Andrade, Pontedeume: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios
m →‎top: Arranxos varios, replaced: contaba con → tiña
Liña 13: Liña 13:
}}
}}
[[Ficheiro:Igrexa de Andrade ábsida.JPG|miniatura|dereita|250px|[[Ábsida]] da [[Igrexa de San Martiño de Andrade|igrexa de San Martiño]]]]
[[Ficheiro:Igrexa de Andrade ábsida.JPG|miniatura|dereita|250px|[[Ábsida]] da [[Igrexa de San Martiño de Andrade|igrexa de San Martiño]]]]
'''San Martiño de Andrade''' é unha parroquia que se localiza no sur do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Pontedeume]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 401 habitantes (207 mulleres e 194 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 467 habitantes.
'''San Martiño de Andrade''' é unha parroquia que se localiza no sur do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Pontedeume]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 401 habitantes (207 mulleres e 194 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 467 habitantes.


O peso desta parroquia na economía do concello é importante xa que no lugar d[[O Vidreiro, Andrade, Pontedeume|o Vidreiro]] se sitúa o [[polígono industrial]] de Pontedeume.
O peso desta parroquia na economía do concello é importante xa que no lugar d[[O Vidreiro, Andrade, Pontedeume|o Vidreiro]] se sitúa o [[polígono industrial]] de Pontedeume.

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2017 ás 00:27

Coordenadas: 43°22′57″N 08°09′46″O / 43.38250, -8.16278

Andrade
ConcelloPontedeume
Coordenadas43°22′57″N 8°09′46″O / 43.3825, -8.16277778Coordenadas: 43°22′57″N 8°09′46″O / 43.3825, -8.16277778{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación401 hab. (2013)
Entidades de poboación12
editar datos en Wikidata ]
Ábsida da igrexa de San Martiño

San Martiño de Andrade é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Pontedeume. Segundo o IGE en 2013 tiña 401 habitantes (207 mulleres e 194 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 467 habitantes.

O peso desta parroquia na economía do concello é importante xa que no lugar do Vidreiro se sitúa o polígono industrial de Pontedeume.

Historia

Os documentos máis antigos que se conservan fan referencia a Andrade como vila, como couto e como igrexa. O primeiro deles data do 1 de abril de 1102 e fai referencia a unha doazón que fai o cóengo de Caaveiro, Bermudo Fortuniz, dunha servicialía na vila de Andrade.

Un dos primeiros Andrade, Pedro Bermúdez de Andrade, aparece en dous documentos facendo doazóns ou vendas ao mosteiro de Caaveiro. No primeiro deles, de 1204, cede ao mosteiro a súa parte da ecclesia de San Martiño de Andrade. Noutro de 13 de decembro de 1223 vende ao mosteiro as súas posesións, tanto herdades como persoas, no couto de Andrade.

O historiador César Vaamonde Lores demostrou documentalmente que a Casa de Andrade, con anterioridade ao castelo que construíu Fernán Pérez de Andrade, O Boo, en terras de Nogueirosa, xa posuía outro castelo que, segundo este historiador, achábase na parroquia de San Martiño de Andrade, berce desta liñaxe.

Afonso X o Sabio asina en 1270 a Carta de Poboamento da vila de Pontedeume. Neste documento non se inclúe no alfoz de Pontedeume o couto de Andrade, a pesar da súa proximidade á vila, por permanecer en posesión da Casa de Andrade.

Cando, un século despois, Pontedeume pasa a formar parte dos dominios dos Andrade, o couto de Andrade segue a ter entidade propia. Así, aparece mencionado expresamente na relación de posesións de Fernán Pérez de Andrade, O Mozo, que fai Vasco da Ponte en 1515. Porén, desde a construción do castelo en Nogueirosa e o pazo dos Andrade na vila de Pontedeume, a parroquia de Andrade foi perdendo protagonismo.

Mesmo eclesialmente minguou a súa importancia xa que pasou a ser unha parroquia anexa á de Nogueirosa. En 1871 comeza a depender da parroquia de Vilar ata acadar o recoñecemento como parroquia de seu.

Patrimonio

A igrexa parroquial de San Martiño ten fachada barroca e ábsida románica, procedente dun templo anterior. Tamén é románica unha parte do muro norte.

Lugares e parroquias

Lugares de Andrade

Lugares da parroquia de Andrade no concello coruñés de Pontedeume

O Barreiro | A Campanilla | Campolongo | Os Castros | Covés | Os Loureiros | Ogrobe | Pazos | A Pía | A Regueira | Valdeviñatos | O Vidreiro

Parroquias de Pontedeume

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía