Diferenzas entre revisións de «Queixo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Corrixiuse o xénero do topónimo "Asia".
(Corrixiuse o xénero do topónimo "Asia".)
== Aspectos culturais ==
[[Ficheiro:Betanzos-feira-05.jpg|miniatura|Queixos galegos na feira de [[Betanzos]]|miniatura]]
O queixo non ten unha presenza significativa na cociña asiática, nin como alimento diario, nin como ingrediente noutros pratos. A razón foi estudada polo [[antropoloxía|antropógo]] [[EEUU|estadounidense]] [[Marvin Harris]], quen recoñece que o seu rexeitamente ten unha orixe [[xenética]] (o predominio xenético da [[intolerancia á lactosa]] na poboación adulta, que en cambio é escaso na poboación indoeuropea), aínda que non rexeita atoparlle á súa vez unha causa ecosocial: {{cita|China nunca aceptou os produtos lácteos. Os chineses consideran co leite é unha secreción noxenta e que beberse un vaso é como beber un vaso de saliva. Preto do 90% dos chineses e dos pobos non gandeiros habitantes da Asia oriental carecen de [[lactase]] suficiente para dixerir leite sen fermentar na idade adulta. Pero obsérvese que a resposta á pregunta de por que os chineses aborrecen o leite non pode ser sinxelamente que é porque lles fai dano. Se adoptasen a produción de leite como unha modalidade de produción de alimentos, os chineses, do mesmo xeito cos habitantes doda Asia meridional, poderían superar con facilidade a súa insuficiencia de lactosa, consumindo fermentados... A resposta está relacionada coa diferenza entre as limitacións e as oportunidades ecolóxicas dos hábitats chinés e indio, e debe darse en termos de selección cultural, e non de selección natural... China, para conseguir os animais de tracción que necesitaba, dependía do comercio cos pastores do interior de [[Asia]]. Por esta razón os agricultores chineses non tiñan motivos para criar vacas nos seus pobos. Se non hai vacas, non pode haber leite nin cociña baseada nela... Na China os [[porco]]s ocupan o principal nicho cárnico... a carne e o touciño de porco son á cociña chinesa o que o leite e a manteiga á india''.<ref>HARRIS, Marvin (1991) ''Nuestra Especie'', "Por una vez, los genes" pg. 163-166 Madrid, Alianza. ISBN 84-206-9633-1</ref>}}
 
Malia iso, na [[China]] actualmente o consumo está a medrar notablemente, multiplicándose por dous as vendas entre [[1996]] e [[2006]].<ref>Rebecca Buckman (2003). "Let Them Eat Cheese" (Deixémoslle comer queixo). Far Eastern Economic Review 166 n. 49: 41 [http://www.globalpolicy.org/globaliz/cultural/2003/1211chinacheese.htm Artigo enteiro]. (inglés)</ref>) Un alimento tradicional chinés é o ''[[tofu|tōfu]]'', cuxa fabricación e textura son moi semellantes ás do queixo, pois consiste na coagulación do leite de [[soia]] (a base de soia e auga). O ''tōfu'' é comunmente chamado "queixo chinés". Noutras partes de [[Asia]] pódese atopar fabricado con leite de [[iak]], ou ata de [[egua]] nas [[Siberia|chairas siberiás]], no ''ema datsi'', o prato típico de [[Bután]], a base de queixo caseiro e [[Capsicum|chile]]; ou na [[India]], onde se usa unha variedade chamada ''[[paneer]]'' para acompañar ao [[curry]].
20.590

edicións

Menú de navegación