Aspiradora: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Aspiradoras mediante HotCat
RubenWGA (conversa | contribucións)
m elimino a Categoría:Aspiradores mediante HotCat
Liña 45: Liña 45:


[[Categoría:Tecnoloxía]]
[[Categoría:Tecnoloxía]]
[[Categoría:Aspiradores]]
[[Categoría:Aspiradoras]]
[[Categoría:Aspiradoras]]

Revisión como estaba o 10 de marzo de 2017 ás 01:41

Aspiradora Lux.

Unha aspiradora é un dispositivo que utiliza unha bomba de aire para aspirar o po e outras partículas pequenas de sucidade, xeralmente do chan.[1] A maioría de fogares con chan lousado teñen un modelo doméstico para a limpeza. O po recóllese mediante o sistema de filtrado un “ciclón” para unha posterior disposición.[2]

Historia

Até finais do século XIX, os cepillos para alfombras eran as únicas ferramentas coas que se contaba para tratar de manter limpo o ambiente destes lugares.[3]

Esquema da viaxe do aire nunha aspiradora.

Posteriormente foron creados varios artefactos para limpar alfombras, e en 1901 foi patentada a primeira aspiradora.[4] Ideada polo enxeñeiro inglés Hubert Cecil Booth, Puffing Billy era unha enorme máquina, cun motor eléctrico, que aspiraba o po.[5] Tamén creou unha aspiradora que a chamou Trolleyvack que funcionaba cun motor máis pequeno, despois Booth instalou unha empresa de aseo.[6] A súa primeira tarefa importante foi limpar a alfombra da Abadía de Westminster; tamén houbo outro creador, James Murray Spangler (de Ohio), quen creou unha aspiradora portátil que funcionaba cun ventilador eléctrico.[7]

Variante para a limpeza de vehículos.

No entanto, non sería até 1908 (ano no que Spangler vendeu os dereitos do seu invento a un parente e industrial do coiro, William H. Hoover) que se crease a aspiradora de trineo de hoxe en día.[8] Hoover deseñou o modelo "O", que tiña rodas, un mango longo e unha bolsa para conter o po.[9] Aínda que nun principio o mercado era para fábricas, máis tarde realizou unha liña de aparellos domésticos, popularizándose o seu uso rapidamente por todo Estados Unidos.[10]

Actualidade

Hoxe en día é un equipo indispensable para o mantemento e limpeza tanto para o fogar, como para oficina, goberno, universidades e colexios.[11] Os modelos utilizados por persoal de limpeza son máis robustos e moitas veces non utilizan bolsa para reter o po, senón que o depositan nun colector para logo baleirar este colector ao lixo.[12]

Ultimamente están a aparecer aspiradoras robotizadas, que limpan sen intervención humana o chan.[11] Un exemplo delas é Roomba e en Asia Mamirobot.[13]

Notas

  1. "Fascinating facts about the invention of vacuum cleaner by Daniel Hess in 1860". The Great Idea Finder. 
  2. Hess, Daniel (10 July 1860) "Carpet-Sweeper" Modelo:US Patent
  3. "Our History". Bissell. Consultado o 5 April 2010. 
  4. Gantz, Carroll (Sep 21, 2012). The Vacuum Cleaner: A History. McFarland. p. 45
  5. Wohleber, Curt (Spring 2006). "The Vacuum Cleaner". Invention & Technology Magazine. American Heritage Publishing. Consultado o 8 December 2010. 
  6. "Sucking up to the vacuum cleaner". BBC News. 30 August 2001. Consultado o 6 December 2010. 
  7. "THE STORY OF THE VACUUM CLEANER". bvc.co.uk. 
  8. "The Changes to Vacuum Cleaners over the last 100 years". The People History. 
  9. Levy, Joel (2003). Really useful: the origins of everyday things. Firefly Books. p. 147. ISBN 155297622X. 
  10. "Vacuum cleaner lasts for 70 years". BBC News. 27 January 2008. Consultado o 28 January 2008. 
  11. 11,0 11,1 Edginton, B. (2008) “The Air Recycling Cleaner”. g0cwt.co.uk
  12. Market Transformation Programme (2006), “BNXS30: Vacuum cleaners – UK market, technologies, energy use, test methods and waste”. Retrieved 20 August 2009.
  13. Gantz, Carroll (Sep 21, 2012). The Vacuum Cleaner: A History. McFarland. p. 189. Consultado o 30 March 2015. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Booth, H. Cecil "The origin of the vacuum cleaner," ''Transactions of the Newcomen Society'', 1934–1935, Volume 15, (en inglés).
  • Gantz, Carroll. ''The Vacuum Cleaner: A History'' (McFarland, 2012), 230 pp, (en inglés).

Outros artigos

Ligazóns externas