Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia na que tódolos fillos son mulleres.
- Vedoira: é esvelta e agradable no trato. Posúen facultades divinatorias, e son expertas en contactar co alén para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda pena no Purgatorio.
- Cartuxeiras: son meigas que botan as cartas e sempre acertan nos seus vaticinios.
- Agoreiras: estas meigas avellentan prematuramente, pero viven moitos anos.
- Dama de castro: esta meiga vive baixo castros milenarios ou baixo terra nun castelo de cristal, leva sempre un longo vestido branco de cola e sempre atende a solicitudes da xente. Xa que goza de benestar e fortuna, ningún tipo de favor serve para recibir dela consellos ou agasallos; ao contrario adoita aparecerse a persoas aflixidas por algunha situación difícil da súa vida, e a esas persoas de condición humilde outorga os seus favores.
- Xacios: son seres mitolóxicos coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina. Encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Vexa a entrada do Galizionario acerca de meiga |