Dendrocigninos: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios |
m →top: Arranxos varios, replaced: phylum = ''Chordata'' → phylum = Chordata (2), classis = ''Aves'' → classis = Aves, ordo = ''Anseriformes'' → ordo = Anseriformes, familia = ''Anatidae'' → familia = Anatidae |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
| image_caption = ''Dendrocygna autumnalis'' |
| image_caption = ''Dendrocygna autumnalis'' |
||
| regnum = [[Animalia]] |
| regnum = [[Animalia]] |
||
| phylum = |
| phylum = [[Chordata]] |
||
| subphylum = |
| subphylum = [[Vertebrata]] |
||
| classis = |
| classis = [[Aves]] |
||
| ordo = |
| ordo = [[Anseriformes]] |
||
| familia = |
| familia = [[Anatidae]] |
||
| subfamilia = '''''Dendrocygninae''''' |
| subfamilia = '''''Dendrocygninae''''' |
||
| subfamilia_authority = [[Ludwig Reichenbach|Reichenbach]], 1853 |
| subfamilia_authority = [[Ludwig Reichenbach|Reichenbach]], 1853 |
Revisión como estaba o 29 de marzo de 2017 ás 20:56
Dendrocigninos Dendrocygninae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dendrocygna autumnalis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Os dendrocigninos (Dendrocygninae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos.[1]
Porén, algúns autores clasifícanos como unha familia independente, a dos dendrocígnidos (Dendrocygnidae),[2] mentres que para outros sería unha tribo, dendrocininos (Dendrocygnini) dentro da subfamilia dos anserinos.
Algunhas clasificacións [1] inclúen nesta subfamilia o xénero Thalassornis, que outros ás veces inclúen na súa propia subfamilia (Thalassorninae).
Etimoloxía
O nome da subfamilia está formado sobre a base do nome do xénero, Dendrocygna, coa desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias zoolóxicas.
En canto ao nome do xénero, fórmase co prefixo do latín científico dendro-, tirado do grego δένδρον déndron, árbore, e o o latín cygna, forma feminina de cygnus, cisne, termo derivado do grego κύκνος kýknos, co mesmo significado.
É dicir, o nome da subfamilia quere dicir, literalmente, 'os cisnes arborícolas'.
Descrición
A subfamilia compende oito especies de aves acuáticas de corpo esvelto, do tamaño dun pato pequeno, coas patas longas e o pescozo moi longo (que recorda en certo modo aos cisnes, as ás anchas e a plumaxe de cores variadas, semellante nos dous sexos (non hai dimorfismo sexual).
Comportamento e distribución
Andan, nadan e mergúllanse ben, e tamén voan, pousando nas ramas das árbores para descansaren. De costumes nocturnos e moi sociábeis, están amplamente difundidos polas rexións tropicais e subtropicais de América, África oriental, Madagascar, Asia meridional e sudoriental, Nova Guinea e Australia.
Aliméntanse sobre todo de materias vexetais, que atopan nos bosques pantanosos, lagos con frondosa vexetación acuática, estanques e pozas, e tamén en terreos cultivados e parques, como palmeirais e arrozais.
Teñen, como un dos seus nomes en castelán indica, patos silbadores, patos asubiadores (ou en inglés, whistling ducks), un canto que recorda un asubío.
Especies
- Xénero Dendrocygna Swainson, 1837
- Dendrocygna arborea (Linnaeus, 1758)
- Dendrocygna arcuata (Horsfield, 1824)
- Dendrocygna autumnalis (Linnaeus, 1758)
- Dendrocygna bicolor (Vieillot, 1816)
- Dendrocygna eytoni (Eyton, 1838)
- Dendrocygna guttata Schlegel, 1866
- Dendrocygna javanica (Horsfield, 1821)
- Dendrocygna viduata (Linnaeus, 1766)
- Xénero Thalassornis Eyton, 1838
- Thalassornis leuconotus Eyton, 1838
Galería de imaxes
-
Dendrocyna arborea
-
Dendrocygna arcuata
-
Dendrocygna autumnalis
-
Dendrocygna bicolor
-
Dendrocygna eytoni
-
Dendrocygna guttata
-
Dendrocygna javanica
-
Dendrocygna viduata
-
Thalassornis leuconotus
Notas
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dendrocigninos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dendrocigninos |
Bibliografía
- Carboneras, Carles en: del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona (España):Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Dendrocygninae en SIIT. (en castelán)