Cefalocáridos: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
arranxiños |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
| subphylum = ''[[Crustacea]]'' |
| subphylum = ''[[Crustacea]]'' |
||
| classis = '''''Cephalocarida''''' |
| classis = '''''Cephalocarida''''' |
||
| classis_authority = [[Howard Sanders|Sanders]], 1955 |
| classis_authority = [[Howard L. Sanders|Sanders]], 1955 |
||
| ordo = '''''Brachypoda''''' |
| ordo = '''''Brachypoda''''' |
||
| ordo_authority = [[Birshteyn]], 1960 |
| ordo_authority = [[Birshteyn]], 1960 |
||
| familia = '''''Hutchinsoniellidae''''' |
| familia = '''''Hutchinsoniellidae''''' |
||
| familia_authority = [[Howard Sanders|Sanders]], 1955 |
| familia_authority = [[Howard L. Sanders|Sanders]], 1955 |
||
| subdivision_ranks = [[Xénero (bioloxía)|Xéneros]] |
| subdivision_ranks = [[Xénero (bioloxía)|Xéneros]] |
||
| subdivision = |
| subdivision = |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2017 ás 00:24
Cefalocáridos Cephalocarida | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
A dos cefalocáridos (Cephalocarida) é unha pequena clase de crustáceos que comprende tan só 10 especies bentónicas, agrupadas na única orde dos braquípodos (Brachypoda), e na súa única familia, a dos hutchisoniélidos (Hutchinsoniellidae),[1] que comprende cinco xéneros.
Foi descuberta en 1955. Non existe rexistro fósil do grupo, aínda que algúns especialistas suxiren un parecido cos crustáceos primitivos.
Cracterísticas
A anatomía dos cefalocáridos é simple, comparada coa doutros crustáceos (especialmente cos malacostráceos). O seu tamaño é moi pequeno, de entre 2 e 4 mm de lonxitude. O corpo é longo, comprimido na zona cefálica, sen ollos compostos, cun tórax dividido en oito segmentos con apéndices birrámeos, sen maxilípedos, e un abdome con once segmentos, no último dos cales articúlase o telson, pero nom outros apéndices.
O segundo par de maxilas garda semellanza cos apéndices torácicos. Os ollos están incluídos no exoesqueleto, o cal dificulta a súa apreciación.
Ecoloxía
Os cefalocáridos son todos mariños e bentónicos. Habitan desde a zona intermareal até unha profundidade de 1 500 m, sobre todo tipo de sedimentos. Aliméntanse de detritos mariños, para cuxa captación xeran correntes cos apéndices torácicos, como os branquiópodos.
Taxonomía
Descrición
A clase foi descrita en 1955 polo zoólogo estadounidense Howard L. Sanders especialista en ecoloxía béntica oceánica.
Etimoloxía
Clasificación
Segundo o WoRMS e máis o ITIS, a clasificación dos cefalocáridos, até o nivel de xénero é a seguinte:[2] [3]
Clase Cephalocarida Sanders, 1955
- Orde Brachypoda Birshteyn, 1960
- Familia Hutchinsoniellidae Sanders, 1955 [4]
- Xénero Chiltoniella Knox & Fenwick, 1977
- Xénero Hampsonellus Hessler & Wakabara, 2000
- Xénero Hutchinsoniella Sanders, 1955
- Xénero Lightiella Jones, 1961
- Xénero Sandersiella Shiino, 1965
- Familia Hutchinsoniellidae Sanders, 1955 [4]
Filoxenia
Os Remipedia e os Cephalocarida forman parte dun clado denominado Xenocarida. Os xenocáridos propuxéronse como o clado irmán dos Hexapoda.[5] [6] [7]
Notas
- ↑ Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
- ↑ Cephalocarida no WoRMS.
- ↑ Cephalocarida Sanders, 1955 no ITIS.
- ↑ Cephalocarida no Tree of Life.
- ↑ Jerome C. Regier, Jeffrey W. Shultz, Andreas Zwick, April Hussey, Bernard Ball, Regina Wetzer, Joel W. Martin & Clifford W. Cunningham (2010). "Arthropod relationships revealed by phylogenomic analysis of nuclear protein-coding sequences". Nature 463 (7284): 1079–1083. PMID 20147900. doi:10.1038/nature08742.
- ↑ David R. Andrew (2011). "A new view of insect–crustacean relationships II. Inferences from expressed sequence tags and comparisons with neural cladistics". Arthropod Structure & Development 40: 289–302. doi:10.1016/j.asd.2011.02.001.
- ↑ Bjoern M. von Reumont, Ronald A. Jenner, Matthew A. Wills, Emiliano Dell'Ampio, Günther Pass, Ingo Ebersberger, Benjamin Meyer, Stefan Koenemann, Thomas M. Iliffe, Alexandros Stamatakis, Oliver Niehuis, Karen Meusemann & Bernhard Misof (2012). "Pancrustacean phylogeny in the light of new phylogenomic data: support for Remipedia as the possible sister group of Hexapoda" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 29 (3): 1031–1045. PMID 22049065. doi:10.1093/molbev/msr270.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cefalocáridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cefalocáridos |
Bibliografía
- Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Cephalocarida no WoRMS.
- Cephalocarida Sanders, 1955 no ITIS.
- Cephalocarida no Tree of Life.
- Class Cephalocarida Sanders 1955 en Fossilworks.
- Cephalocarida na ADW.
- Cephalocarida na EOL.
- Cephalocarida no NCBI.