Wikipedia:Política de protección: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 40: Liña 40:


==Tipos de protección e aplicacións==
==Tipos de protección e aplicacións==
:''Se queres solicitar a protección ou desprotección dunha páxina, vai a [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións]].''
===<span id="COMPLETA">Protección completa</span>===
===<span id="COMPLETA">Protección completa</span>===
[[Ficheiro:Padlock.svg|upright=0.2|right|alt=Protección completa|link=]]
[[Ficheiro:Padlock.svg|upright=0.2|right|alt=Protección completa|link=]]

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2017 ás 13:24

A protección de páxinas na Wikipedia significa a restrición ao acceso ao modo de edición a un grupo determinado de usuarios. A Wikipedia constrúese ó redor do principio de que calquera pode editala, e polo tanto procura ter o maior número de páxinas abertas á edición pública que sexa posible, para que calquera poida engadir información e corrixir erros. Porén, baixo circunstancias determinadas e polo perigo identificado que suporía telas abertas, algunhas páxinas individuais poden quedar suxeitas a unha restrición técnica (habitualmente temporal pero en ocasións indefinida) que limita quen pode editalas. A protección de páxinas só poden aplicala ou eliminala os administradores da Wikipedia, pero calquera outro usuario pode facer unha petición de protección ou desprotección dunha páxina concreta. A protección aplicada en cada caso pode ser indefinida ou por un período de tempo específico.

Os tipos de protección máis habituais son a protección completa, que supón que unha páxina só poida ser modificada polos administradores, e a semiprotección, que supón que unha páxina só poida ser editada por usuarios que están rexistrados e que posúan unha conta confirmada (isto é automático cando o usuario realiza 10 edicións). Nesta páxina detállanse outras formas de protección adicionais existentes. As páxinas protexidas adoitan marcarse cun símbolo dun cadeado na esquina superior dereita. Para incluílos nas páxinas emprégase o modelo {{Protexido}}, e a cor destes cadeados representa os diferentes tipos de protección existentes.

Descrición xeral dos tipos de protección

Os administradores teñen a capacidade de aplicar os seguintes tipos de proteccións técnicas nas páxinas:

  • Protección completa: Non permite a edición de ningún usuario, agás dos administradores. Os ficheiros baixo protección completa non poden sobreescribirse por medio dunha nova carga.
  • Semiprotección: Non permite a edición por parte de usuarios anónimos e usuarios non confirmados ou autoconfirmados.
  • Protección fronte a creación: Non permite crear unha páxina determinada (habitualmente unha que fose eliminada previamente).
  • Protección fronte o traslado: Non permite mover a páxina a outro nome para cambiarlle o título.
  • Protección fronte a carga: Non permite cargar novas versións dun ficheiro, agás para os administradores, aínda que prevents new versions of a file from being uploaded except by administrators, aínda que si permite editar a páxina de descrición do ficheiro.

Calquera usuario pode solicitar calquera tipo de protección (agás a protección en serie). Os cambios de protección poden propoñerse páxina de conversa do artigo correspondente ou no taboleiro dos administradores, e un administrador pode levalos a cabo se non son controvertidos ou se hai un consenso para facelos.

Na maioría dos casos os administradores poden retirar a protección dunha páxina se o motivo da súa protección xa non aplica, pasou un período de tempo razoable dende a protección e non hai un consenso que indique que esa protección aínda é necesaria. Hai un rexistro de proteccións e desproteccións dispoñible en Especial:Rexistros/protect

Os usuarios da Wikipedia e a protección e edición de páxinas
  Anónimos e usuarios novos Usuarios autoconfirmados e confirmados Administradores
Sen protección poden editar
Semiprotección non poden editar poden editar
Protección completa non poden editar poden editar

Tipos de protección e aplicacións

Se queres solicitar a protección ou desprotección dunha páxina, vai a Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bloqueos e proteccións.

Protección completa

Protección completa

Só os administradores poden editar as páxinas completamente protexidas. A protección pode ser por un período de tempo especificado ou indefinido. A lapela que habitualmente leva ao modo de edición queda substituída por outra co texto "Ver o código fonte", que permite aos usuarios ver e copiar o texto da páxina. Aos administradores si lles aparece a lapela "Editar", pero verán a caixa de edición cun fondo vermello e un aviso como advertencias.

A protección completa non significa que o administrador estea de acordo cos contidos que haxa nese momento no artigo. As modificacións relevantes feitas nas páxinas con protección completa deben discutirse na páxina de conversa correspondente ou no taboleiro dos administradores. Unha vez acadado o consenso, un administrador procederá a realizar o cambio na páxina protexida.

Disputas sobre o contido

Nas páxinas inmersas nunha guerra de edicións, unha protección completa temporal pode obrigar ás partes a debater as edicións desexadas na páxina de conversa do artigo, axudando na procura dun consenso. Os incidentes illados de guerras de edicións e o comportamento reiterado neste aspecto por parte de usuarios particulares pode ter repercusións tal e como se indica na política de bloqueo correspondente.

Á hora de protexer unha páxina por mor dunha disputa polo contido, os administradores habitualmente protexen a versión actual do mesmo, agás cando esta contén material que viole algunha das políticas de contido, coma por exemplo cando foron obxectivo de vandalismo ou inclúen violacións dos dereitos de autoría ou difamacións a persoas vivas. Xa que a protección da versión máis actual pode "recompensar" á propia guerra de edicións ó establecer unha revisión disputada, os administradores poden revertir a páxina a unha versión previa anterior á propia guerra de edicións, se existe un punto claro como tal. As páxinas protexidas por mor de disputas sobre o contido non se deben editar agás para realizar cambios non controvertidos ou cambios para os que exista un consenso claro.

Pola súa banda, os administradores non deben protexer unha páxina co propósito de apoiar o seu propio punto de vista durante unha disputa sobre o contido da mesma.

Vandalismo

Aplicar a protección completa indefinida a unha páxina como medida preventiva é algo contrario á natureza aberta da Wikipedia e non está permitido por norma xeral cando só existe este motivo. Porén, permítese aplicar un nivel axeitado de protección durante un período de tempo razoable en situacións nas que teña lugar un vandalismo obvio e continuado con moita frecuencia. A duración destas proteccións debe ser o máis curta que sexa posible, co nivel de protección máis baixo que sexa posible para permitir a outros editores produtivos que continuen a realizar cambios construtivos.

Revisión de historial

Cando se precisa unha revisión dunha páxina borrada, só os administradores poden revisar as edicións eliminadas da mesma. Se consideran que pode ser beneficioso permitir a outros usuarios revisar o contido da páxina eliminada, poden restaurar a páxina por un período de tempo determinado, deixándoa en branco ou cunha mensaxe de aviso, e aplicar unha protección completa temporal para evitar máis edicións. Desta forma o contido previo da páxina estará accesible para tódolos editores por medio do historial da mesma.

Nomes xenéricos de ficheiros

Os ficheiros de nome e propósito xenérico, como por exemplo Ficheiro:wiki.png ou Ficheiro:Exemplo.jpg adoitan ter unha protección completa para previr que se carguen novas versións dos mesmos.

Protección permanente

Semiprotección

Semiprotección

Indicacións para administradores

Protección fronte á creación

Protección fronte á creación

Protección fronte ao traslado

Protección fronte ao traslado

Protección fronte á carga

Protección fronte á carga

Protección en serie

Protección de páxinas de conversa

Páxinas de conversa de usuario

Usuarios bloqueados

Protección de páxinas de usuario

Usuarios finados

Protección de modelos e módulos

Véxase tamén