Universidade: Diferenzas entre revisións
→Véxase tamén: {{Control de autoridades}} |
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
* [http://www.udc.es Universidade da Coruña] |
* [http://www.udc.es Universidade da Coruña] |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Universidades]] |
[[Categoría:Universidades]] |
Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2017 ás 21:49
Este artigo ou sección precisa contidos, imaxes ou perspectivas globais. Por favor, universalíceo. |
Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais. Para aloxamento dos estudiantes ten Colexios Maiores (Colexios Universitarios) e Residencias.
A primeira universidade da historia creouse no ano 340 en Constantinopla.
En Galicia
A universidade moderna xurdiu en Europa na Idade Media. En Galicia existen hoxe en día tres universidades: a Universidade de Santiago de Compostela con campus en Santiago de Compostela e Lugo; a Universidade de Vigo con campus en Vigo, Pontevedra e Ourense; e a Universidade da Coruña con campus na Coruña e máis en Ferrol. A de Santiago foi historicamente a universidade galega, criada a fins do século XIV. Foi na década de 80 do século XX que a Xunta de Galicia decidiu a creación das universidades da Coruña e Vigo, a partir dos campus que a de Santiago tiña xa nestas cidades. En Galicia tamén están presentes dúas universidades públicas de ensino a distancia, a Universidad Nacional de Educación a Distancia con catro centros asociados así como a Universidade Aberta portuguesa con un centro para toda Galicia, e un centro universitario privado, o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), afiliado ao University College Dublin.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade |