Pai: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m elimino a Categoría:Socioloxía; engado a Categoría:Familia mediante HotCat
Liña 24: Liña 24:
*[[Nai]]
*[[Nai]]


[[Categoría:Socioloxía]]
[[Categoría:Familia]]

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2017 ás 09:58

Pai dando de beber ao seu fillo.

Pai[1] (do latín pater, patris) é, nun contexto biolóxico, aquel ser vivo de sexo masculino que ten descendencia directa. O termo recíproco é «fillo».

O termo hebreo ʼav e o grego pa‧tḗr úsanse con varios sentidos: como proxenitor, cabeza dunha casa ou familia ancestral, antepasado, orixinador dunha nación, fundador dunha clase ou profesión, protector, orixinador de algo e como expresión de respecto.

En organismos asexuados, pai tamén pode significar nai, no caso dos organismos unicelulares que se reproducen por división, o pai é unha célula que se divide para producir células «fillas».

Comunmente o pai cumpre un rol moi importante dentro do desenvolvemento dos nenos, o título de pai tamén pode ser dado a aquel home que cumpra este papel sen estar emparentado biolóxicamente co neno ou nena. Maiormente isto ocorre con homes que adoptaron nenos ou con homes casados con mulleres que previamente procrearan descendencia. O termo tamén se pode referir a unha persoa á cal identifícaselle co estereotipo de pai.

A determinación dos lugares atribuídos á paternidade foron imposicións sociais e culturais que forón cambiando co tempo.

Anualmente celébrase o día do pai en moitas partes do mundo. Nos países católicos celébrase o 19 de marzo, festividade de San Xosé, pai putativo de Xesús de Nazaret.

«Papá», «papa», «papi», «papito», «pa»... son expresións típicamente familiares utilizadas para referirse a un pai. Coloquialmente tamén se usa en varios países a expresión «o meu vello» para referirse ao propio pai.[Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos