Libra (masa): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
RubenWGA (conversa | contribucións)
Liña 53: Liña 53:


== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref|30em}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2017 ás 18:21

A libra (lb) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma.[1] A palabra (derivada do latín[2]) significa "escala ou balanza", e aínda é o nome da principal unidade de masa usada agora nos Estados Unidos e nalgúns países de fala hispana.[3]

Existen moitas unidades chamadas libra, especialmente na antigüidade, aínda que a libra que se utiliza agora é a libra avoirdupois, polo que se se menciona a palabra "libra" referíndose á masa, enténdese que se está a falar da libra avoirdupois.[4]

Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos e á súa vez un quilogramo é igual a 2,20462262 libras.[5]

Historia

Moito despois da caída do Imperio Romano Occidental, as diversas rexións do antigo imperio foron tomando a súa propia maneira de estimar o valor dunha libra, e xurdiron numerosas unidades de masa tamén chamadas libra.[6] A libra latina equivalía a 273 gramos.[7] Aínda que como unidade monetaria de conta usábase a libra grega, de 327,4 gramos.[8]

Durante moito tempo houbo confusións ao pesar unha mercadoría en diferentes unidades denominadas libra.[9] Para acabar co problema, Antoine Lavoisier propuxo substituír as libras e outras antigas unidades en toda Europa, polo gramo, os seus múltiplos e submúltiplos.[10]

Co paso do tempo, todas as nacións europeas abandonaron o uso da libra para substituíla polo quilogramo, pero os Estados Unidos aínda a usan[11], así como algúns países latinoamericanos cuxas culturas foron en gran medida influídas pola norteamericana durante o século XX, como Porto Rico, O Salvador, Guatemala, Cuba, Ecuador e Panamá.[12]

Libras de uso

Os estadounidenses aínda usan dous tipos de libras, aínda que xa empezan a aceptar o quilogramo:[13]

  • Libra avoirdupois[14] (pound avoirdupois, en inglés): é a libra de uso común. Cotidianamente só se lle chama pound. Equivale a 453,59237 gramos e tamén a:
    • 7.000 grans
    • 256 dracmas avoirdupois
    • 16 onzas avoirdupois
    • 0,071428571428571 stones
    • 0,04 arrobas
  • Libra troy[15] (pound troy, en inglés): este tipo de libra úsase unicamente en xoiaría e ourivaría. Equivale a 373,2417216 gramos e tamén a:
    • 5.760 grans
    • 240 pennyweights
    • 96 dracmas troy
    • 12 onzas troy

En Colombia e Venezuela, utilízase a palabra libra para referirse a 500 gramos.[16]

Libras obsoletas

  • A libra farmacéutica anglosaxoa[17] (pound apothecary, en inglés), era usada nas farmacias e farmacoloxía. Unha libra destas equivale a 373,2417216 gramos, e tamén a:
  • A libra castelá[18] foi utilizada amplamente en España e nos seus territorios americanos. Esta libra equivalía a 16 onzas castelás (460,093 gramos).
  • A libra farmacéutica castelá[19] foi utilizada na farmacoloxía española, diferenciándose da libra anglosaxoa. Esta libra equivalía a 12 onzas medicinais (345,06975 gramos).
  • A libra catalá[20] (lliura) equivalía a 400 gramos. Esta libra tamén se dividía en 12 onzas.
  • Outras libras españolas tiñan valores diferentes, como 350 gramos a de Zaragoza[21], ou 492 gramos (ou 17 onzas) a de Guipúscoa.[22]
  • A libra napolitana[23], utilizada no reino de Nápoles, equivalía a 320,759 gramos.[24]

Forma de lectura das libras como unidade de medida de masa

O máis común é que unha libra se divida en 16 onzas.[25] A lectura realízase contando as libras totais e o menor á libra dividido en 16 unidades.[26] Exemplo: 1 libra con 12 onzas.[27]

A libra como patrón monetario

A primeira emisión de moeda en Roma, efectuada no século IV a. C., foi o As Libral, cuxo peso estaba baseado no da libra grega, e era de 327,4 gramos de prata.[28] O resto de moedas emitidas ao longo da súa historia, tales como os denarios e sestercios, estaban baseadas en divisores deste patrón monetario.[29]

No ano 800 Carlomagno adoptou a libra de 489,6 gramos divisible en 2 marcos.[30] Utilizouse como patrón para a medida das moedas, estabelecéndose que cada libra equivalía a 20 soldos ou a 240 diñeiros.[31]

Soamente existía o diñeiro como moeda real. Os soldos, marcos e libras eran unidades de conta.[32]

1 libra = 20 soldos = 240 diñeiros (cuxo nome provén de denario).[33]

