Libra (masa): Diferenzas entre revisións
DRAG e arranxos varios |
→Outros artigos: Homónimo |
||
Liña 67: | Liña 67: | ||
* [[Atmosfera (unidade)]] |
* [[Atmosfera (unidade)]] |
||
* [[Caloría]] |
* [[Caloría]] |
||
* [[Pascal]] |
* [[Pascal (unidade)]] |
||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2017 ás 21:51
A libra[1] (lb) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma.[2] A palabra (derivada do latín[3]) significa "escala ou balanza", e aínda é o nome da principal unidade de masa usada agora nos Estados Unidos e nalgúns países de fala hispana.[4]
Existen moitas unidades chamadas libra, especialmente na antigüidade, aínda que a libra que se utiliza agora é a libra avoirdupois, polo que se se menciona a palabra "libra" referíndose á masa, enténdese que se está a falar da libra avoirdupois.[5]
Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos e á súa vez un quilogramo é igual a 2,20462262 libras.[6]
Historia
Moito despois da caída do Imperio Romano Occidental, as diversas rexións do antigo imperio foron tomando a súa propia maneira de estimar o valor dunha libra, e xurdiron numerosas unidades de masa tamén chamadas libra.[7] A libra latina equivalía a 273 gramos.[8] Aínda que como unidade monetaria de conta usábase a libra grega, de 327,4 gramos.[9]
Durante moito tempo houbo confusións ao pesar unha mercadoría en diferentes unidades denominadas libra.[10] Para acabar co problema, Antoine Lavoisier propuxo substituír as libras e outras antigas unidades en toda Europa, polo gramo, os seus múltiplos e submúltiplos.[11]
Co paso do tempo, todas as nacións europeas abandonaron o uso da libra para substituíla polo quilogramo, pero os Estados Unidos aínda a usan[12], así como algúns países latinoamericanos cuxas culturas foron en gran medida influídas pola norteamericana durante o século XX, como Porto Rico, O Salvador, Guatemala, Cuba, Ecuador e Panamá.[13]
Libras de uso
Os estadounidenses aínda usan dous tipos de libras, aínda que xa empezan a aceptar o quilogramo:[14]
- Libra avoirdupois[15] (pound avoirdupois, en inglés): é a libra de uso común. Cotidianamente só se lle chama pound. Equivale a 453,59237 gramos e tamén a:
- 7.000 grans
- 256 dracmas avoirdupois
- 16 onzas avoirdupois
- 0,071428571428571 stones
- 0,04 arrobas
- Libra troy[16] (pound troy, en inglés): este tipo de libra úsase unicamente en xoiaría e ourivaría. Equivale a 373,2417216 gramos e tamén a:
- 5.760 grans
- 240 pennyweights
- 96 dracmas troy
- 12 onzas troy
En Colombia e Venezuela, utilízase a palabra libra para referirse a 500 gramos.[17]
Libras obsoletas
- A libra farmacéutica anglosaxoa[18] (pound apothecary, en inglés), era usada nas farmacias e farmacoloxía. Unha libra destas equivale a 373,2417216 gramos, e tamén a:
- 5.760 grans
- 288 escrúpulos
- 96 dracmas farmacéuticas
- 12 onzas farmacéutica
- A libra castelá[19] foi utilizada amplamente en España e nos seus territorios americanos. Esta libra equivalía a 16 onzas castelás (460,093 gramos).
- A libra farmacéutica castelá[20] foi utilizada na farmacoloxía española, diferenciándose da libra anglosaxoa. Esta libra equivalía a 12 onzas medicinais (345,06975 gramos).
- A libra catalá[21] (lliura) equivalía a 400 gramos. Esta libra tamén se dividía en 12 onzas.
- Outras libras españolas tiñan valores diferentes, como 350 gramos a de Zaragoza[22], ou 492 gramos (ou 17 onzas) a de Guipúscoa.[23]
- A libra napolitana[24], utilizada no reino de Nápoles, equivalía a 320,759 gramos.[25]
Forma de lectura das libras como unidade de medida de masa
O máis común é que unha libra se divida en 16 onzas.[26] A lectura realízase contando as libras totais e o menor á libra dividido en 16 unidades.[27] Exemplo: 1 libra con 12 onzas.[28]
A libra como patrón monetario
A primeira emisión de moeda en Roma, efectuada no século IV a. C., foi o As Libral, cuxo peso estaba baseado no da libra grega, e era de 327,4 gramos de prata.[29] O resto de moedas emitidas ao longo da súa historia, tales como os denarios e sestercios, estaban baseadas en divisores deste patrón monetario.[30]
No ano 800 Carlomagno adoptou a libra de 489,6 gramos divisible en 2 marcos.[31] Utilizouse como patrón para a medida das moedas, estabelecéndose que cada libra equivalía a 20 soldos ou a 240 diñeiros.[32]
Soamente existía o diñeiro como moeda real. Os soldos, marcos e libras eran unidades de conta.[33]
- 1 libra = 20 soldos = 240 diñeiros (cuxo nome provén de denario).[34]
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Libra.
- ↑ "unicode chart 2100-214F" (PDF). character 2114 of the Unicode 6.0 and 5.0 standards. Unicode Consortium. Consultado o 28 April 2011.
