Matraz volumétrico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Creada como tradución da páxina "Matràs aforat"
 
Liña 12: Liña 12:


Por causa da modificación do volume dos líquidos e do vidro cos cambios de temperatura, cómpre volver calibrar o material volumétrico cando vaia ser empregado a unha temperatura diferente daquela para a que foi calibrado. A calibración feita polo fabricante non se debe tomar por infalible, senón que debe ser comprobada para ter a seguridade de que a graduación está dentro das tolerancias esixidas polo traballo que se vai realizar.{{Commonscat}}
Por causa da modificación do volume dos líquidos e do vidro cos cambios de temperatura, cómpre volver calibrar o material volumétrico cando vaia ser empregado a unha temperatura diferente daquela para a que foi calibrado. A calibración feita polo fabricante non se debe tomar por infalible, senón que debe ser comprobada para ter a seguridade de que a graduación está dentro das tolerancias esixidas polo traballo que se vai realizar.{{Commonscat}}

[[Categoría:Material de vidro do laboratorio]]

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2017 ás 21:32

Matraz volumétrico de pírex de 10 ml de capacidade

Un matraz volumétrico é un recipiente de vidro de laboratorio con forma de pera, fondo plano e un colo longo e fino, que se emprega normalmente para preparar solucións de concentración coñecida.


Adoitan fabricarse con materiais como o vidro, o vidro de borosilicato ou o polipropileno. Algúns contan cunha marca gravada ao redor do colo que indica un determinado volume de líquido, que é o contido a unha temperatura específica (habitualmente 20 °C); neste caso trátase dun matraz graduado para conter. Outros calíbranse para verter un volume determinado de líquido, tamén a unha temperatura determinada, baixo condicións específicas. Os primeiros son os máis frecuentes, xa que a exactitude dos matraces empregados para verter é menor, dada a dificultade para facelo sempre da mesma forma, e a factores tales como a diferente volatilidade ou viscosidade dos líquidos empregados.

A marca de volume rodea todo o colo de vidro, o que facilita determinar con precisión cando o líquido chega ata ela. A forma máis adecuada de medir volumes é facer chegar o líquido ata que a parte inferior do menisco estea tanxente á marca. O colo estreito do matraz permite aumentar a exactitude da medición, pois un pequeno cambio no volume produce un considerable aumento na altura do líquido.

Este tipo de matraces preséntanse en volumes que van desde os 10 ml ata os 2 l. Úsanse principalmente para preparar disolucións de concentración coñecida e exacta, seguindo un procedemento que comeza pesando a cantidade de soluto que se precisa, verténdoo no matraz e engadíndolle o disolvente ata un volume menor ca a súa capacidade. A seguir, disólvese ben o soluto e énchese o matraz ata a marca de volume (operación coñecida como "rasar").

Por causa da modificación do volume dos líquidos e do vidro cos cambios de temperatura, cómpre volver calibrar o material volumétrico cando vaia ser empregado a unha temperatura diferente daquela para a que foi calibrado. A calibración feita polo fabricante non se debe tomar por infalible, senón que debe ser comprobada para ter a seguridade de que a graduación está dentro das tolerancias esixidas polo traballo que se vai realizar.