Escribenta común: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: species = '''''E. cirlus''''' → species = '''E. cirlus''', genus = ''Emberiza'' → genus = Emberiza
Liña 15: Liña 15:
| ordo = [[Passeriformes]]
| ordo = [[Passeriformes]]
| familia = [[Emberizidae]]
| familia = [[Emberizidae]]
| genus = ''[[Emberiza]]''
| genus = [[Emberiza]]
| species = '''''E. cirlus'''''
| species = '''E. cirlus'''
| binomial = ''Emberiza cirlus''
| binomial = ''Emberiza cirlus''
| binomial_authority = [[Carolus Linnaeus|Linnaeus]], 1766
| binomial_authority = [[Carolus Linnaeus|Linnaeus]], 1766

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2017 ás 08:43

A escribenta común, escribidora ou liñaceira é unha ave da familia das Emberizidae.

Morfoloxía e hábitos

É unha especie de 15–16 cm de lonxitude, peso de 25 gramos e envergadura de 22–26 cm. Lombo, cola e parte superior da cabeza son pardos, namentres a parte inferior do corpo, gorxa e fazulas son amarelos. Salientar a careta característica dos machos da especie, cunha liña ocular negra. As femias e os xoves non presentan este deseño facial e teñen cores máis esluídos. Ave frecuente nas zonas con matogueiras ou con cultivos. No sur da súa área de distribución é frecuente en bosques de aciñeiras e nas viñeiras. Aliméntase de insectos e sementes. Acostuma cantar dende lugares elevados ou prominentes

Reprodución

O período de cría vai de maio a xullo, podendo facer dúas postas no ano. O niño adoita estar preto do chan. Cada posta consta entre 3 e 5 ovos, cun tempo de incubación de 13 días. Os polos permanecen no niño entre 10 e 13 días trala eclosión.

Distribución

Presente todo o ano no Norte e Sur da Península Ibérica, Oeste e Sur de Francia, nos Balcáns e nas zonas litorais de Marrocos, Alxeria e Turquía. Presente na cría ou de maneira esporádica no leste de Francia e Interior de Turquía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest (en castelán).