Transliteración: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
{{fusión|Transliterar}}
{{fusión|Transliterar}}
{{Fonte primaria|data=marzo de 2017}}
{{Fonte primaria|data=marzo de 2017}}
{{universalizar}}
A '''transliteración''' é o cambio de [[sistema de escrita]] e mesmo só [[ortografía|ortográfico]] nun texto, aplicado tanto ó léxico común coma para nomes propios (principalmente [[topónimo]]s e [[antropónimo]]s). Para ter en conta a complexidade deste cambio débese comprender a fondo as regras que utilizan os sistemas de escrita orixinario e final. Tendo en conta que os sistemas de escrita poden ser [[alfabeto]]s, [[abxad]]es, sistemas rasgais ou [[pictografía|pictográficos]], os cambios poden ser dende moi lenes a moi importantes segundo a combinación.
A '''transliteración''' é o cambio de [[sistema de escrita]] e mesmo só [[ortografía|ortográfico]] nun texto, aplicado tanto ó léxico común coma para nomes propios (principalmente [[topónimo]]s e [[antropónimo]]s). Para ter en conta a complexidade deste cambio débese comprender a fondo as regras que utilizan os sistemas de escrita orixinario e final. Tendo en conta que os sistemas de escrita poden ser [[alfabeto]]s, [[abxad]]es, sistemas rasgais ou [[pictografía|pictográficos]], os cambios poden ser dende moi lenes a moi importantes segundo a combinación.
== Criterios de transliteración ==
== Criterios de transliteración ==

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2017 ás 08:41

Teclado con caracteres hebreos e latinos.

A transliteración é o cambio de sistema de escrita e mesmo só ortográfico nun texto, aplicado tanto ó léxico común coma para nomes propios (principalmente topónimos e antropónimos). Para ter en conta a complexidade deste cambio débese comprender a fondo as regras que utilizan os sistemas de escrita orixinario e final. Tendo en conta que os sistemas de escrita poden ser alfabetos, abxades, sistemas rasgais ou pictográficos, os cambios poden ser dende moi lenes a moi importantes segundo a combinación.

Criterios de transliteración

Como na terminoloxía, os principais criterios de transcrición son os seguintes:

  • uso da tradición anterior (non necesariamente transliteración)
  • coherencia coas formas normativas estabelecidas
  • uso dun método sistemático avalado polo uso ou pola norma
  • concordancia co portugués (como lingua romance máis próxima, tal e como se di nas NOMIG)
  • harmonía co resto das linguas románicas
  • adaptación
  • calco

A continuación faise unha clasificación e unha discusión da transliteración xenérica e para o galego

Clasificación segundo a fonte lingüística

En principio pódese partir de que a fonte textual da lingua orixinaria é escrita, pero isto non sempre é así: dende o caso no que as linguas non teñen sistema de escrita ata a imposibilidade ou impracticidade de utilizar este sistema substitutorio, ás veces cómpre basearse na lingua oral (que dificilmente coincide coa escrita). Outras veces o imposible é acceder a rexistros orais (por exemplo, nos libros ou en Internet). A escolla entre unha fonte ou outra é importante á hora de determinar como se vai transliterar debido a que a escrita non sempre se corresponde coa oralidade ou (se se corresponde) non sempre o fai do mesmo xeito.

Clasificación segundo a regra de transliteración

Outro aspecto é que regras aplicar cando se realiza a transcrición. Para poder ofrecer a mesma solución cando aparezan orixes idénticas, debe haber unhas normas que rixan a transliteración: o problema é cal é a lingua que marca as regras. Cando a lingua orixe determina a orientación das regras fálase de fidelidade e cando a lingua destino inflúe no resultado fálase de adaptación.

Clasificación combinada

Orientación\FONTE FONTE ORAL FONTE ESCRITA
Adaptación ADAPTACIÓN ORAL (1) ADAPTACIÓN ESCRITA (2)
Fidelidade FIDELIDADE ORAL (3) FIDELIDADE ESCRITA (4)

Exemplo explicativo

Para ir comprendendo esta teoría, nada mellor que unha batería de exemplos. Chamándolle ós estilos de transliteración cos números asignados no apartado anterior, teríamos que o que en inglés é New York en galego debería ser:

  1. ADAPTACIÓN ORAL: Niu Ioc (porque é así como se escribiría en galego o que pronuncia un inglés);
  2. ADAPTACIÓN ESCRITA: Neu Iorc (porque o galego evita o uso de w e k);
  3. FIDELIDADE ORAL: Niu Iorc (porque é o máis parecido á súa pronuncia);
  4. FIDELIDADE ESCRITA: New York (porque é o que escriben eles);

