Diferenzas entre revisións de «Serra da Enciña da Lastra»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
 
== Xeoloxía ==
Os terreos de natureza [[calcaria]], moi restrinxidos a nivel galego, atópanse principalmente na Serra da da Enciña da Lastra onde forman unha unidade coas áreas veciñas do [[Bierzo]], que se inclúe xeográficamente na zona xeolóxica ástur-occidental leonesa. Trátase do dominio da denominada calcaria da Aquiana, de tipo marmóreo e natureza recifal, estratificación pouco marcada e en ocasións totalmente dolomitizada.(ref) Debido á súa natureza, estas calcarias presentan restos fósiles de briozoos e outros organismos do período [[ordovícico]], testemuñas dunha época en que esta zona se encontraba somerxida baixo o mar. A área é altamente singular no ámbito galego, desde os puntos de vista xeomorfolóxico, ecolóxico e paisaxístico, polo gran desenvolvemento, extensión e pendente que alcanzan os cortados calcarios, que chegan a superar os 200 m de altura e teñen a súa mellor representación no '''estreito do Covas''', na '''pena Falcoeira''' e nos '''penedos de Oulego'''. Así mesmo, aquí atópase o mellor exemplo de morfoloxía cársticacárcastica de Galicia, albergando a maior rede de covas e simas da Comunidade Autónoma, entre as que destacan as existentes nas inmediacións de Covas e Biobra, non afectadas polo encoro. Por outra parte, a parte inferior das vertentes da serra está constituída por lousas e cuarcitas. A este nivel, son elementos xeomorfolóxicos relevantes os conos de dexección e os depósitos detríticos de lousas, cuarcitas e calcarias, presentes en Covas e no seu contorno. A elevada singularidade do espazo natural foi tida en conta polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España ao incluír parte da área no Punto de Interese Xeolóxico "Minas de Pintura" (PIG OR-3), que, ademais dun depósito [[Silúrico|presilúrico]] de limonita situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico, inclúe o estreito de Covas e o macizo calcario de Penarrubia.
 
== Flora e fauna ==
No parque natural áchanse unha ampla variedade de especies animais e vexetais raras, ameazadas e de distribución marxinal ou moi restrinxida en territorio galego. A situación xeral da serra da Enciña da Lastra atópase bioxeograficamente na [[conca do Mediterráneo|rexión mediterránea]], limitando coa [[rexión eurosiberiana]] (rexión na que se encadra a meirande parte de Galicia), e adscríbese coroloxicamentecronoloxicamente ao subsector berciano do sector ourensano-sanabrés, pertencente á provincia carpetano-ibérico-leonesa. Os fondos do [[val]] correspóndense co [[mesomediterráneo|piso mesomediterráneo]], caracterizado pola presenza de bosques de esclerófilos, como as [[aciñeira]]is, cuxos elementos se entremesturan cos do [[supramediterráneo|piso supramediterráneo]] nos cumios da serranoserra no que priman os bosques de coníferas ou de especies marcescentes, como as quercíneas ([[aciñeira]] (Quercus ilex), [[acivro]] (Ilex aquifolium) e [[sobreira]] (Quercus suber).
 
=== Flora ===
=== Fauna ===
[[Ficheiro:Egyptian vulture in flight.jpg|miniatura|left220px|O [[voitre branco]] ten no parque o seu único punto regular de nidificación en Galicia]]
A existencia de grandes cortados calcarios, a abundancia de froitos carnosos en espiñeirais, os ambientes agropecuarios ben integrados e, en suma, a elevadísimaelevada diversidade de hábitats nunha área de transición bioclimática son determinantes da existencia da comunidade de aves nidificantes máis rica e senlleira de [[Galicia]], con máis de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no ámbito galego e unha rica comunidade de [[aves rapaces]]. Entre as derradeiras sobresae a presenza de polo menos 21 especies, incluíndo entre as nidificantes (12 especies diúrnas e 6 nocturnas) o [[voitre branco]] (''Neophron percnopterus'') (unha das 2 únicas parellas que crían en Galicia de xeito regular (2007, 2008, 2009)<ref>http://www.seo.org/media/docs/31alimo.pdf El alimoche común en España acceso 02/01/2012</ref>), a [[aguia real]] (''Aquila chrysaetos'') (1 parella<ref>http://www.seo.org/media/fotos/32_Aguilareal.pdf El águila real en España acceso 02/01/2012</ref>), a [[aguia cobreira]] (''Circaetus gallicus'') (2-3 parellas), a [[aguia calzada]] (''Hieraaetus pennatus'') (2-3 parellas), o [[falcón peregrino]] (''Falco peregrinus'') (3 parellas), e o [[bufo real]] (Bufo bufo) (1 parella). Tamén se rexistrou a presenza da [[aguia perdigueira]] (''Hieraaetus fasciatus''), moi rara en Galicia. Ademais, entre a avifauna rupícola reprodutora están a [[pomba das rochas]] (''Columba livia'') (maior poboación galega), o [[andoriñón real]] (''Apus melba'') (13 parellas e única poboación no interior de Galicia), a [[andoriña dos penedos]] (''Ptyonoprogne rupestris''), a [[andoriña dáurica]] (''Hirundo daurica''), o [[merlo rubio]] (''Monticola saxatilis''), e o [[merlo solitario|solitario]] (''Monticola solitarius''), o [[corvo]] (''Corvus corax''), a [[gralla pequena]] (''Corvus monedula''), e a [[choia biquivermella]] (''Pyrrhocorax pyrrhocorax'') (10-15 parellas e poboación non reprodutora de máis de 100-150 exemplares, un dos mellores puntos de Galicia), notándose tamén neste mesmo medio a presenza invernal dos pouco comúns [[azulenta alpina]] (''Prunella collaris''), e [[gabeador vermello]] (''Tichodroma muraria''). Hai unha variada mestura de avifauna eurosiberiana e mediterránea, ligada a aciñeirais, soutos, espiñeirais e matogueiras, con numerosas especies de distribución bioxeográfica marxinal, moi localizada ou mesmo única na Comunidade Autónoma, como o [[picanzo cabecirrubio]] (''Lanius senator''), o [[papamoscas cincento]] (''Muscicapa striata''), o [[rabirrubio de testa branca]] (''Phoenicurus phoenicurus''), a [[papuxa carrasqueira]] (''Sylvia cantillans''), a [[papuxa real]] (''Sylvia hortensis''), o [[pardal das rochas]] (''Petronia petronia''), ou o [[bicogroso]] (''Coccothraustes coccothraustes''). Hai un pequeno continxente de aves acuáticas no encoro de Penarrubia, entre as que cabe mencionar, como invernantes, o [[mergullón cristado]] (''Podiceps cristatus''), e o [[pato cristado]] (''Aythya fuligula'').
 
A lista de [[mamífero]]s do parque [[provincia de Ourense|ourensán]] é das máis completas de [[Galicia]], estando confirmada a presenza de 39 especies, aínda que se podería chegar ás 50 cunha prospección máis detallada, segundo se desprende do próximo da área de distribución e dos requirimentos de hábitat dalgúns posibles compoñentes. É ben coñecida e do máximo interese a riqueza da comunidade de [[quiróptero]]s, dos que están presentes polo menos 9 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galicia, como o [[morcego mediterráneo de ferradura]] (''Rhinolophus euryale''), o [[morcego das ribeiras]] (''Myotis daubentonii''), o [[morcego das covas]] (''Miniopterus schreibersii'') (con importante poboación a nivel estatal), ou o [[morcego rabudo]] (''Tadarida teniotis''). Tamén é destacable a variedade e abundancia de [[carnívoro]]s, entre os que cabe citar o [[gato bravo]] (''Felis sylvestris''), a [[lontra]] (''Lutra lutra''), o [[armiño]] (''Mustela erminea''), o [[teixugo]] (''Meles meles''), o [[Furón bravo|tourón]] (''Mustela putorius''), e a [[garduña]] (''Martes foina''). Menos frecuente é o [[lobo]] (''Canis lupus''), que parece presentarse ocasionalmente na zona. O [[oso pardo europeo|oso pardo]] (''Ursus arctos''), existente polo menos ata o [[século XIX]], visitou novamente estas serras nos últimos anos nalgunhas ocasións. Os grandes [[herbívoro]]s do parque son o [[corzo]] (''Capreolus capreolus''), e o [[xabaril]] (''Sus scrofa''), que acadan boas densidades e ocupan sobre todo os [[aciñeira]]is.
4.115

edicións

Menú de navegación