Paul Cézanne: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
YonaBot (conversa | contribucións)
m robot Modificado: lt:Paul Cézanne
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 76: Liña 76:
[[hr:Paul Cézanne]]
[[hr:Paul Cézanne]]
[[hu:Paul Cézanne]]
[[hu:Paul Cézanne]]
[[hy:Փոլ Սեզան]]
[[id:Paul Cézanne]]
[[id:Paul Cézanne]]
[[ilo:Paul Cézanne]]
[[ilo:Paul Cézanne]]
Liña 106: Liña 107:
[[uz:Paul Cézanne]]
[[uz:Paul Cézanne]]
[[zh:保罗·塞尚]]
[[zh:保罗·塞尚]]
[[zh-min-nan:Paul Cézanne]]

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2007 ás 02:06

Paul Cézanne, cara a 1861
Floreiro de Cézanne (1876)
Arlequín
Os xogadores de cartas
Ficheiro:Paul Cézanne, Jeune garçon au gilet rouge (1888-89).jpg
Jeune garçon au gilet rouge
Le Château Noir

Paul Cézanne (Aix-en-Provence, 19 de xaneiro de 1839 - idem, 22 de outubro de 1906), pintor francés, considerado o pai da arte moderna. Tentou conseguir unha síntese ideal da representación naturalista, a expresión persoal e a orde pictórica abstracta.

Entre tódolos artistas do seu tempo, Cézanne tal vez sexa o que exerceu unha influencia máis profunda no arte do século XX (Henri Matisse admiraba a súa utilización da cor e Pablo Picasso desenvolveu a estrutura da composición plana de Cézanne para crea-lo estilo cubista). Sen embargo, mentres viviu, Cézanne foi un pintor ignorado que traballou en medio dun gran illamento. Desconfiaba dos críticos, tiña poucos amigos e, ata 1895, expuxo só de forma ocasional. Estaba distanciado incluso da súa familia, que tachaba o seu comportamento de estraño e non apreciaba o carácter revolucionario da súa arte.

Biografía

Inicios

Cézanne naceu o 19 de xaneiro de 1839 na cidade de Aix-en-Provence, no sur de Francia. O seu pai era un banqueiro adiñeirado, quen se opoñía ás súas ambicións artísticas. Comezou os seus estudos no colexio Bourbon da súa cidade natal, onde estableceu relación con Émile Zola. Proseguiu na escola de debuxo e posteriormente se matriculou, por influencia paterna, na facultade de dereito, aínda que axiña comprendeu que a súa verdadeira vocación era a pintura. Instalou o seu primeiro estudo na casa de campo do seu pai, ata que en 1861, despois dunha serie de violentas discusións familiares, o aspirante a artista recibiu unha pequena asignación e foi envíado a estudar arte a París, cara onde xa partira Zola un ano antes.

Unha vez na capital francesa, inscribíuse na Academia Suíza para prepara-lo exame de ingreso na escola de Belas Artes. No Museo do Louvre descubriu a obra de Caravaggio e de Velázquez, e este achado marcou fondamente a súa evolución artística.

Cézanne sentíuse de inmediato atraído polos elementos máis radicais do mundo artístico parisino. Admiraba sobre todo ó pintor romántico Eugène Delacroix e, entre os artistas máis xoves, a Gustave Courbet e a Édouard Manet, que expoñían obras que a maioría dos seus contemporáneos achaban chocantes tanto polo seu estilo como pola súa temática.

Moitas das primeiras obras de Cézanne estaban pintadas con pigmentos mestos e en tons escuros que lembraban ó expresionismo romántico e melancólico de xeracións anteriores. Así a todo, ó igual ca Zola no seu empeño por desenvolver unha narrativa realista, tamén Cézanne manifestou un interese progresivo na representación da vida contemporánea, quería pinta-lo mundo tal como se presentaba ante os seus ollos, sen se preocupar de idealizacións temáticas ou afectación no estilo.

Sentíndose incapaz de pintar, regresou a Aix e aceptou un emprego no banco do seu pai, pero en 1862 decidiu volver a París para se consagrar definitivamente á pintura. Alí reanudó a súa amizade con Zola e continuou os seus estudos na Academia Suíza, onde coñeceu a Guillaumin e a Camille Pissarro, pintor maior que el aínda que pouco recoñecido, que vivía coa súa numerosa familia nunha zona rural ás afueras de París. Grazas ó contacto con este último, Cézanne daría un xiro radical no seu estilo, desligándose de toda norma académica e da paleta sombría e fortemente empastada que o caracterizaba.

Pissarro non só proporcionou ó inseguro Cézanne o apoio moral que precisaba senón que o introduciu na nova técnica impresionista para consegui-los efectos da luz natural.