E todo isto tendo en conta que o inglés se escribe con caracteres latinos coma o galego. Pódese observar que as filosofías 1 e 3 producen resultados moi parecidos, pero o certo é que non sempre ten por que ser así. A maior diferenza aparece cando o sistema fonético do galego é moi diferente do da outra lingua:

Máis exemplos problemáticos

  • En alemán B pronúnciase /b/, W pronúnciase /v/ e V ou F pronúncianse /f/. O normal é manter fidelidade escrita e escribir Leverkusen (e non Leferkusen) ou . Entón, ¿por que traducir Mainz por Maguncia ou Aachen por Aquisgrán? ¿E as belgas Liège por Liexa, Gant por Gante ou Bruxelles por Bruxelas, cando outras máis pequenas non se opta por traducilas?
  • En portugués hai certos grafemas (til de nasalidade, LH, NH) distintos dos nosos, por moito que pronuncien o mesmo ca o galego (ou moi semellante). ¿Débense conservar ou vertelos ó galego?
  • En castelán existe un fonema con son /x/ (escrito J) que non aparece en galego. Ás veces hai quen prefire traducilo por X mentres que outros o deixan no orixinal coma co alemán. Á parte está que o ensino en Galicia permítenos a todos recoñecer e pronunciar correctamente os lugares hispanofalantes: Badajoz, La Rioja ou Guadalajara (en España ou Hispanoamérica) son nomes que un galego sabe pronunciar ben, pero débese partir desa base?;
  • Este son aspirado aparece máis suave no inglés e no alemán (pero escríbense respectivamente H e CH). ¿Pódese utilizar a solución de adaptación da oralidade en castelán mentres usar a fidelidade á escrita noutras linguas?
  • En francés a capital de Burkina Faso escríbese Ouagadougou pero pronúnciase /uagadu'gu/. É ilóxico escribilo en galego coma en francés xa que este non é a lingua orixinal que deu nome á cidade: nós deberiamos pór Uagadugú. O mesmo S do nome do país responde a unha necesidade do francés de distinguir /s/ de /z/. En galego, onde non existe /z/, pódese obviar o dobre S cando exista, pero a fidelidade oral ou escrita obrigan ó seu uso (Guiné-Bissau).

Costume

Estraño ver estes xeitos de escribir New York, ¿nonsí? Isto débese a que hai algo máis que inflúe sobre estas regras e a súa aplicación: o peso da tradición. No galego a tradición escrita procede do peso do castelán coma lingua de transmisión de cultura, polo tanto non estamos afeitos a ver nomes estranxeiros escritós á galega. Ademais, a estima da propia tradición aínda é tan baixa ou tan pouco establecida que pouca xente se atrevería a escribir esta grande metrópole dos Estados Unidos tal e coma a coñecen moitísimos mariñeiros galegos que por alí navegaron: Nuarca.

Calco

Outro tipo de tradición moi frecuente nas linguas minorizadas ou con pouca tradición escrita (coma o galego) é a importación de tradicións alleas. Ás veces se realizan copias de textos estranxeiros e con eles os seus nomes. Isto dáse tamén no castelán, fronte ás tradicións transcritoras dos principais imperios coloniais: o francés e o inglés. Por exemplo, a cidade africana transcrita fonéticamente /tombuk'tu/ pode escribirse en galego de dous (ou tres) xeitos:

  • Tombouctou;
  • Tombuctú (ou Tombuctu);

O primeiro non é máis ca unha importación do francés xa que alí se utiliza o grafema "ou" para o son [u] e o fonema /u/. Pero co inglés pasa igual:

  • New Hampshire
  • Nova Hampshire (adaptando semanticamente o primeiro formante)
  • Niu Ghampxair (adaptando fonoloxicamente)
  • Nova Ghampxair (facendo as dúas adaptacións)

Isto obriga a falar dun principio básico da transliteración.

Cohesión da solución

O exemplo de Nova Ghampxair fai necesario falar dunha característica asumida implicitamente e que se debe cumprir na decisión final: os resultados deben ser coherentes. Esta estruturación debe aparecer a dous niveis:

  • entre as distintas opcións escollidas para ser usadas no galego (se se quere dicir así, sintagmaticamente);
  • das opcións galegas en comparación coas das linguas veciñas (románicas) en xeral e co portugués en particular (asumido polo prólogo das "Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega" de 1982 e 2003).

Convenios preexistentes

Toponimia

Kanji

ISO

Galipedia

Sensibilidade das linguas minorizadas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Artigo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2008), publicado no número 29 da revista Cadernos de Lingua


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.