Bande, Bande: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: contaba con → tiña
Liña 11: Liña 11:
|entidades = 9
|entidades = 9
}}
}}
'''San Pedro de Bande''' é unha parroquia do concello de [[Bande]], na [[comarca da Baixa Limia]], [[provincia de Ourense]]. No ano [[2007]] contaba con 1 134 habitantes, dos cales 523 eran homes e 611 mulleres.
'''San Pedro de Bande''' é unha parroquia do concello de [[Bande]], na [[comarca da Baixa Limia]], [[provincia de Ourense]]. No ano [[2007]] tiña 1 134 habitantes, dos cales 523 eran homes e 611 mulleres.


== Bande na literatura popular galega ==
== Bande na literatura popular galega ==

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2017 ás 00:31

Bande
Casa do concello de Bande.
ConcelloBande
Coordenadas42°01′54″N 7°58′46″O / 42.0316271, -7.9795508Coordenadas: 42°01′54″N 7°58′46″O / 42.0316271, -7.9795508
Poboación1 134 hab. (2007)
Entidades de poboación9
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Bande é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 1 134 habitantes, dos cales 523 eran homes e 611 mulleres.

Bande na literatura popular galega

  • Andivécheste alaudando/ por Recarei e por Bande/ que te querían as mozas:/ ai, que mentira tan grande! [1].
  • Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [2].
  • Heime de casar en Crasto,/ en Crasto me casarei;/ se me non casar en Crasto/ casareime en Recarei [3].
  • O gaiteiro da Gudiña/ e mais o da Martiñá/ andan en pleito co vento/ e non sei quen gañará [4].
  • Qué estriga teño na roca!/ Que mazaroca farei!/ Que lindos mozos eu teño/ no lugar de Recarei [5].
  • Vexo Sarreaus, vexo Bande,/ tamén vexo Recarei,/ vexo Calvos, vexo a Granxa,/ terriña onde me eu criei [6].
  • Viva Bande, viva Bande,/ viva tamén Recarei,/ viva o lugar de Silvares/ que foi onde me eu criei [7].

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Bande

Lugares da parroquia de Bande no concello de Bande na Provincia de Ourense

Bande | Buxán | Lueda | Martiñán | Recarei | Sarreaus | Seoane | Sordos | Vilameá

Parroquias de Bande

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Bande

Bande (San Pedro) | Os Baños (San Xoán) | Cadós (Santiago) | Calvos (Santiago) | Carpazás (San Pedro) | Corvelle (Santa María) | Garabelos (San Xoán) | Güín (Santiago) | Nigueiroá (Santiago) | O Ribeiro (San Pedro Fiz) | Santa Comba (San Trocado) | Vilar (San Pedro Fiz)


Notas

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 39. Recarei e Bande son lugares da parroquia e concello de Bande.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88. No orixinal: casaréime. Refírese a Castro Leboreiro, xa en Portugal; Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 117. Martiñán é lugar da parroquia e concello de Bande.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 137). Unha estriga é un pequeno feixe de liño que se pon na roca para fiar. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. Sarreaus, Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; A Granxa pertence á parroquia de Santiago de Cadós; e Santiago de Calvos é unha parroquia propia, todos eles no concello de Bande.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; Silvares é lugar de San Mamede de Grou, Lobios.

Véxase tamén

Outros artigos