Uroloxía: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Uroloxía]] |
[[Categoría:Uroloxía|*]] |
Revisión como estaba o 30 de marzo de 2017 ás 11:48
A uroloxía é unha especialidade cirúrxica da medicina que estuda o sistema urinario de homes e mulleres e do sistema reprodutor dos homes. Os médicos que posúen especialización nesta área son os urolólogos, sendo adestrados para diagnosticar, tratar e acompañar ós pacientes con disturbios urolóxicos. Os órganos estudados polos urolólogos inclúen os riles, uréter, vexiga urinaria, uretra e os órganos do sistema reprodutor masculino (testículos, epidídimos, conducto deferente, vesículas seminais, próstata e pene). As glándulas adrenais acabaron entrando na especialidade debido ó aspecto cirúrxico das doenzas tumorais das suprarrenais. Cando ten indicación cirúrxica de tumor suprarrrenal o endócrino dirixe cara ó urólogo.
Nos homes, o sistema urinario está integrado co sistema reprodutor, mentres que nas mulleres o sistema urinario ábrese na vulva. En ámbolos dous sexos, os sistemas urinario e reprodutor están próximos, o que fai que os problemas dun sistema xeralmente afecten ó outro. A uroloxía combina o acompañamento de condicións non-cirúrxicas como, por exemplo, infeccións do sistema urinario, e de condicións cirúrxicas, como a corrección de anomalías conxénitas e o tratamento cirúrxico de cancros. Estas anomalias na rexión xenital son coñecidas como disturbios xeniturinarios.
A uroloxía está relacionada cos áreas médicas da nefroloxía, androloxía, xinecoloxía, proctoloxía e oncoloxía.