Cantón, China: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 30: Liña 30:
Converteuse nun dos principais portos de [[Asia]] durante a [[dinastía Tang]]. Foi tamén o porto de entrada dos primeiros misioneiros españois e portugueses que chegaron á [[China]] no [[século XVI]].
Converteuse nun dos principais portos de [[Asia]] durante a [[dinastía Tang]]. Foi tamén o porto de entrada dos primeiros misioneiros españois e portugueses que chegaron á [[China]] no [[século XVI]].


A cidade dispón dun aeroporto internacional. Está comunicada coa veciña [[Hong Kong]] (a unha distancia de 182 km) mediante trens, autobuses e un servizo de transbordador.
A cidade dispón dun aeroporto internacional. Está comunicada coa veciña [[Hong Kong]] (a unha distancia de 182 km) mediante trens, autobuses e un servizo de transbordador.


== Lugares de interese ==
== Lugares de interese ==

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2017 ás 19:03

Coordenadas: 23°08′N 113°16′L / 23.133, -113.267 Modelo:Cidade Cantón[1][2][3][4] (chinés simplificado: 广州, chinés tradicional: 廣州, pinyin: Guǎngzhōou, forma tradicional: Kwangchow) é a capital da provincia de Guangdong no sur da China. En 1999 tiña unha poboación de 6 850 000 habitantes na área urbana, e na área metropolitana 4 050 000.

Situada no río das Perlas, é a cidade máis importante do sur da China. A súa posición estratéxica, moi preto de Hong Kong, permitiu que a cidade se desenvolvese con rapidez. Foi o principal punto de saída dos emigrantes chineses durante os séculos XIX e principios do XX.

Pagoda das Flores na cidade de Guangzhou.

A cidade foi fundada pola dinastía Qin hai algo máis de 2000 anos e recibiu o nome de “Yancheng” ou “cidade das cabras”. Foi a capital do reino Yue do sur.

Converteuse nun dos principais portos de Asia durante a dinastía Tang. Foi tamén o porto de entrada dos primeiros misioneiros españois e portugueses que chegaron á China no século XVI.

A cidade dispón dun aeroporto internacional. Está comunicada coa veciña Hong Kong (a unha distancia de 182 km) mediante trens, autobuses e un servizo de transbordador.

Lugares de interese

Casa da familia Chen
  • Templo dos seis banianos: Construído no ano 537, este templo quedou completamente destruído no século X por culpa dun incendio. Reconstruíuse entre o ano 989 e o 990. No seu interior encóntrase a pagode das flores, dunha altura total de 57 metros.
  • Casa da familia Chen: O máis rechamante desta casa son os seus tellados, cheos de esculturas e de colorido. O edificio foi rematado no ano 1894.
  • Guangxiao Si: Trátase dun templo budista construído no século IV e reconstruído no século XVII.

Cidades irmandadas

Visión nocturna do río das Perlas, Guangzhou.

Guangzhou está irmandada coas seguintes cidades:

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cantonés.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 123. ISBN 84-9749-199-8. 
  3. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  4. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas