Retórica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m →‎Outros artigos: Control de autoridades
Liña 12: Liña 12:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
===Outros artigos===
*[[Figuras estilísticas]].
*[[Figura estilística]].
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Retórica e figuras da lingua| ]]
[[Categoría:Retórica e figuras da lingua| ]]

Revisión como estaba o 30 de marzo de 2017 ás 04:45

Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define a retórica como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos.

A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o texto ou discurso retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra:

Historicamente, a retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó interlocutor de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde Aristóteles. Hoxe en día, desde unha perspectiva estilística, lingüística e semiótica, obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo texto, as estruturas extratextuais asociadas, a explicación da complexa produción do discurso e o seu tratamento artístico.

Se só nos preocupa o texto literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudio literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase poética.

Véxase tamén

Outros artigos