Diferenzas entre revisións de «Panteón de Galegos Ilustres»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sem resumo de edição
Neste lugar descansan os restos de varios personaxes galegos da máxima relevancia. A primeira en ser trasladada alí foi [[Rosalía de Castro]], o 25 de maio de [[1891]], seis anos despois da súa morte e trasladada desde o cemiterio de Adina (en [[Iria Flavia, Padrón]]). O seu mausoleo é obra de Jesús Landeira Iglesias.
 
O seguinte foi [[Alfredo Brañas]], en [[1900|1906]], colocado fronte a Rosalía, coa intención de fortalecer un proxecto de mausoleo para persoeiros destacados de Galicia. En [[1961]] foi enterrado o escultor [[Francisco Asorey]], o chamado ''escultor da raza'', inhumado directamente no Panteón, e o 12 de agosto de [[1967]], [[Ramón Cabanillas]], que foi trasladado desde o cemiterio de [[Cambados]].
 
O 28 de xuño de [[1984]] o Panteón recibiu os restos do político, escritor e debuxante [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]], que fora trasladado desde [[Buenos Aires]] onde morreu en [[1950]]. O seu mausoleo atópase nunha capela anexa á principal, a do Santo Cristo, que é a máis antiga da igrexa.
Usuario anónimo

Menú de navegación