Literatura xuvenil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
Arranxos
RubenWGA (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:
* [[Conto de fadas]]
* [[Conto de fadas]]
* [[Conto]]
* [[Conto]]

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Xéneros literarios]]
[[Categoría:Xéneros literarios]]
[[Categoría:Literatura]]
[[Categoría:Literatura]]

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2017 ás 00:33

A literatura xuvenil é aquela especialmente dirixida a lectores que atravesan a mocidade, aínda que non exclusivamente.[1] Este concepto vai a miúdo unido ao de literatura infantil, enunciándose como literatura infantil e xuvenil, aínda que gardan algunhas características diferenciadoras entre eles.

A este tipo de literatura quíxose tradicionalmente dar unhas funcións tanto de entretemento, como didáctica e de formación do hábito lector.[2]

Os temas tratados na literatura xuvenil non difiren en moito dos da literatura de adultos (amor, traxedia, guerra...) aínda que se lles dá un tratamento bastante máis lineal tanto a estes como aos personaxes, sendo estes últimos de pouca variabilidade psicolóxica. Esta interiorización minimízase dando maior importancia á acción que á caracterización psicolóxica dos personaxes. Así mesmo, os personaxes adoitan ser creados para que o público lector poida identificarse con eles, especialmente os protagonistas.[3] Con todo, algúns autores sinalaron o conveniente de que esta literatura, polo seu carácter de experiencia e a influencia que ten nos lectores, ha de elixir coidadosamente os seus temas. Neste sentido, adóitase sinalar como tema xenérico a procura de identidade do protagonista, á vez que a identificación do lector con el.[4]

Linguaxe

O vocabulario deste tipo de literatura é amplo, e adoita fuxirse de palabras afastadas do uso cotián, así como de recursos literarios difíciles. Ese léxico adecuado pode ademais incidir no seu aspecto máis didáctico na formación do vocabulario do lector.[2] Neste sentido, a miúdo atopamos que as editoriais dividen as súas coleccións de literatura xuvenil por idades, atendendo a este factor. O obxectivo da literatura xuvenil non é máis que a escapada, a gratificación instantánea, a nostalxia e ser algo agradable.

Notas

  • Johar, Hayat. La literatura juvenil sólo es para jóvenes y adultos. 

Véxase tamén

Outros artigos