Diferenzas entre revisións de «Teatro Campoamor»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
→‎Historia: Arranxos varios
(corrixo)
m (→‎Historia: Arranxos varios)
A primeira remodelación importante acontece no ano [[1916]] cunha reestruturación do interior e unha ampliación da súa capacidade. Durante a [[Revolución de 1934]] o teatro sofre grandes danos quedando reducido a ruínas e só se mantén en pé a fachada principal. Tras acabar a guerra civil iníciase a construción e renovación do teatro que volve abrir as súas portas en setembro de [[1948]] coa ópera Manón.
 
En [[1988]], baixo o proxecto do [[arquitecto]] andaluz José Rivas, asesorado polo escenógrafo Julio Galán, lévase a cabo a reforma do escenario, eliminando a pendente do piso, ampliando o espazo do foso da orquestra e modernizando a caixa escénica con todos os adiantos técnicos en canto a elementos escénicos mecanizados e de iluminación.
 
Baixo a praza do Carbayón e a rúa 19 de Julio, protexendo as raíces do carballo cun gran testo, dótase ao teatro de modernos camerinos, sala de ensaios, xastraría, barbaría, sala de atrezzo, talleres e salas de persoal de tremoia. Desde aquí contrólase a iluminación e son da caixa escénica. Os antigos camerinos situados na fachada traseira do edificio pasan a ser a sé da Concellaría de Cultura do Concello de [[Oviedo]].
 
[[Ficheiro:Premios Principe 2005.jpg|right|thumb|250px|O Teatro Campoamor durante a entrega dos [[Premios Príncipe de Asturias]].]]
393.002

edicións

Menú de navegación