Dinámica de fluídos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
lingua
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
{{Commonscat|Fluid mechanics|Mecánica de fluídos}}
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{cite book|last=Acheson|first=D. J.|title=Elementary Fluid Dynamics|publisher=Clarendon Press|year=1990|isbn=0-19-859679-0}}, {{En}}.
* {{cite book|last=Acheson|first=D. J.|title=Elementary Fluid Dynamics|publisher=Clarendon Press|year=1990|isbn=0-19-859679-0}}, {{En}}.

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2017 ás 19:42

A dinámica de fluídos é unha subdisciplina da mecánica dos fluídos (enténdase por fluídos tanto líquidos coma gases).[1] A dinámica de fluídos ramifícase noutras disciplinas como o son: a aerodinámica e a hidrodinámica. A mecánica de fluídos ten un gran rango de aplicacións, incluíndo o cálculo das forzas e os momentos que ocasionan o movemento dos fluídos en problemas desde os máis cotiáns até os máis complexos.[2] A palabra fluído inclúe á auga, ao aire, ás suspensións (que é a forma como se presentan algúns medicamentos), e tamén ao petróleo e os seus derivados. Así mesmo, a palabra dinámica inclúe o movemento xunto ás forzas causantes do mesmo.[3]

O estudo da dinámica dos fluídos ofrece unha estrutura sistemática para o seu estudo baseándose en leis empíricas e semi-empíricas. Estas leis envolven propiedades dos fluídos como o son: a temperatura, presión, densidade e velocidade e tamén funcións de espazo e tempo.[4]

Obxectivos

Os obxectivos do estudo da dinámica de fluídos dependen do problema en concreto que se necesite resolver.[5] Por exemplo, cando se analiza o fluxo que ocorre ao recubrir o papel, un dos obxectivos pode ser o de determinar as condicións nas cales o espesor da película de recubrimento que se formou é uniforme.[3] Tamén na recuperación de petróleo, un problema pode ser a predición de barrís de petróleo que poden ser extraídos dun xacemento. O estudo dos fluídos é moi extenso e é por eles que ramas como a dinámica de fluídos ten razón de ser.[6]

Ecuacións da dinámica de fluídos

Os principais axiomas da dinámica de fluídos son: as leis de conservación, especificamente, lei da conservación da masa, lei da conservación do momento lineal (tamén coñecida como segunda lei de Newton) e a lei da conservación da enerxía (tamén coñecida como primeira lei da termodinámica), todas elas baseadas na mecánica clásica e transformadas á mecánica cuántica. Ademais exprésanse segundo os teoremas de transporte de Reynolds.[7]

Na dinámica de fluídos suponse que os fluídos obedecen á hipótese de continuidade a pesar de que os fluídos están compostos por moléculas que chocan entre si e con obxectos sólidos.[8] Por conseguinte, as propiedades como a densidade, presión, temperatura e velocidade son vistas como propiedades que conteñen puntos infinitesimalmente pequenos que varían dun punto a outro. Desta forma o feito de que os fluídos estean conformados por moléculas discretas, ignórase.[9]

Terminoloxía da dinámica de fluídos

O concepto de presión é esencial no estudo da dinámica de fluídos, tanto na estática como na dinámica.[2] A presión pode ser coñecida en calquera punto do fluído, independentemente se o fluído se atopa en movemento ou non. Para medir a presión poden utilizarse: columnas de mercurio, o tubo de Bourdon, placas de orificio, así como moitos outros métodos.[10]

Notas

  1. Anderson, J.D., Fundamentals of Aerodynamics, 4th Ed., McGraw–Hill, 2007.
  2. 2,0 2,1 Eckert, Michael (2006). The Dawn of Fluid Dynamics: A Discipline Between Science and Technology. Wiley. p. ix. ISBN 3-527-40513-5. 
  3. 3,0 3,1 "Fluidodinámica". 
  4. White, F.M., Viscous Fluid Flow, McGraw–Hill, 1974.
  5. Pope (2000), p. 75.
  6. Transient state or unsteady state?
  7. Shengtai Li, Hui Li "Parallel AMR Code for Compressible MHD or HD Equations" (Los Alamos National Laboratory) [1]
  8. Véxase Pope (2000), p. 344.
  9. Véxase Schlatter et al, Phys. Fluids 21, 051702 (2009); doi 10.1063/1.3139294
  10. Clancy, L.J. Aerodynamics, p. 21

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas