Francisco Vázquez Díaz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Francisco Vázquez Díaz Compostela 1933.jpg|miniatura|200px|Compostela esculpindo "Mariñeiros de Bouzas", retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1933.]]
'''Francisco Vázquez Díaz''', coñecido como '''Compostela''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1898]] e finado en [[San Juan de Puerto Rico]] o [[21 de febreiro]] de [[1988]], foi un escultor galego.

Liña 16: Liña 17:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Compostela (Francisco Vázquez Díaz 1898-1988) ESCULTOR|nome= Carmen|apelidos= Vázquez Arce|ligazónautor= |coautores= |ano= 2011|editor= Universidad de Puerto Rico|localización= |isbn= }}

* [http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/segundo-libro-de-pinguinos-esculturas-en-madera-de-compostela--0/html/ff432fbe-82b1-11df-acc7-002185ce6064_65.htm ''Segundo libro de pingüinos: esculturas en madera de Compostela''] na [[Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes]].

=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.exiliadosrepublicanos.info/en/content/francisco-v%C3%A1zquez-d%C3%ADaz-compostela Biografía en exilad@s]
* [http://www.exiliadosrepublicanos.info/en/content/francisco-v%C3%A1zquez-d%C3%ADaz-compostela Biografía en exilad@s]

Revisión como estaba o 14 de febreiro de 2017 ás 23:01

Compostela esculpindo "Mariñeiros de Bouzas", retrato en Vida Gallega, 1933.

Francisco Vázquez Díaz, coñecido como Compostela, nado en Santiago de Compostela en 1898 e finado en San Juan de Puerto Rico o 21 de febreiro de 1988, foi un escultor galego.

Traxectoria

Fillo dun canteiro, profesión que adoptou dende novo. Traballou en talleres composteláns e en 1920 marchou a Madrid para ampliar os seus coñecementos artísticos. De formación autodidacta, deuse a coñecer o día de ano novo de 1927 cando colocou as súas tallas de animais a carón dos leóns do Congreso dos Deputados, como acto reivindicativo por non dispor dun lugar axeitado para facer unha exposición. Foi expulsado pola Garda civil, pero a acción iconoclasta acadou o seu obxectivo pois, ao día seguinte o artista era coñecido en toda España.

Encargouse da decoración do pavillón de Galicia da Exposición Iberoamericana de 1929 en Sevilla. En 1930 a Deputación da Coruña concedeulle unha bolsa para ampliar estudos no estranxeiro e viaxou a París, onde estivo dous anos. Ao seu regreso realizou unha serie de exposicións en Madrid, Santiago de Compostela e A Coruña, que o proxectaron como un dos máis destacados escultores do momento.

A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en París. Foi o escultor oficial do Quinto Rexemento durante a Guerra Civil e autor de bustos de Rafael Alberti, José de Diego e Luis Muñoz Rivera. Ao comezo da II Guerra Mundial foi detido nun campo de concentración no sur de Francia. De alí puido emigrar a República Dominicana en decembro de 1939. En outubro de 1940 viaxou a Porto Rico, invitado polo reitor da universidade, Juan B. Soto, para realizar demostracións de talla directa en madeira e expor as súas esculturas. Estableceuse en San Juan de Puerto Rico e casou coa profesora Margot Arce en 1942. Desenvolveu un labor pedagóxico no Instituto de Cultura Portorriqueña como director dos talleres de escultura ata a súa xubilación en 1968.

A súa obra é, en parte, unha homenaxe á patria adoptiva. Tamén fixo algúns monumentos en pedra destinados a honrar a memoria de personaxes distinguidos: o poeta P. H. Hernández, o actor cómico Diplo e o soldado García Ledesma. Conseguiu sona a través das representacións de temática animalística (Crocodilo, Foca, Camelos, Cebú, Monos...) e especialmente coa serie de pingüíns humanizados e satíricos (Pingüín académico, Pingüín mona, Pingüín abade...), feitos en madeira e cos que fixo unha crítica divertida a diversos personaxes, entre eles, algúns da sociedade galega.

Homenaxes

De novembro de 2002 a febreiro de 2003, a súa obra volveu a Santiago de Compostela na mostra de 26 debuxos que realizou antes da Guerra Civil e algunhas das súas esculturas en madeira no Museo das Peregrinacións.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas