Jacobo Torres: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios using AWB |
Sen resumo de edición |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
Na primeira tempada na que o Celta competiu no [[Campionato de Galicia de fútbol|Campionato de Galicia]], a [[1923]]-[[1924|24]], proclámase campión, sendo Torres un dos xogadores máis utilizados. Ao ano seguinte repiten éxito, pero sería o último xa que a finais de [[1925]] Jacobo emigra a [[Cuba]]. |

En Cuba |
En Cuba segue xogando a fútbol, defendendo a zamarra do [[Centro Galego da Habana]]. |
||
Tamén foi un habitual nas convocatorias da [[Selección de fútbol de Galicia]], participando entre outros na estrea internacional do combinado, ante a a Selección de Lisboa que finalizou con vitoria galega por 3-1. |

Revisión como estaba o 16 de febreiro de 2017 ás 12:04
Jacobo Torres foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria
Torres formaba parte do plantel do Real Club Fortuna de Vigo no momento da súa fusión co Real Vigo Sporting Club, que deu lugar ao nacemento do Celta de Vigo, pasando a formar parte do novo equipo.
O 16 de setembro de 1923 Jacobo Torres vestiu por primeira vez a camisola do Celta, no encontro amigábel entre dous equipos confeccionados con xogadores do Celta, que por entón tiña un plantel moi extenso, de ao redor de 60 xogadores. O equipo titular foi: Isidro, Otero, Pasarín, Queralt, Jacobo Torres, Balbino, Reigosa, Gerardito, Chicha, Polo e Pinilla.
Na primeira tempada na que o Celta competiu no Campionato de Galicia, a 1923-24, proclámase campión, sendo Torres un dos xogadores máis utilizados. Ao ano seguinte repiten éxito, pero sería o último xa que a finais de 1925 Jacobo emigra a Cuba.
En Cuba segue xogando a fútbol, defendendo a zamarra do Centro Galego da Habana.
Tamén foi un habitual nas convocatorias da Selección de fútbol de Galicia, participando entre outros na estrea internacional do combinado, ante a a Selección de Lisboa que finalizou con vitoria galega por 3-1.
Modelo:Primeira Plantilla do Celta de Vigo