Frigoría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 3 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1086691
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1: Liña 1:
A '''frigoría''' (símbolo: '''fg''') é unha unidade de enerxía informal para medir a absorción de enerxía térmica. Equivale a una [[quilocaloría]] negativa. Podería definirse, como extensión da definición de quilo[[caloría]] do [[Sistema técnico de unidades|Sistema Técnico]], como a enerxía que se precisa para reducir 1 ºC de temperatura dun [[quilogramo]] de [[auga]] a 15,5 [[grao Celsius|°C]], a presión atmosférica normal. A pesar do seu uso, a unidade non existe no [[Sistema técnico de unidades|Sistema Técnico]].
A '''frigoría''' (símbolo: '''fg''') é unha unidade de enerxía informal para medir a absorción de enerxía térmica. Equivale a una [[quilocaloría]] negativa. Podería definirse, como extensión da definición de quilo[[caloría]] do [[Sistema técnico de unidades|Sistema Técnico]], como a enerxía que se precisa para reducir 1 °C de temperatura dun [[quilogramo]] de [[auga]] a 15,5 [[grao Celsius|°C]], a presión atmosférica normal. A pesar do seu uso, a unidade non existe no [[Sistema técnico de unidades|Sistema Técnico]].


== Usos e aplicacións ==
== Usos e aplicacións ==

Revisión como estaba o 14 de marzo de 2017 ás 15:52

A frigoría (símbolo: fg) é unha unidade de enerxía informal para medir a absorción de enerxía térmica. Equivale a una quilocaloría negativa. Podería definirse, como extensión da definición de quilocaloría do Sistema Técnico, como a enerxía que se precisa para reducir 1 °C de temperatura dun quilogramo de auga a 15,5 °C, a presión atmosférica normal. A pesar do seu uso, a unidade non existe no Sistema Técnico.

Usos e aplicacións

Emprégase en sistemas de refrixeración: frigoríficos, aires acondicionados.

Os anglosaxóns utilizan como unidade a BTU (British Thermal Unit: unidade térmica británica), que equivale a 0,252 kcal, é dicir, que unha frigoría (ou quilocaloría) equivale a unhas 4 BTU.

1 quiloxulio equivale a 0,239 frigorías.

A evaporación dun gramo de auga produce unhas 0,540 frigorías.

Unidade de potencia

Erroneamente emprégase a palabra «frigoría» como unidade de potencia, sendo o exacto nese caso frigoría hora (fg/h), que serve para expresar a potencia dun sistema de refrixeración, sendo máis común utilizar o kW para este fin. Un aparato comercial de aire acondicionado doméstico posúe unha capacidade de arrefriamento de aproximadamente entre 2000 e 3000 frigorías/hora. Tamén poden verse comercializados en BTU.

Unha frigoría/hora é equivalente a 1,163 W (vatios), polo tanto un vatio equivale aproximadamente a 0,860 frigorías/hora.