Varicela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Varicela"
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
== Etioloxía ==
== Etioloxía ==
[[Ficheiro:Varicella_(Chickenpox)_Virus_PHIL_1878_lores.jpg|miniatura|150x150px|Fotografía do virus da varicela ó microscopio electrónico.]]
[[Ficheiro:Varicella_(Chickenpox)_Virus_PHIL_1878_lores.jpg|miniatura|150x150px|Fotografía do virus da varicela ó microscopio electrónico.]]
A varicela é unha infección viral causada por un [[Herpesvíridos|herpesvirus]] do xénero [[Varicellovirus]] e a [[Familia (bioloxía)|subfamilia]] [[Alphaherpesvirinae|Alphaherpesvirinae.]] A [[taxonomía]] denominouno virus herpes humano 3 (HHV-3) cuxo único reservorio coñecido é o home. O virus ten un [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] de dobre cadea (dsADN). Todos os virus desta familia rodean o seu ADN cunha [[Cápsida|cápside]] icosaédrica cunha área proteica triangular que o recobre. Na poboación adulta en [[Europa central|Europa Central]] ó redor do 93 ou 96 % da poboación ten anticorpos sanguíneos detectables para a varicela.<ref>J. Gallagher ''et al.'': «Susceptibility to varicella zoster virus infection in health care workers.</ref><ref>S. J. Knowles ''et al.'': «Susceptibility to infectious rash illness in pregnant women from diverse geographical regions.</ref>
A varicela é unha infección viral causada por un [[Herpesvíridos|herpesvirus]] do xénero [[Varicellovirus]] e a [[Familia (bioloxía)|subfamilia]] [[Alphaherpesvirinae]]. A [[taxonomía]] denominouno virus herpes humano 3 (HHV-3) cuxo único reservorio coñecido é o home. O virus ten un [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] de dobre cadea (dsADN). Todos os virus desta familia rodean o seu ADN cunha [[Cápsida|cápside]] icosaédrica cunha área proteica triangular que o recobre. Na poboación adulta en [[Europa central|Europa Central]] ó redor do 93 ou 96 % da poboación ten anticorpos sanguíneos detectables para a varicela.<ref>J. Gallagher ''et al.'': «Susceptibility to varicella zoster virus infection in health care workers.</ref><ref>S. J. Knowles ''et al.'': «Susceptibility to infectious rash illness in pregnant women from diverse geographical regions.</ref>


== Referencias ==
== Notas ==
{{listaref|2}}
{{Listaref}}

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Doenzas]]

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2017 ás 16:27

A varicela é unha doenza infecciosa causada polo virus varicela-zóster, pertencente á familia dos herpesvíridos, que tamén causa o herpes zóster. Preséntase principalmente en nenos de entre un e nove anos de idade. A infección en adolescentes e adultos adoita ser máis severa e ten maior risco de complicacións como a enfermidade pulmonar intersticial. Tras un período longo de latencia (14 a 21 días), a enfermidade presenta un período prodrómico semellante a un cadro gripal con febre leve ou moderada; logo aparece un exantema macular auto limitado (ás veces con compromiso de mucosas ou enantema), que evoluciona axiña a pápulas, logo a vesículas e finalmente a costras que se desprenden logo dunha ou dúas semanas. Acompáñase de adenopatías cervicais. As lesións dérmicas poden producir cicatrices permanentes, deprimidas, hipo ou hiperpigmentadas.[1][2][3]

Epidemioloxía

O virus só se transmite de persoa a persoa, xa por contacto directo coas lesións cutáneas ou ó expulsarse mediante tose ou estornudos. O período de incubación ata que aparece a enfermidade é de dúas a tres semanas. É contaxiosa dende dous días antes da erupción. Tamén pode ser contraída a partir das lesións dunha persoa con herpes zóster.

Quen contrae a enfermidade a partir doutro familiar, adoita presentar formas máis graves que os primeiros casos, pode ser por un contacto máis intenso e continuado co virus. A varicela é moi contaxiosa, de maneira que o 80–90% de quen convive con ela a contrae.

Etioloxía

Fotografía do virus da varicela ó microscopio electrónico.

A varicela é unha infección viral causada por un herpesvirus do xénero Varicellovirus e a subfamilia Alphaherpesvirinae. A taxonomía denominouno virus herpes humano 3 (HHV-3) cuxo único reservorio coñecido é o home. O virus ten un ADN de dobre cadea (dsADN). Todos os virus desta familia rodean o seu ADN cunha cápside icosaédrica cunha área proteica triangular que o recobre. Na poboación adulta en Europa Central ó redor do 93 ou 96 % da poboación ten anticorpos sanguíneos detectables para a varicela.[4][5]

Notas

  1. "Exantemas en pediatría" (PDF) (5). 
  2. Arnoldo Quezada (ed.). "Exantemas". Pediatría Ambulatoria (2° ed.). Mediterráneo. ISBN 9789562203234. 
  3. "Varicella Zoster Virus Infection: Clinical Features, Molecular Pathogenesis of Disease, and Latency" (3). PMID 18657721. doi:10.1016/j.ncl.2008.03.011. 
  4. J. Gallagher et al.: «Susceptibility to varicella zoster virus infection in health care workers.
  5. S. J. Knowles et al.: «Susceptibility to infectious rash illness in pregnant women from diverse geographical regions.