Koré (escultura): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 10: Liña 10:
Igual que os ''kouroi'', as ''korai'' experimentaron unha evolución formal ao longo do tempo, tornándose, en épocas posteriores, nunha figura de formas máis suaves e redondeadas, nas que o tecido da roupa axustábase con maior naturalidade ao corpo. A partir dese intre o corpo deixa de ter o aspecto de ser tallado a partir dun bloque de contornos agudos, para asemellarse máis a unha [[Columna (arquitectura)|columna]], onde as liñas eran máis fluídas. Mais, ao contrario có kouros, que presenta sempre a mesma tipoloxía (home espido de pé), a koré esculpíase de variadas formas, sobre todo no que concerne á indumentaria e ao peiteado, que reflicten a moda das diferentes localidades onde se esculpía.

Como na súa versión masculina, as ''korai'' empregábanse como ofrenda votiva aos deuses ou para ser pendurada sobre un [[túmulo]].
Como na súa versión masculina, as ''korai'' empregábanse como ofrenda votiva aos deuses ou para ser pendurada sobre un [[túmulo]].

==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2017 ás 21:50

Koré do Hereo de Samos, c. 570 a. C.–560 a. C. De 1,92 m de altura ten unha inscrición na base onde se pode ler: Queramias dedicoume a Hera, como ofrenda. Museo do Louvre

O termo Koré, plural Korai (grego, Κόρη 'muller nova'), é unha tipoloxía escultórica da Época Arcaica da Antiga Grecia, que consiste nunha estatua feminina en posición de pé, cuxa versión masculina do mesmo tipo desígnase kouros.

Reconstrución moderna de korai, na que se amosa a policromía usual nas orixinais

Como o seu paralelo masculino, a koré denota unha fonda influencia da estatuaria exipcia, e o seu carácter macizo e rixidez corporal. Malia transmitir estas estatuas gregas arcaicas a mesma artificialidade cás súas semellantes exipcias o traballo do material é naquelas un pouco máis basto.

A koré eculpíase en mármore, representábase sempre de pé, vestida (cun peplos por exemplo) e podía ter os dous brazos ergueitos a partir do cóbado, portando nunha ou en ambas as dúas mans un obxecto votivo. O rostro, estereotipado, cuxo obxectivo non era ser o retrato dunha persoa real, estaba envolvido en cabelo dunha volumetría pouco natural, coma se fose unha perruca. A estatua pintábase, mais ao contrario que o kouros, que era pintado de cor marrón, a pel feminina era coloreada de cor branca.

Igual que os kouroi, as korai experimentaron unha evolución formal ao longo do tempo, tornándose, en épocas posteriores, nunha figura de formas máis suaves e redondeadas, nas que o tecido da roupa axustábase con maior naturalidade ao corpo. A partir dese intre o corpo deixa de ter o aspecto de ser tallado a partir dun bloque de contornos agudos, para asemellarse máis a unha columna, onde as liñas eran máis fluídas. Mais, ao contrario có kouros, que presenta sempre a mesma tipoloxía (home espido de pé), a koré esculpíase de variadas formas, sobre todo no que concerne á indumentaria e ao peiteado, que reflicten a moda das diferentes localidades onde se esculpía.

Como na súa versión masculina, as korai empregábanse como ofrenda votiva aos deuses ou para ser pendurada sobre un túmulo.

Véxase tamén

Bibliografía

  • CALADO, Margarida, PAIS DA SILVA, Jorge Henrique, Dicionário de Termos da Arte e Arquitectura, Editorial Presença, Lisboa, 2005, ISBN 20130007
  • HINDLEY, Geoffrey, O Grande Livro da Arte - Tesouros artísticos dos Mundo, Verbo, Lisboa/São Paulo, 1982
  • JANSON, H. W., História da Arte, Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa, 1992, ISBN 972-31-0498-9
  • THIELE, Carmela, Skulptur - Schnellkurs, DuMont Buchverlag, Köln, 1995, ISBN 3770135377

Outros artigos

Ligazóns externas