Alejandro González Trujillo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Alejandro González, (“Álex”, “El Animal”) é un batería e compositor mexicano, membro do grupo de rock Maná, do que forma parte desde 1984, cando aínda se chamaba ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 23 de xullo de 2007 ás 17:45

Alejandro González, (“Álex”, “El Animal”) é un batería e compositor mexicano, membro do grupo de rock Maná, do que forma parte desde 1984, cando aínda se chamaba Sombrero Verde

Biografía

Orixes

Naceu en Miami, Florida (Estados Unidos), de pai colombiano e nai cubana. A súa afección pola percusión venlle de moi pequeno, xa que desde os tres anos gustaba de bater en caixas de cartón e potas. Aos catro anos a súa mestra regaloulle unha batería de xoguete, a primeira que tivo e a que tocou até que, aos doce anos, comezou a pensar en entrar nunha banda.

De Sombrero Verde a Maná

Cando Abraham Callejos saíu de Sombrero Verde os integrantes deste grupo puxeron un anuncio no xornal para buscar un novo batería. O seu padrasto viuno e amosoullo. Chamou e contestoulle Fher Olvera e entusiasmouse cando soubo que o grupo que solicitaba o batería era Sombrero Verde, xa que era un grupo moi coñecido entón en Guadalajara. Preferiu ser o último en realizar a proba e a Fher Olvera gustoulle a súa forma de tocar e presentoullo á banda. Aínda que, dado o escaso éxito de Maná nos seus comezos (despois de cambiar de nome), pensou en marchar do grupo, Fher Olvera convenceuno para que non o fixese.

Desde entón Alejandro González é o batería de Maná e é considerado o mellor batería de México e un dos mellores do mundo, aínda que el non gusta destes recoñecementos.