Jaime Pita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios using AWB
m Bot: Substitución da categoría "Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG" pola categoría "Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG"; cambios estética
Liña 1: Liña 1:
'''Jaime Alberto Pita Varela''', nado en [[Betanzos]] o [[13 de xuño]] de [[1944]], é un político galego do [[Partido Popular]], e foi vicepresidente segundo do [[Parlamento de Galicia]] no último mandato do [[Manuel Fraga Iribarne|fraguismo]].

==Traxectoria==
== Traxectoria ==
É neto de [[Claudino Pita Pandelo]], o construtor orixinal do famoso [[globo de Betanzos]]. Estudou Técnicas Directivas nas universidades de [[Universidade de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]] e de [[Universidade de Navarra|Navarra]], accedendo por oposición á praza de profesor de [[bacharelato]].

Liña 15: Liña 15:

{{ORDENAR:Pita Varela, Jaime}}
{{ORDENAR:Pita Varela, Jaime}}

[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Conselleiros da Xunta]]
[[Categoría:Conselleiros da Xunta]]
[[Categoría:Nados en Betanzos]]
[[Categoría:Nados en Betanzos]]

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2017 ás 08:48

Jaime Alberto Pita Varela, nado en Betanzos o 13 de xuño de 1944, é un político galego do Partido Popular, e foi vicepresidente segundo do Parlamento de Galicia no último mandato do fraguismo.

Traxectoria

É neto de Claudino Pita Pandelo, o construtor orixinal do famoso globo de Betanzos. Estudou Técnicas Directivas nas universidades de Santiago de Compostela e de Navarra, accedendo por oposición á praza de profesor de bacharelato.

En 1983 presentouse coma candidato á alcaldía de Betanzos, por Alianza Popular. A pesar da derrota, obtivo o cargo de concelleiro, que revalidaría nos anos 1987, 1991 e 1995 (nas dúas últimas ocasións xa baixo as siglas do Partido Popular). Igualmente, e dende 1989, compaxinou esta labor coa de deputado no Parlamento de Galicia, do que fixo parte dende a III lexislatura, e no que foi voceiro do Partido Popular nas lexislaturas V e VI. De marcado conservadorismo, cómpre salientar deste período as súas rifas verbais coa oposición, especialmente con Xosé Manuel Beiras, voceiro do Bloque Nacionalista Galego.

En 1999 foi nomeado Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas, no terceiro goberno de Manuel Fraga, razón pola que dimitiu coma concelleiro de Betanzos. Mantivo o cargo no seguinte goberno da Xunta ata o ano 2005.

Predecesor:
Dositeo Rodríguez
 
Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas
 
1999 - 2005
Sucesor:
José Luis Méndez Romeu