- ↑ IEEE Std 260.1™-2004, IEEE Standard Letter Symbols for Units of Measurement (SI Units, Customary Inch-Pound Units, and Certain Other Units)
- ↑ http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-897344
- ↑ aaron koenigsberg. "Factor de conversión de libras a kilogramos". eHow en español.
- ↑ "DE LIBRAS, ONZAS Y ALGO MAS…" (PDF). Centro filatélico y numismático San Francisco.
- ↑ National Bureau of Standards, Appendix 8; National Physical Laboratory, P H Bigg et al. : Re-determination of the values of the imperial standard pound and of its parliamentary copies in terms of the international kilogramme during the years 1960 and 1961; Sizes.com: pound avoirdupois.
- ↑ United States. National Bureau of Standards (1959). Research Highlights of the National Bureau of Standards. U.S. Department of Commerce, National Bureau of Standards. p. 13. Consultado o 12 July 2012.
- ↑ "EU gives up on 'metric Britain". BBC News. 11 September 2007. Consultado o 4 May 2015.
- ↑ Christine Hopkins, Ann Pope, Sandy Pepperell (2013). "Understanding Primary Mathematics". p. 195. Routledge.
- ↑ Kelly, Jon (21 December 2011). "Will British people ever think in metric?". BBC. Consultado o 4 May 2015.
- ↑ Zupko, Ronald Edward (1977). British weights & measures: a history from antiquity to the seventeenth century. University of Wisconsin Press. p. 7. Consultado o 27 November 2011.
- ↑ "Appendix G – Weights and Measures". The World Factbook. Central Intelligence Agency. January 17, 2007. Consultado o 2007-02-04.
- ↑ Chambers's encyclopaedia 14. Pergamon Press. 1967. p. 476. Consultado o 27 November 2011.
- ↑ Frederick George Skinner (1967). Weights and measures: their ancient origins and their development in Great Britain up to A.D. 1855. H.M.S.O. p. 65. Consultado o 27 November 2011.
- ↑ Grains and drams, ounces and pounds, stones and tons. Personal notes.
- ↑ United States. National Bureau of Standards (1962). weights and measures. Taylor & Francis. pp. 22–24. GGKEY:4KXNZ63BNUF. Consultado o 26 December 2011.
- ↑ Skinner, F.G. (1952). "The English Yard and Pound Weight". Bulletin of the British Society for the History of Science 1 (7): 184–6. doi:10.1017/S0950563600000646.
- ↑ Barbrow, L.E.; Judson, L.V. (1976). Weights and measures standards of the United States – A brief history.
- ↑ United States National Bureau of Standards. "Appendix C of NIST Handbook 44, Specifications, Tolerances, and Other Technical Requirements for Weighing and Measuring Devices, General Tables of Units of Measurement" (PDF). p. C-14.
- ↑ "Status Report of U.S. Government Gold Reserve", Bureau of the Fiscal Service
- ↑ Facsimile of First Volume of Ms. Archives of the Worshipful Company of Grocers of the City of London A.D. 1345-1463. 1886.
- ↑ The English manual of banking. Consultado o 2016-09-17.
- ↑ "Tower pound". Consultado o 2016-09-17.
- ↑ Luigi Granata: Economia rustica per lo regno di Napoli.
- ↑ R. D. Connor and A. D. C. Simpson.Weights and Measures in Scotland. A European Perspective.National Museums of Scotland and Tuckwell Press, 2004, page 116, quoting from H. W. Chisholm, Seventh Annual Report of the Warden for the Standards..for 1872-73 (London, 1873), quoting from 1864 House of Commons Paper.[1]
- ↑ "Weights used for gold". Tax Free Gold. Consultado o 2011-01-14.
- ↑ "A brief history of the pound". The Dozenal Society of Great Britain. Consultado o 2011-01-14.
- ↑ Zupko, Ronald Edward (1985-12-01). Dictionary of Weights and Measures for the British Isles: The Middle Ages to the 20th Century. DIANE Publishing. ISBN 0-87169-168-X.
- ↑ Hille, K.C. (1831). "Medicinal-Gewicht". Magazin für Pharmacie und die dahin einschlagenden Wissenschaften (Heidelberg): 268.
- ↑ United States National Bureau of Standards (1959-06-25). "Notices "Refinement of values for the yard and the pound"" (PDF). Consultado o 2006-08-12.
- ↑ United States National Bureau of Standards (1959-06-25). "Notices "Refinement of values for the yard and the pound"" (PDF). Consultado o 2006-08-12.
- ↑ Cardarelli, F. (2004). Encyclopaedia of Scientific Units, Weights and Measures: Their SI Equivalences and Origins (2nd ed.). Springer. p. 122. ISBN 1-85233-682-X.
- ↑ Sizes, Inc. (2003-07-28). "Jersey pound". Consultado o 2006-08-12.
Véxase tamén
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Libra |
Outros artigos
- Tonelada
- Onza (masa)
- Nó (náutica)
- Unidade de masa atómica
- Joule
- Newton (unidade)
- Atmosfera (unidade)
- Caloría
- Pascal (unidade)
Ligazóns externas
- Libras a quilos. Converter libras a quilogramos, (en castelán).