Goto Muñiz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 3: Liña 3:
Naceu arredor do ano [[900]] e antes do ano [[927]] xa casara con [[Sancho Ordóñez]], rei de toda [[reino de Galiza|Galicia]]. Este matrimonio propiciou a Sancho o apoio de grandes magnates galegos para facerse co [[reino de Galicia]] trala morte de [[Froila II]]. Estes apoios foron fundamentais para derrotar os fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en [[Santiago de Compostela]] polo bispo Hermenexildo no ano [[927]]. O irmán de Sancho Ordóñez, [[Afonso IV de León|Afonso IV]], sería coroado en [[León, España|León]].

Goto asinou varios documentos co seu home sobre doazóns e privilexios a prol da Igrexa de Iria Flavia-Santiago de Compostela e en beneficio da nobreza galega.

Trala morte de Sancho Ordóñez, Goto retirouse á vida monacal. Hai testemuños de que residiu no mosteiro de [[Castrelo de Miño]] e no de [[Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil|Santo Estevo de Ribas de Sil]].

Revisión como estaba o 14 de marzo de 2017 ás 15:34

Goto Muñiz ou Gotona Muñoz, nada contra o ano 900 e finada en 964, foi unha raíña consorte de Galicia, filla de Munio Guterrez, señor de Amaía e o monte Ilicino (actual Pico Sacro) e de Elvira Arias, filla de Arias Pérez, conde de Coimbra.

Traxectoria

Naceu arredor do ano 900 e antes do ano 927 xa casara con Sancho Ordóñez, rei de toda Galicia. Este matrimonio propiciou a Sancho o apoio de grandes magnates galegos para facerse co reino de Galicia trala morte de Froila II. Estes apoios foron fundamentais para derrotar os fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en Santiago de Compostela polo bispo Hermenexildo no ano 927. O irmán de Sancho Ordóñez, Afonso IV, sería coroado en León.

Goto asinou varios documentos co seu home sobre doazóns e privilexios a prol da Igrexa de Iria Flavia-Santiago de Compostela e en beneficio da nobreza galega.

Trala morte de Sancho Ordóñez, Goto retirouse á vida monacal. Hai testemuños de que residiu no mosteiro de Castrelo de Miño e no de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Seguiu sendo considerada como raíña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei Ramiro II lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: Domine Gotho Regina.

Nota: Non debe confundirse a raíña Goto Muñiz (século X) coa condesa Goto Núñez González Salvadores (s. XI), pois a segunda foi a esposa de Gonzalo Núñez de Lara, conde de Amaya (Castela).