Notas

  1. "unicode chart 2100-214F" (PDF). character 2114 of the Unicode 6.0 and 5.0 standards. Unicode Consortium. Consultado o 28 April 2011. 
  2. IEEE Std 260.1™-2004, IEEE Standard Letter Symbols for Units of Measurement (SI Units, Customary Inch-Pound Units, and Certain Other Units)
  3. http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-897344
  4. aaron koenigsberg. "Factor de conversión de libras a kilogramos". eHow en español. 
  5. "DE LIBRAS, ONZAS Y ALGO MAS…" (PDF). Centro filatélico y numismático San Francisco. 
  6. National Bureau of Standards, Appendix 8; National Physical Laboratory, P H Bigg et al. : Re-determination of the values of the imperial standard pound and of its parliamentary copies in terms of the international kilogramme during the years 1960 and 1961; Sizes.com: pound avoirdupois.
  7. United States. National Bureau of Standards (1959). Research Highlights of the National Bureau of Standards. U.S. Department of Commerce, National Bureau of Standards. p. 13. Consultado o 12 July 2012. 
  8. "EU gives up on 'metric Britain". BBC News. 11 September 2007. Consultado o 4 May 2015. 
  9. Christine Hopkins, Ann Pope, Sandy Pepperell (2013). "Understanding Primary Mathematics". p. 195. Routledge.
  10. Kelly, Jon (21 December 2011). "Will British people ever think in metric?". BBC. Consultado o 4 May 2015. 
  11. Zupko, Ronald Edward (1977). British weights & measures: a history from antiquity to the seventeenth century. University of Wisconsin Press. p. 7. Consultado o 27 November 2011. 
  12. "Appendix G – Weights and Measures". The World Factbook. Central Intelligence Agency. January 17, 2007. Consultado o 2007-02-04. 
  13. Chambers's encyclopaedia 14. Pergamon Press. 1967. p. 476. Consultado o 27 November 2011. 
  14. Frederick George Skinner (1967). Weights and measures: their ancient origins and their development in Great Britain up to A.D. 1855. H.M.S.O. p. 65. Consultado o 27 November 2011. 
  15. Grains and drams, ounces and pounds, stones and tons. Personal notes.
  16. United States. National Bureau of Standards (1962). weights and measures. Taylor & Francis. pp. 22–24. GGKEY:4KXNZ63BNUF. Consultado o 26 December 2011. 
  17. Skinner, F.G. (1952). "The English Yard and Pound Weight". Bulletin of the British Society for the History of Science 1 (7): 184–6. doi:10.1017/S0950563600000646. 
  18. Barbrow, L.E.; Judson, L.V. (1976). Weights and measures standards of the United States – A brief history. 
  19. United States National Bureau of Standards. "Appendix C of NIST Handbook 44, Specifications, Tolerances, and Other Technical Requirements for Weighing and Measuring Devices, General Tables of Units of Measurement" (PDF). p. C-14. 
  20. "Status Report of U.S. Government Gold Reserve", Bureau of the Fiscal Service
  21. Facsimile of First Volume of Ms. Archives of the Worshipful Company of Grocers of the City of London A.D. 1345-1463. 1886. 
  22. The English manual of banking. Consultado o 2016-09-17. 
  23. "Tower pound". Consultado o 2016-09-17. 
  24. Luigi Granata: Economia rustica per lo regno di Napoli.
  25. R. D. Connor and A. D. C. Simpson.Weights and Measures in Scotland. A European Perspective.National Museums of Scotland and Tuckwell Press, 2004, page 116, quoting from H. W. Chisholm, Seventh Annual Report of the Warden for the Standards..for 1872-73 (London, 1873), quoting from 1864 House of Commons Paper.[1]
  26. "Weights used for gold". Tax Free Gold. Consultado o 2011-01-14. 
  27. "A brief history of the pound". The Dozenal Society of Great Britain. Consultado o 2011-01-14. 
  28. Zupko, Ronald Edward (1985-12-01). Dictionary of Weights and Measures for the British Isles: The Middle Ages to the 20th Century. DIANE Publishing. ISBN 0-87169-168-X. 
  29. Hille, K.C. (1831). "Medicinal-Gewicht". Magazin für Pharmacie und die dahin einschlagenden Wissenschaften (Heidelberg): 268. 
  30. United States National Bureau of Standards (1959-06-25). "Notices "Refinement of values for the yard and the pound"" (PDF). Consultado o 2006-08-12. 
  31. United States National Bureau of Standards (1959-06-25). "Notices "Refinement of values for the yard and the pound"" (PDF). Consultado o 2006-08-12. 
  32. Cardarelli, F. (2004). Encyclopaedia of Scientific Units, Weights and Measures: Their SI Equivalences and Origins (2nd ed.). Springer. p. 122. ISBN 1-85233-682-X. 
  33. Sizes, Inc. (2003-07-28). "Jersey pound". Consultado o 2006-08-12. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas