A Lama: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Cambiei "de todas maneiras" por "de todas as maneiras"
Liña 148: Liña 148:
{{Hab info|de=da|nome=Lama|5305|4941|4863|3040|2905|2966|2976 |2670||||}}
{{Hab info|de=da|nome=Lama|5305|4941|4863|3040|2905|2966|2976 |2670||||}}


A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo. De todas maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).
A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo. De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).


Evolución da poboación do concello dende o ano 2000:
Evolución da poboación do concello dende o ano 2000:

Revisión como estaba o 8 de marzo de 2017 ás 13:29

Coordenadas: 42°23′51.41″N 8°26′33.95″O / 42.3976139, -8.4427639

A Lama
Escudo da Lama
Ficheiro:Calama.jpg
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]lamense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación2.587 hab. (2015)[2][3]
Área111,8 km²[3]
Densidade23,14 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias[4]
Política (2015)
AlcaldeJorge Canda Martínez (PPdG)
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 4
Outros: C's 1
Eleccións municipais na Lama
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes43,51%
Na rede
http://www.concellodalama.com/
editar datos en Wikidata ]

A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lamense.

Xeografía

O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.

Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros:

Monte Parroquia Altitude
O Coto da Puza Xesta 1035 m
A Portela dos Xarotos Xesta 1025 m
A Pedra da Letra Xesta 1019 m
O Coto dos Pusallos Xesta 1007 m
O Foxo do Lobo Xesta 1001 m
O Seixo A Barcia do Seixo 1000 m

Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).

Comunicacións

A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.

Demografía

Segundo o INE no 2015 vivían 2670 persoas no municipio, o que supón unha caída de case o 10% respecto ao 2010, cando tiña 2966 habitantes.

Censo total 2670 (2015)
Menores de 15 anos 235 (8,8 %)
Entre 15 e 64 anos 1541 (57,72 %)
Maiores de 65 anos 894 (33,48 %)
Evolución da poboación da Lama   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5305 4941 4863 3040 2905 2966 2976 2670
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo. De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).

Evolución da poboación do concello dende o ano 2000:

Ano Poboación (hab.)
2000 3047
2002 2882
2004 2905
2006 3022
2008 3014
2010 2966
2011 2976

A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.

Porcentaxe de poboación que vive en cada parroquia (INE 2010):

Parroquia Poboación Porcentaxe
Antas 296 9,95%
Barcia 299 10,05%
Covelo 274 9,21%
Escuadra 178 5,98%
Gaxate 197 6,62%
Lama 670 22,51%
Seixido 347 11,66%
Verducido 230 7,73%
Xende 106 3,56%
Xesta 369 12,40%

Historia

Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce. Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.

Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.

Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.

A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.

En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.

Turismo

A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".

É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.

Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da Lama.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Lama

Antas (Santiago) | A Barcia do Seixo (Santa Ana) | Covelo (San Sebastián) | Escuadra (San Lourenzo) | Gaxate (San Pedro) | A Lama (San Salvador) | Seixido (San Bartolomeu) | Verducido (San Martiño) | Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu)

Lugares da Lama

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Lama vexa: Lugares da Lama.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Lama".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.