Igrexa (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
aclaración da escrita
Titvs (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:


== Historia ==
== Historia ==
Os primeiros cristiáns reuníanse en pequenos grupos na vivenda dalgún dos membros. Co medre do cristianismo e fundamentalmente, coa adopción deste como relixión oficial, fíxose precisa a existencia de edificios dedicados aos usos relixiosos. Nun principio adaptouse a [[basílica]] romana, un edificio de uso civil e xeralmente de planta rectangular cunha nave central máis alta e nalgúns casos co engadido dunha [[ábsida]]. Os cambios na liturxia e unha intención simbólica levou á planta en forma de cruz, ben [[cruz grega|grega]] ou [[cruz latina|latina]] (que acolle a máis fieis).
Os primeiros cristiáns reuníanse en pequenos grupos na vivenda dalgún dos membros. Co medre do cristianismo e fundamentalmente, coa adopción deste como relixión oficial, fíxose precisa a existencia de edificios dedicados aos usos relixiosos. Nun principio adaptouse a [[basílica]] romana, un edificio de uso civil e xeralmente de planta rectangular cunha nave central máis alta e nalgúns casos co engadido dunha [[ábsida]]. Os cambios na liturxia e unha intención simbólica levou á planta en forma de cruz, ben [[cruz grega|grega]] ou [[cruz latina|latina]] (que acolle a máis fieis) xa na idade media.
O [[templo]] cristián mantivo o esquema das basílicas e da planta de cruz ata o século XX, na idade media construíronse as [[Catedral|catedrais]], edificios de gran esplendor e maiores dimensións que pasaron por varios estilos arquitectónicos(prerrománico, románico, gótico, plateresco, barroco, neoclásico, neogótico) seguindo o devir da historia. O estilo gótico mantívose mais tempo xa que ao rematar a idade media seguiuse a construír nesta moda ata que o vaticano comezou a [[Contrarreforma]] e inventouse o estilo [[Barroco]]. Deste estilo son a maioría de igrexas en Galicia, e mantívose ata a [[idade contemporánea]], que mudou o estilo recargado barroco polo [[neoclásico]], mais o [[romanticismo]] fixo que se abandoase a finais do XIX polo neogótico e outros pseudoestilos que se mantiveron ata mediados do século XX.
Trala [[segunda guerra mundial]] a pobreza da postguerra fixo que a igrexa católica abrazase o [[Movemento Moderno]] e construíronse igrexas con elementos novos como o formigón e o tixolo. A maioría de igrexas deste estilo son da época do [[franquismo]], concretamente da etapa final do "desarrollismo", cando se construiron os barrios obreiros que se espandiron nos novos polos de desenvolvemento industrial . Entre estas igreaxas destacan a "igrexa dos Picos" en [[Vigo]], a igrexa de San Xosé en [[A Coruña]] e a igrexa de Vistafermosa en [[Ourense]]. Nelas utilizouse o formigón e as técnicas de fachada con plaquetas, así como cubertas de aspecto aerodinámico mentres noutros lugares de Galicia erguéronse igrexas seguindo o modelo tradicional pero de pero calidade nos muros con pedras apenas traballadas ou copiando modelos anteriores igual que a principios do século XX, cando non convertídose en modelos de [[feísmo]].


== Arquitectura relixiosa ==
== Arquitectura relixiosa ==

Revisión como estaba o 2 de marzo de 2017 ás 17:50

Catedral de Santiago de Compostela

A palabra igrexa (escrita en minúsula, do latín ecclesia, e esta do grego ἐκκλησία [ekklēsía], 'asemblea', 'convocación') emprégase para designar un edificio usado para o rezo ou para outros servizos relixiosos públicos, referíndose xeralmente aos da adoración cristiá.O termo para definir o edificio dedicado a adoración é Templo

Historia

Os primeiros cristiáns reuníanse en pequenos grupos na vivenda dalgún dos membros. Co medre do cristianismo e fundamentalmente, coa adopción deste como relixión oficial, fíxose precisa a existencia de edificios dedicados aos usos relixiosos. Nun principio adaptouse a basílica romana, un edificio de uso civil e xeralmente de planta rectangular cunha nave central máis alta e nalgúns casos co engadido dunha ábsida. Os cambios na liturxia e unha intención simbólica levou á planta en forma de cruz, ben grega ou latina (que acolle a máis fieis) xa na idade media. O templo cristián mantivo o esquema das basílicas e da planta de cruz ata o século XX, na idade media construíronse as catedrais, edificios de gran esplendor e maiores dimensións que pasaron por varios estilos arquitectónicos(prerrománico, románico, gótico, plateresco, barroco, neoclásico, neogótico) seguindo o devir da historia. O estilo gótico mantívose mais tempo xa que ao rematar a idade media seguiuse a construír nesta moda ata que o vaticano comezou a Contrarreforma e inventouse o estilo Barroco. Deste estilo son a maioría de igrexas en Galicia, e mantívose ata a idade contemporánea, que mudou o estilo recargado barroco polo neoclásico, mais o romanticismo fixo que se abandoase a finais do XIX polo neogótico e outros pseudoestilos que se mantiveron ata mediados do século XX. Trala segunda guerra mundial a pobreza da postguerra fixo que a igrexa católica abrazase o Movemento Moderno e construíronse igrexas con elementos novos como o formigón e o tixolo. A maioría de igrexas deste estilo son da época do franquismo, concretamente da etapa final do "desarrollismo", cando se construiron os barrios obreiros que se espandiron nos novos polos de desenvolvemento industrial . Entre estas igreaxas destacan a "igrexa dos Picos" en Vigo, a igrexa de San Xosé en A Coruña e a igrexa de Vistafermosa en Ourense. Nelas utilizouse o formigón e as técnicas de fachada con plaquetas, así como cubertas de aspecto aerodinámico mentres noutros lugares de Galicia erguéronse igrexas seguindo o modelo tradicional pero de pero calidade nos muros con pedras apenas traballadas ou copiando modelos anteriores igual que a principios do século XX, cando non convertídose en modelos de feísmo.

Arquitectura relixiosa

Planta da Catedral de Peterborough, do século XII, na que se ve a forma de cruz latina.

Véxase tamén

Outros artigos