Santos óleos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Aceite santo"
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:

A pesar do seu desenvolvemento, o seu emprego non se estendeu ó ámbito dos [[Sacramento (relixión)|sacramentos]] e a [[Rito romano|liturxia romana]] senón que quedou no marco da devoción popular, vencellado ó uso das reliquias e outros elementos bendicidos como a auga, o pan, as velas, as flores, e a santuarios e [[Templo|templos]] dedicados ó culto de determinados [[Santo|santos.]] No presente, segue existindo esta práctica, aínda que é moi reducida. Leva á conclusión que sen a unción do espírito santo non hai igrexa.

{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 10 de marzo de 2017 ás 16:39

Aceite santo.

Chámase aceite santo ou santos óleos ou aceite de unción ó aceite bendicido polo bispo na misa crismal e utilizado en diversas cerimonias relixiosas. Tamén serve para primeiras comuñóns, vodas e bautismos

Historia

No xudaísmo e o cristianismo medieval empregouse para consagrar ós reis. No presente, séguese usando na Igrexa católica e na Igrexa Ortodoxa en diversos sacramentos e cerimonias (considérase sacro). Na unción, o aceite trae a dimensión de morte e resurrección.

Os santos óleos no catolicismo son tres: o "Santo Crisma", usado para ordenacións, confirmacións, bautizos e consagración de altares e igrexas; o "Óleo dos Catecúmenos", usado para unxir ós que están a se preparar para o Bautismo; e o "Óleo dos Doentes!, usado no Sacramento da unción dos doentes. Estes óleos conságraos o Bispo de cada diocese na Misa Crismal, que celebra na súa catedral usualmente o Xoves Santo pola mañá. Logo, son distribuídos ás parroquias da súa xurisdición.

O uso de aceite bendicido no bautismo está testemuñado desde o século III en documentos da Igrexa primitiva como as Constitucións apostólicas, a Tradición apostólica e o Eucoloxio de Serapión. O progresivo desenvolvemento da liturxia cristiá deu como resultado o uso dos distintos óleos.

A partir do século IV empregouse tamén outro tipo aceite santo para substituír o uso das reliquias, difíciles de atopar. Impúxose o costume de facer traer o aceite bendicido que ardía día e noite nas lámpadas diante das tumbas dos santos e os mártires e outros santos lugares, como Xerusalén.

A pesar do seu desenvolvemento, o seu emprego non se estendeu ó ámbito dos sacramentos e a liturxia romana senón que quedou no marco da devoción popular, vencellado ó uso das reliquias e outros elementos bendicidos como a auga, o pan, as velas, as flores, e a santuarios e templos dedicados ó culto de determinados santos. No presente, segue existindo esta práctica, aínda que é moi reducida. Leva á conclusión que sen a unción do espírito santo non hai igrexa.