Airbus A320: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:


== Historia ==
== Historia ==
=== Orixes ===
Despois do éxito do [[Airbus A300|A300]], [[Airbus]] comezou a desenvolver un novo modelo destinado a substituír ao avión máis popular no mundo no momento, o [[Boeing 727]]. O novo Airbus debería ter o mesmo tamaño, e ofrecer un avión máis económico de operar e que permitise varias configuracións de pasaxeiros. A tecnoloxía dixital do A320 superaba con moito á tecnoloxía analóxica do [[Boeing 727|727]], e tamén estaba por riba das series 300, 400 e 500 do [[Boeing 737]]. O A320 foi elixido por moitas aeroliñas como o substituto das súas frotas de [[Boeing 727|727]] e das primeiras variantes do [[Boeing 737|737]].
Cando [[Airbus]] deseñou o [[Airbus A300]] entre finais dos 60 e principios dos 70 concebíu unha ampla familia de avións de pasaxeiros coa que competir contra [[Boeing]] e [[Douglas]], dous fabricantes estadounidenses establecidos. Dende o momento da súa formación, Airbus comezara a estudar dous derivados do Airbus A300B para conseguir ese obxectivo a longo prazo.<ref>Wensveen 2007, p. 63</ref> Antes de que entrase en servizo o primeiro avión da compañía, os seus enxeñeiros identificaran nove posiles variantes do A300 coñecidas como A300B1 a B9.<ref>Gunston 2009</ref> Unha décima variante, concebida en [[1973]], máis tarde sería a primeira en fabricarse e foi designada como A300B10.<ref>Norris & Wagner 2001, p. 18</ref> Era un avión máis pequeno que acabaría converténdoe no [[Airbus A310]] de longo alcance. Airbus entón centrou os seus esforzos no mercado de corredor único, que estaba dominado polos [[Boeing 737]] e [[McDonnell Douglas DC-9]].


O novo Airbus debería ter o mesmo tamaño, e ofrecer un avión máis económico de operar e que permitise varias configuracións de pasaxeiros. A tecnoloxía dixital do A320 superaba con moito á tecnoloxía analóxica do [[Boeing 727|727]], e tamén estaba por riba das series 300, 400 e 500 do [[Boeing 737]]. O A320 foi elixido por moitas aeroliñas como o substituto das súas frotas de [[Boeing 727|727]] e das primeiras variantes do [[Boeing 737|737]].
O A320 foi unha evolución do estudio JET (Joint European Transport) que comezou en xuño de [[1977]] baseado na entón sede de BAe (antigamente Hawker Siddeley) en Weybridge, Surrey, [[Reino Unido]]. O equipo de Hawker Siddeley producira previamente un deseño chamado HS.134 "Airbus" en [[1965]], unha evolución do HS.121 (anteriormente DH.121) Trident, que compartía moitas das características xerais do posterior deseño do estudio JET3. O nome "Airbus" nese momento referíase a un requirimento da aeroliña o [[BEA]], e non ao posterior programa internacional.

O A320 foi unha evolución do estudio JET (Joint European Transport) que comezou en xuño de [[1977]] baseado na entón sede de BAe (antigamente Hawker Siddeley) en Weybridge, Surrey, [[Reino Unido]]. O equipo de Hawker Siddeley producira previamente un deseño chamado HS.134 "Airbus" en [[1965]], unha evolución do HS.121 (anteriormente DH.121) Trident, que compartía moitas das características xerais do posterior deseño do estudio JET3. O nome "Airbus" nese momento referíase a un requirimento da aeroliña [[BEA]], e non ao posterior programa internacional.


Xunto a BAe (que nesa época non formaba parte de [[Airbus]]) estaba MBB, Fokker-VFW e Aérospatiale. O deseño do estudio JET que saiu adiante foi o JET2 (163 pasaxeiros), e que posteriormente se convertería na serie Airbus S.A1/2/3, antes de recibir o nome A320 en [[1984]].
Xunto a BAe (que nesa época non formaba parte de [[Airbus]]) estaba MBB, Fokker-VFW e Aérospatiale. O deseño do estudio JET que saiu adiante foi o JET2 (163 pasaxeiros), e que posteriormente se convertería na serie Airbus S.A1/2/3, antes de recibir o nome A320 en [[1984]].
Liña 29: Liña 32:
Despois do aumento de prezo do petróleo dos anos 70, [[Airbus]] precisaba minimizar os custes nos gastos de combustible do A320. Para este fin, incorporou avanzadas características como os controis ''[[fly-by-wire]]'', estruturas primarias feitas en materiais compostos, control do centro de gravidade usando a distribución do combustible, sistema electrónico de instrumentos de voo e unha cabina con só dúas persoas. O resultado final foi que o A320 consumía un 50% menos de combustible que o [[Boeing 727|727]].
Despois do aumento de prezo do petróleo dos anos 70, [[Airbus]] precisaba minimizar os custes nos gastos de combustible do A320. Para este fin, incorporou avanzadas características como os controis ''[[fly-by-wire]]'', estruturas primarias feitas en materiais compostos, control do centro de gravidade usando a distribución do combustible, sistema electrónico de instrumentos de voo e unha cabina con só dúas persoas. O resultado final foi que o A320 consumía un 50% menos de combustible que o [[Boeing 727|727]].
[[Ficheiro:British Airways A320-100 G-BUSB.jpg|miniatura|250px|A320-100 de [[British Airways]]]]
[[Ficheiro:British Airways A320-100 G-BUSB.jpg|miniatura|250px|A320-100 de [[British Airways]]]]

== Variantes ==
== Variantes ==
Ata o momento só se fabricaron dúas variantes do A320 (á parte dos modelos que derivan do seu deseño, A318, A319 e A321).
Ata o momento só se fabricaron dúas variantes do A320 (á parte dos modelos que derivan do seu deseño, A318, A319 e A321).

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2017 ás 08:19

Airbus A320
TipoPasaxeiros
FabricanteAirbus
Primeiro voo22 de febreiro de 1987
Introducido28 de marzo de 1988
Estadoen servizo
VariantesAirbus A318
Airbus A319
Airbus A321

O Airbus A320 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, dun só corredor e de curto a medio alcance. Foi o primeiro modelo de avión con mandos electrónicos fly-by-wire, de forma que o piloto controla as partes móbiles do avión a través do uso de impulsos electrónicos en vez de mediante pancas e sistemas hidráulicos.

Deste modelo derivaron posteriormente as versións acurtadas A318 e A319 e a versión alongada A321.

Historia

Orixes

Cando Airbus deseñou o Airbus A300 entre finais dos 60 e principios dos 70 concebíu unha ampla familia de avións de pasaxeiros coa que competir contra Boeing e Douglas, dous fabricantes estadounidenses establecidos. Dende o momento da súa formación, Airbus comezara a estudar dous derivados do Airbus A300B para conseguir ese obxectivo a longo prazo.[1] Antes de que entrase en servizo o primeiro avión da compañía, os seus enxeñeiros identificaran nove posiles variantes do A300 coñecidas como A300B1 a B9.[2] Unha décima variante, concebida en 1973, máis tarde sería a primeira en fabricarse e foi designada como A300B10.[3] Era un avión máis pequeno que acabaría converténdoe no Airbus A310 de longo alcance. Airbus entón centrou os seus esforzos no mercado de corredor único, que estaba dominado polos Boeing 737 e McDonnell Douglas DC-9.

O novo Airbus debería ter o mesmo tamaño, e ofrecer un avión máis económico de operar e que permitise varias configuracións de pasaxeiros. A tecnoloxía dixital do A320 superaba con moito á tecnoloxía analóxica do 727, e tamén estaba por riba das series 300, 400 e 500 do Boeing 737. O A320 foi elixido por moitas aeroliñas como o substituto das súas frotas de 727 e das primeiras variantes do 737.

O A320 foi unha evolución do estudio JET (Joint European Transport) que comezou en xuño de 1977 baseado na entón sede de BAe (antigamente Hawker Siddeley) en Weybridge, Surrey, Reino Unido. O equipo de Hawker Siddeley producira previamente un deseño chamado HS.134 "Airbus" en 1965, unha evolución do HS.121 (anteriormente DH.121) Trident, que compartía moitas das características xerais do posterior deseño do estudio JET3. O nome "Airbus" nese momento referíase a un requirimento da aeroliña BEA, e non ao posterior programa internacional.

Xunto a BAe (que nesa época non formaba parte de Airbus) estaba MBB, Fokker-VFW e Aérospatiale. O deseño do estudio JET que saiu adiante foi o JET2 (163 pasaxeiros), e que posteriormente se convertería na serie Airbus S.A1/2/3, antes de recibir o nome A320 en 1984.

Despois do aumento de prezo do petróleo dos anos 70, Airbus precisaba minimizar os custes nos gastos de combustible do A320. Para este fin, incorporou avanzadas características como os controis fly-by-wire, estruturas primarias feitas en materiais compostos, control do centro de gravidade usando a distribución do combustible, sistema electrónico de instrumentos de voo e unha cabina con só dúas persoas. O resultado final foi que o A320 consumía un 50% menos de combustible que o 727.

A320-100 de British Airways

Variantes

Ata o momento só se fabricaron dúas variantes do A320 (á parte dos modelos que derivan do seu deseño, A318, A319 e A321).

A320-100

Foi a versión orixinal e só se construíron 21 exemplares, xa que a serie 200 superaba con creces as súas prestacións. O avións fabricados entregáronse aos clientes lanzadores do modelo: Air France, Air Inter (herdados despois por Air France) e British Airways, que absorbera pouco antes a Caledonian Airways, a compañía que os encargara en realidade. British Airways retirou e desguazou todos os avións da serie 100, polo que Air France é a única aeroliña que opera aínda con eles.

A320-200

O seu deseño aerodinámico foi mellorado, engadíndolle winglets, ademais de aumentar a capacidade de combustible e de realizar outros pequenos cambios. Con 150 pasaxeiros ten un alcance duns 6 150 km e está impulsado por motores CFMI CFM56-5 ou IAE V2500.

Véxase tamén

  1. Wensveen 2007, p. 63
  2. Gunston 2009
  3. Norris & Wagner 2001, p. 18