Sledda de Essex: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
retiro marcador de en uso
Servando2 (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Nados en 587 mediante HotCat
Liña 11: Liña 11:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* Yorke, Barbara. "The Kingdom of the East Saxons." Anglo-Saxon England 14 (1985): 1-36.
* Yorke, Barbara. "The Kingdom of the East Saxons." Anglo-Saxon England 14 (1985): 1-36.
[[Categoría:Nados en 587]]
[[Categoría:Finados en 604]]
[[Categoría:Finados en 604]]
[[Categoría:Reis de Essex]]
[[Categoría:Reis de Essex]]

Revisión como estaba o 17 de marzo de 2017 ás 08:25

Sledd (ou Sledda) foi rei de Essex a finais do século VI, posibelmente entre 587 ? - c. 604. Sábese moi pouco sobre el.

Traxectoria

Unha xenealoxía saxoa oriental preservada na British Library Add. MS 23211, posibelmente de finais do século IX, faino fillo e sucesor do rei Æscwine. Os historiadores (posteriores á conquista) Henrique de Huntingdon na súa Historia Anglorum, Roger de Wendover na Flores Historiarum e Mateo de París na Chronica Majora dan o nome Eorcenwine (Erkenwine, Erchenwine) como o do seu pai. Aínda que o seu testemuño está afastado por séculos do floruit de Sledd floruit, considérase que seguen un material alternativo, previo á Conquista.

A pesar de que Æscwine ou Eorcenwine aparece ás veces en relación coa fundación do reino, algunhas xenealoxías incluídas nas obras de Guillerme de Malmesbury e Xoán de Worcester (Chronicon B) fan de Sledd o primeiro rei de Essex, mentres que as xenealoxías de Add. MS 23211 usan a Sledd como o seu punto de converxencia. Isto suxire que Sledd pode ser considerado como o fundador da casa real dos saxóns orientais. En ningunha autoridade recoñecida, como Roger de Wendover ou Mateo de París se afirma que Sledd sucedeu directamente ao seu pai á súa morte en 587.

Sledd casou con Ricula, irmá do rei Æthelberht de Kent. Foi pai de Sæberht, cuxo goberno empezou en c. 604, e doutro fillo, Seaxa cuxos descendentes suplantaron aos de Sæberht a mediados do século VIII. Este Seaxa é quizais o mesmo que Seaxbald, pai do rei Swithelm, de ubicación descoñecida dentro de familia real, mais Yorke considera isto improbábel sobre bases cronolóxicas.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Yorke, Barbara. "The Kingdom of the East Saxons." Anglo-Saxon England 14 (1985): 1-36.