Xunto con Claude Monet, Pierre-Auguste Renoir e uns poucos pintores máis, Pissarro había un estilo para traballar ó aire libre (en plein air) de forma rápida e a escala reducida, que consistía en utilizar pequenos toques de cores puros, sen recorrer a bosquexos preliminares nin a debuxos. Pretendían atrapar dese modo os efectos lumínicos fugaces así como a súa interpretación visual, tamén efémera, da natureza. Baixo a tutela de Pissarro, no curto período comprendido entre 1872 e 1873, Cézanne pasou dos tons escuros ás cores brillantes e comezou a se concentrar en escenas da vida rural.

Aínda que asemellaba posuír menos dominio técnico cós outros impresionistas, Cézanne foi aceptado dentro do grupo e expuxo con eles en 1874 e 1877. En xeral, os impresionistas contaban cun éxito comercial limitado, e as obras de Cézanne tiveron a acollida máis desfavorable por parte da crítica. Distanciouse de moitos dos seus contactos parisinos a finais da década de 1870 e durante toda a década de 1880 pasou gran parte do tempo no seu Aix-en-Provence natal.

A partir de 1882 deixou de traballar en estreita relación con Pissarro.

En 1886 creu ver referencias ós seus fracasos, apenas disimuladas, nunha novela de Zola e rompeu as súas relacións con el, a pesar de que fora o seu apoio durante moito tempo. Ese mesmo ano herdou a fortuna do seu pai e por fin, á idade de 47 anos, conseguiu a independencia económica, aínda que permaneceu no seu illamento social.

Madurez

O illamento e a concentración, así como a singularidade da súa busca, poderíanse sinalar como os responsables da incrible evolución que sufriu o seu estilo durante as décadas de 1880 e 1890. Nese período, aínda que continuou pintando directamente do natural con brillante colorido de tipo impresionista, foi simplificando de modo gradual a aplicación da pintura ata o punto de que asemellaba lograr expresa-lo volume con só unhas cantas pinceladas de cor xustapostas. Máis adiante os expertos chegarían a afirmar que Cézanne descubrira un modo de representar tanto a luz como as formas da natureza simplemente mediante a cor. Asemellaba reintroducir unha estrutura formal que os impresionistas abandonaran, sen sacrificar poo mesmo a sensación e vivacidade lumínica lograda por eles. O propio Cézanne falaba de modula-la cor en lugar de modela-lo claroscuro da pintura tradicional. Con iso referíase a que suplantaba as convencións artificiais de representación (modelar) por un sistema máis expresivo (modular) que se achaba aínda máis próximo á natureza ou, como dicía o propio artista, "paralelo á natureza". Para Cézanne a solución a tódolos problemas técnicos do impresionismo radicaba en utiliza-la cor dun modo máis ordenado e expresivo có dos seus compañeiros impresionistas.

Bañistas

Cézanne consideraba que nunca chegaba a atinxir plenamente o seu obxectivo, polo que deixou a maior parte das súas obras sen rematar e destruíu moitas outras. Lamentábase do seu fracaso á hora de representa-la figura humana e, efectivamente, as grandes obras con figuras humanas dos seus derradeiros anos, como Bañistas (c. 1899 - c. 1906, Museo de Arte, Filadelfia), revelan unhas distorsións curiosas que asemellan dictadas polo rigor do sistema de modulación cromática que el mesmo impuxo sobre as súas propias representacións. Así a todo, a xeración posterior de pintores chegou a aceptar practicamente tódalas rarezas de Cézanne. Dita xeración cría que xa se formularan os obxectivos naturalistas do impresionismo e que era necesario un estilo novo e orixinal, sen reparar na dificultade, para poder devolver á arte moderna sinceridade e compromiso.

Durante moitos anos a obra de Cézanne só foi coñecida polos seus antigos colegas impresionistas e por uns cantos artistas xoves radicais da liña do postimpresionismo, entre os que se incluían Vincent van Gogh e Paul Gauguin. No entanto, en 1895 Ambroise Vollard, ambicioso marchante parisino, organizou unha exposición das súas obras e promoveunas con gran éxito durante os anos seguintes. Cara 1904, Cézanne acadou a consagración nun dos grandes salóns oficiais de pintura e cando morreu (en Aix, o 22 de outubro de 1906) lograra un prestixio considerable. Moitos pintores xoves viaxaron ata Aix-en-Provence para lle ver traballar e lle pedir consello durante os derradeiros anos da súa vida. Así a todo, tanto o seu estilo como as súas teorías continúan sendo misteriosas e crípticas; para uns era un pintor primitivo inxenuo e para outros un complicado mestre nos procedementos técnicos.

Aínda que todos están de acordo en que a intensidade das súas cores, unida ó aparente rigor da estrutura compositiva, indican que, a pesar da frecuente desesperación do propio artista, sintetizara os elementos básicos de representación e expresividade da pintura dun modo moi persoal.

Véxase tamén