Aaron Gray: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Liña 53: Liña 53:
[[Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors]]
[[Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors]]
[[Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings]]
[[Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings]]
[[Categoría:Eleccións draft Chicago Bulls]]
[[Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls]]
[[Categoría:Pivotes de baloncesto]]
[[Categoría:Pivotes de baloncesto]]

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2017 ás 22:38

Aaron Gray
Axente libre
Posición Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 7 de decembro de 1984 (39 anos)
Tarzana, California
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Información da carreira
Universidade Pittsburgh (2003–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 2 / Elección: 49
Por Chicago Bulls
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Chicago Bulls (2007–2010)
New Orleans Hornets (2010–2011)
Toronto Raptors (2011–2013)
Sacramento Kings (2013–2014)
Información en nba.com

Aaron Michael Gray, nado o 7 de decembro de 1984 en Tarzana, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que é axente libre. Con 2,13 metros de altura, xoga na posición de pivote.

Traxectoria deportiva

NBA

Gray foi escollido polos Chicago Bulls na 59ª posición do Draft da NBA de 2007. Fixo o seu debut na NBA o 2 de novembro de 2007 contra os Philadelphia 76ers.[1] O seu mellor partido chegou o 16 de abril de 2008 contra os Toronto Raptors, cando anotou 19 puntos e capturou 22 rebotes en 35 minutos de xogo, ademais de 2 asistencias.[2] Ao remate da tempada 2007-08, Gray acadou 262 puntos e 168 rebotes para os Bulls.

O 25 de xaneiro de 2010, Gray foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Devin Brown.[3] En xullo de 2010, asinou un novo contrato cos Hornets.

En decembro de 2011, Gray asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.[4]

O 9 de decembro de 2013, os Raptors traspasaron a Gray, Rudy Gay e Quincy Acy ós Sacramento Kings a cambio de Greivis Vasquez, Patrick Patterson, John Salmons e Chuck Hayes.[5]

Notas

  1. Aaron Gray Complete 2007-08 Regular Season Game Log, ESPN.com
  2. Bulls beat Raptors as Toronto barely uses starters
  3. "Hornets Acquire Aaron Gray From Bulls". NBA.com. 2010-01-25. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-01-25. 
  4. Raptors Sign Aaron Gray
  5. "Kings Acquire Rudy Gay, Quincy Acy and Aaron Gray from Toronto". NBA.com. 9 de decembro de 2013. Consultado o 9 de decembro de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas