Diferenzas entre revisións de «Credo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
O '''Credo''' é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición [[apóstolo|apostólica]] e desenvolvidas nos dous primeiros [[Concilio Ecuménico|Concilios Ecuménicos]] (o [[Primeiro Concilio de Nicea|Concilio de Nicea]] en [[325]] e o [[Primeiro Concilio de Constantinopla]] en [[381]]). Denomínase así polo verbo que o inicia na súa versión latina.
 
Aceptan este credo a [[Igrexa Siríaca]], a [[Igrexa Etíope Tewahedo]], a [[Igrexa Apostólica Armenia]], a [[Igrexa Ortodoxa Copta]], a [[Igrexa Apostólica Asiria]] e a [[Igrexa Ortodoxa]]. A [[Igrexa Católica]] afastouse destas Igrexas engadindo o ''filioque''. As [[protestantismo|igrexas protestantes]] e a [[Igrexa Anglicana]] aceptan tamén estes credos na súa formulación pola Igrexa Católica.
 
== Orixe ==
Dende moi cedo a experiencia de fe foi articulada mediante profesións de fe. As máis antigas teñen que ver co rito do [[bautismo]] polo que o catecúmeno recibía o perdón dos [[pecado]]s e era acollido como membro da igrexa. O catecúmeno era bautizado ''no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo'', o que manifestaba unha profesión de fe trinitaria.
 
As igrexas de tradición bizantina chamaban a estas profesións de fe ''symbolon'' no seu dobre significado de sinal de identidade ou selo de unión e de colección ou sumario.
 
Nas Igrexas da alta [[Idade Media]] tivo especial relevancia o símbolo ''Quicumque'' atribuído a [[Atanasio de Alexandría]].
 
=== Símbolo dos Apóstolos ===
''Creo en Deus Pai todopoderoso, creador do ceo e maila terra,''
 
''creo en Xesuscristo, seu único fillo, noso señor,''
 
''que foi concibido por obra e graza no Espírito Santo, naceu de Santa María Virxe,''
''descendeu aos infernos,''
 
''ao terceiro día resucitou de entre os mortos, subiu aos ceos e está sentado á dereita de Deus Pai todopoderoso, dende alí ha de vir a xulgar aos vivos e aos mortos.''
 
''Creo no Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na Comuñón dos Santos, o perdón dos pecados, a resurrección da carne, e na vida eterna. Amén''
 
=== Credo niceno-constantinopolitano ===
''Creo nun só Deus, Pai todopoderoso creador do Ceo e da Terra, do visible e do invisible.''
 
''Creo nun só Señor Xesuscristo, Fillo único de Deus, nado do Pai antes de tódolos séculos: Deus de Deus, Luz de Luz, Deus verdadeiro de Deus Verdadeiro, xerado non creado, da mesma natureza do Pai por quen todo foi feito, que por nós os homes e pola nosa salvación baixou do Ceo''
''e resucitou ao terceiro día, segundo as Escrituras,''
 
''e subiu ao Ceo e está sentado á dereita do Pai;''
 
''e de novo virá con gloria para xulgar aos vivos e aos mortos e o seu reino non terá fin. Creo no Espírito Santo, señor e vivificante, que procede do Pai e do Fillo, e co Pai e o Fillo recibe unha mesma adoración e gloria e que falou polos profetas.''
389.261

edicións

Menú de navegación